Don Xosé Manuel parecía infinito. Victorioso grazas a unha forma de goberno personalista, no climax foi sucedido polo excelentísimo azote do pleno. O novo alcalde impuxo formas menos centrífugas, con maior armonía e funcionalidade. Enseguida imprantou unha dirección de perfil máis tecnocrático (delegar naqueles que saben do tema e que non se durman nos plenos), ainda que non por iso menos sectaria nalgún área; ese mal endémico da pequena democracia hispánica. A pesares dos gobernos en minoría, do estratéxico veto deputacional, dun PXOU non querido e dos orzamentos nunca ou case nunca aprobados; a cousa foi tirando. Uns novos aliados surxiron: a Xunta, en mans do bipartito, sucedendo ó tamén infinito Don Manuel.
As transformacións no casco urbán foron maís que unha declaración de intencións, do mesmo xeito que o foi a amnesia supetona que lle deu o ex-azote do pleno, nada máis sentarse no sillón, co tema das canteiras. Porque cando entramos en materia de números e falamos da facenda local, seguimos un tanto opacos. Non se publican boletíns sobre o estado patrimonial da casa do concello (non temos nin unha páxina web), non se actualiza a información para o Consello de Contas da Xunta, non se pon orde na actualización das taxas e dos impostos…, e pouco máis podemos dicir porque non sabemos o que pasa ahí dentro. Perdón, seguimos sen saber que pasa cos números ahí dentro, coma na maior parte dos concellos e, coma sempre, no Porriño.
Houbo exitosas liñas de acción social e de emprego. Existe un gran empeño por arranxar dunha vez por todas os problemas de abastecemento e saneamento nas parroquias. Co tempo, apareceron os independentes dos independentes, rompeuse cos socialistas, foronse os aliados da Xunta e abrazamos o Plan E. Non temos unha idea clara sobre a meirande dos grandes eixos de actuación dun concello, eu diría, estratéxico no sur da provincia (infraestructuras de cultura e ocio, solo industrial e polígonos, estradas, transporte público, crecemento da vila, Torneiros, a saída sur do AVE, a depuradora de Guillarei, as finanzas, o noso lugar no área metropolitana…).
Semella que levamos dous anos parados, sen cartos e sen impulso. Pero unha cousa vos digo. Eu recordo vivir nunha vila feudal, aburrida e gris; onde cada catro anos se cambiaban catro farolas e moitos acudían as furnas agradecidos porque o seu sobriño consta fixo naquela empresa ou polo empichado a carón do garaxe. Hoxe en día a xente ten máis conciencia, é crítica, aunque sexa porque somos un concello de dereitas. Ademáis, a vila está moito máis fermosa. Por iso é xusto recoñecer ó actual goberno, que pronto espirará, o esforzo por facer que este pequeño anaco de terra comezase a sair daquel estupor invivible.
Artículo publicado no nº 65 do Xornal A Peneira da Louriña, no mes de Outubro de 2009.
Resulta evidente que o principal eixo de actuación ó longo do mandato de Raúl Francés como alcalde do Porriño ven sendo a humanización do centro urbano, entendendo por humanización toda aquela actuación que busca o embelecemento das rúas e a súa recuperación para o viandante. Creo que somos moitos máis os partidarios deste tipo de políticas, en detrimento dos que pensan que un núcleo urbano funciona máis axeitadamente se podemos levar o coche ata o mostrador mesmo da tenda. Nembargantes, hai un par de temas que me parecen de fundamental crítica.
Por unha banda temos o problema dos aparcadoiros. Xa sabemos que se fixo unha gran cantidade de prazas subterráneas na Avenida de Galicia e que se tomaron medidas de aproveitamento en superfice coma o das zonas azuis. Con independencia de que ó parking habería que buscarlle un mellor aproveitamento para o comercio e a hostelaría local, temos que lembrar que non se pode obrigar a ninguén a ter que pagar para deixar o coche ben aparcado.
Sería fantástico, o mesmo tempo que se pechan rúas ó tráfico e se perden prazas de estacionamento gratuíto, poder habilitar en parcelas cercanas ás rúas afectadas, algunha superficie pública arborada e ben axeitada pero con 50, 100 ou 150 (as que se poidan) prazas de aparcamento; en zona azul e con prioridade para residentes. Matar tres paxáros dun só disparo. Para iso habería que ir pensando no próximo “Plan E”, non digo máis.
