Un auditorio de luxo, tres pistas, unha tarde soleada, máis dun cento de persoas e unha rulot con música puxeron o ambiente para o último torneo da tempada 2008-2009 da LNB Sur: o II Aberto de Mos, que aquí podedes ver en fotos. Batemos a marca de participantes, con 78 palanadores e palanadoras en liza. E despexouse a gran incógnita sobre quen se proclamaría campión de liga. Ao final conseguiuno Chupi!
Chupi, primeiro campión da LNB Sur
A vitoria no último torneo foi para Xosé Miguel, de Faísca. Era un dos favoritos, porque levaba unha boa tempada que só lle faltaba rematar cunha vitoria. Grazas aos 10 puntos que conseguiu ascendeu ata o terceiro posto na clasificación xeral. Pero a emoción estaba nos dous primeiros postos. A penas cinco puntos separaban a Rubén Otero de Lideiras de Chupi de Paquete Pinchas. Otero estivo a piques de quedar eliminado nos grupos previos. Á falta dunha carreira ía terceiro e só se clasificaban dous, pero ao final resolveu a papeleta e pasou de primeiro do seu grupo. A pesar diso e de facer dous varados esa tarde, Elvis botoulle un cabo a Chupi, o seu compañeiro de equipo, e eliminou a Otero en oitavos de final.
Xosé Miguel recibe o premio como gañador en Mos
Con ese resultado, se Chupi chegaba a semifinais empataba no alto da clasificación. Pero o de Pontellas conseguiu incluso clasificarse para a final, co que se asegurou o triunfo definitivo na liga. Con este resultado, os oito xogadores clasificados para o Play-Off son:
1.Chupi (Paquete Pinchas): 42 puntos
2.Rubén Otero (Lideiras): 39
3.Xosé Miguel (Faísca): 31
4.Elvis (Paquete Pinchas): 26
5.Agus (Almuinha): 24
6.Alberte (Almuinha): 23
7.Pablo (Paquete Pinchas): 22
8.Amil (Paquete Pinchas): 21
En canto aos equipos, en Mos volveron triunfar Paquete Pinchas, que redondearon así unha tempada na que demostraron ter o equipo máis completo e equilibrado. Foron o mellor equipo en seis dos oito torneos e sacáronlle 45 puntos aos segundos, asegurándose xa a mediados de tempada ser o equipo que representa á Conferencia Sur nos Play-Off de Compostela. Faísca fixo un bo torneo en Mos, e coa vitoria de Xosé Miguel conseguiron os puntos suficientes para arrebatarlle a segunda posición a Almuinha.
As prazas da cuarta á sexta decidíronse por 2 puntos de diferencia, amosando a igualdade entre Moaña, Lideiras e Culombio. Treze Catorze, Assembleia Aberta, Se Foras Traballar e Branco e Negro completan a relación de dez equipos que participaron de forma regular nesta tempada. Así quedou a clasificación:
1.Paquete Pinchas: 128 puntos
2.Faísca: 83
3.Almuinha: 79
4.Moaña: 67
5.Lideiras: 66
6.Culombio: 65
7.Treze Catorze: 61
8.Assembleia Aberta: 57
9.Se Foras Traballar: 51
10. Branco e Negro: 34
Fátima, gañadora feminina en Mos
A clasificación feminina non se moveu nas primeiras posicións tras o Aberto de Mos. Fátima de Culombio foi a gañadora do torneo, e consolidouse como a terceira muller mellor clasificada. Por diante dela quedaron Ana de Assembleia Aberta (segunda) e Chus de Se Foras Traballar, que fixo valer a súa regularidade para rematar primeira da liga. Na cuarta posición produciuse un empate entre Diana de Almuinha e Pilar de Se Foras Traballar:
1.Chus (Se Foras Traballar): 14 puntos
2.Ana (Assembleia Aberta): 12
3.Fátima (Culombio): 11
4.Diana (Almuinha): 8
4.Pilar (Se Foras Traballar): 8
No que toca á clasificación de varados, o torneo de Mos serviu para que Rubén Otero se distanciase máis do resto de xogadores. Con 9 varados esta tempada, situouse moi lonxe dos seus principais perseguidores: Fuco de Branco e Negro (5 varados) e Santi de Assembleia Aberta e Xosé Miguel de Faísca (4 varados cada un). Eles os catro estarán nos Play-Off:
1.Rubén Otero (Lideiras): 9 varados
2.Fuco (Branco e Negro): 5
3.Santi (Assembleia Aberta): 4
3.Xosé Miguel (Assembleia Aberta): 4
Rubén de Treze Catorze fixo un varado, pero non foi suficiente para clasificarse
O torneo pechámolo cunha gala no que todos os equipos recolleron un galardón e na que os clasificados para o Play-Off recibiron os aplausos dos seus compañeiros e compañeiras de torneo. E logo houbo tempo para encher o bandullo cuns pinchos cortesía do Concello de Mos e de encher as orellas coa familia de ArrremecághonasProducións: O Leo de Matamá, o En-riquinho e O Leo i Arremecághona!!! Foi unha actuación gloriosa da turma d’O Leo, que uns días antes deixaba as súas impresións nunha entrevista en exclusiva para O Varal.