A Rúa Ramón González, emebelecida pola choiva.
Por outra banda temos o problema da escasede de investimentos en beirarúas, iluminación e mantemento ou mellora das infraestructuras de comunicación nas parroquias. Compre dicir que parte da responsabilidade neste senso pode recaer na Deputación de Pontevedra (caso da estrada Torneiros-Mosende) pero ó goberno municipal véselle demasiado preocupado no centro urbano, onde históricamente lle resulta máis fácil gañar votos á esquerda.
Un último comentario. Estamos dacordo en que a reducción do excesivo uso que facemos do vehículo privado é necesaria para preservar o medio ambiente e para reducir o consumo de enerxías, ademáis de poder disfrutar de vilas e cidades máis apacibles. Pero namentres dende as administracións sigan tratando o tema do transporte colectivo como un problema menor, imos ter moitos atrancos no futuro. Ós gobernos locais da Louriña non se lles ve moi preocupados polo presente e o futuro do transporte de cercanías. Nin tan sequera para conectar as parroquias co humanizado centro da vila.
Artículo publicado no nº 64 do Xornal A Peneira da Louriña, no mes de Septembro de 2009.
Publicado en a A Peneira da Louriña nº 64 dentro da sección “Embustes e outras verdades”
Chega o ano 1936 e a empresa familiar diluése. Rita, farta dunha vida de naftalina e sorriso finxido mete nunha maleta todas as súas pertenzas menos o apelido e voa  nun barco cara aos Estados Unidos con Hollywood no horizonte. Buscaba liberdade para soñar, vivir para sempre dentro da pantalla do Teatro Diz, aínda que sabía que as estrelas de cine son cáseque máis inalcanzables que as do ceo.
Entérase nun bar que David O. Selznick buscaba extras para “El jardín de Alá”, un fiasco cinematográfico dirixido por Boleslawski e protagonizado por Marlene Dietrich. Apúntase. E alí, no deserto de Arizona, rodando exteriores, comezou a súa historia de amor.
Marlene fixouse nela coa súa mirada agresiva e Rita caeu derretida aos pés da diva. Nun almacén alugado pola produtora, as dúas viviron unha historia de amor imposible pero absoluta. A última  noite, logo de dúas botellas de whisky e  un par de gramos interiorizados dende o embigo, Marlene encendeu un foco e dirixiuno ao teito: “Rita, nunca terás a oportunidade de contemplar unha lúa máis fermosa que esta”, díxolle a Dietrich ao oído. É certo, Rita Sende, dende aquela, nunca saboreou unha lúa máis cautivadora que aquela lúa eléctrica. “Canto máis me emborracho máis me enamoro de ti”, díxolle a actriz xusto antes de despedirse para sempre. Dirixíronse un adeus. Para Rita, Marlene foi o amor conseguido, para a Dietrich, Rita, unha máis no seu particular álbum de cromos… Rita Sende volveu aquí para continuar o seu proceso de putrefacción tan só freado en aquel almacén de Arizona.
Dietrich morre en maio de 1992 en París. Rita Sende, co brillo da lúa eléctrica nos seus ollos, acudiu ao funeral na igrexa de La Madeleine. Cando estivo fronte ao corpo sen vida de Marlene, quitou unha botella de Jack Daniels dunha bolsa e colocouna no interior do féretro.
Se un camiña polo peonalizado entorno do concello do Porriño encontrarase cunha ventaniña ó pasado recente, posta no chan para quen queira cheirar algo daqueles tempos. A peonalización dese contorno urbano estáse a completar estes días, ó mesmo tempo que observamos como a citada  ventaniña ó pasado non fai máis que amosar un cachiño dunha realidade todavía presente, agochada e morta pola ignorancia e os escuros intereses.
Catro espabilados venderon a trola no seu momento, de que aquilo era un aparato lento, feo e que estorbaba os modernos automóbiles. Pero o certo foi que o único país de Europa que viviu tal desmantelamento dun servizo de transporte metropolitano coma o tranvía, foi desgraciadamente o noso. O país que tira con todo.
Efectivamente, cando un pensa que houbo un trenciño que partindo do centro do Porriño e atravesando as entrañas de Mos, chegaba o espacio que hoxe ocupa o aeroporto de Peinador para seguires a Vigo polo Calvario e que nin tan sequera temos unha liña de autobús que recorde e  preste un servizo en condicións, xa pode imaxinar que pretenderon eses espabilados falando do progreso .
Porque do mesmo xeito que as estradas e os coches de hoxe en día non son os de hai sesenta anos, un tranvía moderno podería seguir facendo unha función na nosa espallada terra que o ferrocaril convencional non pode cubrir. Un medio de transporte eficiente. Sen embargo, o negocio que supuxo para eses catro espabilados o desmantelamento do único servizo de transporte metropolitano serio que endexamáis tivo a nosa comarca, todavía me escoce cando vexo as palas maltratando os ferros e os adoquíns todavía presentes no chan. Porque nin para conservar en condicións naturais algo que foi importante valemos, aínda que sexa como recordo histórico, porque coa historia os  espabilados non fan negocio.
Articulo de opinión publicado na edición de Xullo do ano 2009 do xornal A Peneira da Louriña.
O prazo de reserva e renovación de matrículas para os nenos e nenas que xa estiverón na Galescola baionesa no pasado curso, ou para os novos que xa teñan irmáns no citado centro, finalizou o 14 de marzo.
A solicitude de praza para novos usuarios poderá facerse efectiva ata o 15 de abril.
A lista provisional de admitidos publicarase do 15 ó 30 de maio, e o prazo para as reclamacións será de dez días hábiles contados dende a data de publicación. Os admitidos de xeito definitivo daranse a conocer do 15 ó 25 de xuño.
Hoy salimos en el suplemento kalaikia, en el que me han pedido que escribiese un artículo y seleccionase unas cuantas fotos. Además han puesto una de mis fotos en la portada. Espero que os guste.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/cfIeaShcKwA&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/cfIeaShcKwA&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
No decreto fíxase a potencia eléctrica que se pretende acadar a partir da instalación das centrais,dacordo co Plan Enerxético de Galiza 2007-2012, e que chegará aos 80 megawatss eléctricos, correspondéndolle a cada central unha potencia máxima de 10MW. Coa súa entrada en vigor, vanse propiciar investimentos por valor de 160 millóns de euros.
No tocante aos emprazamentos das centrais de biomasa, deberán reunir tres características: proximidade a un punto de interconexión coa rede de transporte, o emprazamento en solo con cualificación urbanística compatible e a dispoñibilidade de auga para o proceso produtivo.
O proxecto de aproveitamento de biomasa forestal inaugurado hoxe en Ponteareas, nos terreos da comunidade de montes de Xinzo, supón unha experiencia piloto de aproveitamento da biomasa forestal nesta comarca e enmárcase nunha das liñas do Plan da Biomasa: a de fomento de instalacións de calefacción alimentadas con este recurso. Trátase dunha área que, segundo informou hoxe Quintana, reúne todas as condicións de interese para a futura implantación dunha central, “e este proxecto representa unha proba para anticipar sobre o terreo as súas posibilidades efectivas”.
En concreto, o proxecto de Xinzo consistíu no desenvolvemento dun sistema integral de aproveitamento da biomasa forestal primaria do monte da Comunidade de Xinzo, e posteriormente na transformación desta biomasa nunha planta de produción de calor instalada no seu Centro Multiusos para dotalo de calefacción e auga quente.
Esta innovadora infraestructura supuxo un investimento superior aos 276.000euros, dos que 193.000 euros foron achegados a partes iguais pola Consellería de Medio Rural e o Instituto Enerxético de Galiza. A comunidade de montes de Xinzo e a Asociación Forestal de Galiza achegaron o orzamento restante, 72.000euros e 11.0000 euros respectivamente.
O vicepresidente eloxiou esta actuación como unha das moitas iniciativas que fixeron de Xinzo, “un exemplo de xestión racional do monte en proveito da súa poboación”, ao tempo que contribuíron ao dinamismo económico da parroquia e ao crecemento da súa poboación, en contra da tendencia xeral do medio rural. Ademais, Quintana puxo este proxecto como exemplo do que se quere facer a gran escala no conxunto do país: “aproveitar os nosos recursos tradicionais para innovar e para medrar e levar a cabo unha xestión sostible do noso monte”. Neste marco de traballo, lembrou que o monte galego ten máis potencialidades que a madeira, e apuntou á biomasa forestal como un novo recurso por descubrir e aproveitar para producir energía e, en consecuencia, “máis progreso e máis benestar para o noso medio rural e para a sociedade galega”.