Así acabaron as billardas logo dunha tempada tan dura
Pechamos así a tempada regular 2008-2009 da LNB Sur. Pero aínda hai máis:
- o Xerro do Salnés (Xil -Meaño-, 10 de maio),
- o Play-Off Nacional (Santiago de Compostela, 31 de maio),
- a Cunca Xíbara (con data e lugar aínda sen fixar)
e unha manchea de abertos amistosos (non podía ser doutra maneira) para o mes de maio:
- en Salceda de Caselas o 9 de maio (co formato tradicional)
- en Marín o 16 de maio
- en Moaña o 17 de maio.
Permanecede atent@s!
P.S.: Aquí vos deixamos a presentación dos resultados da LNB Sur 2008-09 que proxectamos na gala de Mos:
Xa temos horario para o II Aberto de Mos, o derradeiro torneo puntuable desta tempada da LNB Sur 2008-2009, que organizamos coa colaboración do Concello de Mos. Apuntade nas vosas axendas a data do 4 de abril e reservade a tarde enteira para poder gozar da traca final da liga: aberto, gala de entrega de premios e concerto d’O Leo i Arremecághona!
Aquí tedes o programa da xornada:
16:00h. Comezo do aberto, no Multiusos das Pozas (ao aire libre).
19:00h: Remate do aberto.
19:30h. Pinchos de balde para todos os palanadores e palanadoras.
20:00h. Gala da LNB Sur, coa entrega de premios aos mellores da liga e a todos os equipos participantes.
20:30 concerto de O Leo i Arremecághona para poñer fin á tempada 2008-2009.
Entre as 19:00 e as 20:30 o Concello organiza de forma simultánea uns actos no propio Multiusos aos que estamos convidados: malabares e percusión africana.
Este é o lugar no que imos xogar e onde se entregarán os premios:
Picade aquí para acceder ao mapa en GoogleMaps.
O 4 de abril cerramos a Conferencia Sur da Liga Nacional de Billarda. En Mos celebraremos o último aberto puntuable da tempada, a última oportunidade de facerse cun oco no cadro de honra da LNB Sur e clasificarse para desputar o 31 de maio en Santiago de Compostela o Play-Off Nacional.
Será o II Aberto de Mos, porque en Mos (na parroquia de Torroso) celebramos hai un ano o primeiro campionato da LNB organizado desde o sur. Estamos traballando para que a xornada do 4 de abril sexa especial. Para iso temos preparadas algunhas novidades, e outras están en proceso de maduración. Para comezar, ese día estrearemos a quiniela da billarda, un sistema de porra aberto a todo o que queira participar e que queremos estender para a próxima tempada. Hai que acertar o nome do xogador e do equipo gañadores do torneo. A aposta é de 1 euro. O gañador leva o 70% do recadado, se hai máis dun gañador o premio é a repartir. O 30% restante queda no bote para os gastos de organización. Se non hai acertante, todo queda para os gastos de organización.
A de Mos é a última xornada, polo que ao remate do torneo celebraremos a Gala da LNB Sur, na que entregaremos os premios aos mellores da tempada: o campión individual, o campión por equipos, a campioa feminina e o campión de varados. Axustade as vosas axendas para ese sábado contar cunha horiña máis para acompañar aos gañadores na entrega de premios. Estamos preparando algunha sorpresa para esa gala da que xa vos informaremos.
Nesa carreira polos primeiros postos da liga chegamos á última xornada con moitas cousas aínda en xogo. Para que esteades ao corrente de como son as opcións de cada quen, aquí vos van algunhas pistas.
Clasificación por equipos
Os Paquete Pinchas teñen máis que asegurado o campionato por equipos. Avantaxan en 43 puntos ao seguinte da clasificación, polo que poden durmir tranquilos e ir adestrando, porque eles serán os nosos representantes no Play-Off. A cousa está máis animada por detrás: Almuinha avantaxa en 4 puntos a Faísca, e entre eles xóganse rematar 2º e 3º. Para o 4º posto hai varios candidatos: Lideiras están mellor situados con 65 puntos, pero só son 3 máis que os de Culombio, 4 máis que os de Moaña, 7 máis que os de Treze Catorze e 8 máis que os de Assembleia Aberta. Se Foras Traballar, agora novenos, poden subir algún posto, mentres que Branco e Negro terá que conformarse coa 10ª praza.
Clasificación de varados
Na primeira posición sitúase moi destacado Rubén Otero (Lideiras), con 7 varados. Se non hai sorpresas, el será o campión nesta modalidade. Os seus inmediatos perseguidores son Xosé Miguel (Faísca), Santi (Assembleia Aberta) e Fuco (Branco e Negro) con 4 cada un. Moito terán que afinar se queren quitarlle o título a Rubén. Polo de agora eles ocupan as catro prazas que dan dereito a xogar os Play-Off de varados. Pero outros que veñen por detrás tratarán de clasificarse: manteñen opcións Chupi (Paquete Pinchas) e Luis Enrique (Almuinha) con 3 varados cada un, e Rubén Sabino (Treze Catorze) e Santi (Culombio) con 2 varados.  En caso de que haxa algún empate pola cuarta praza, decidiremos quen se clasifica xogándoo á billarda máis longa con dúas tentativas para cada xogador.
Clasificación feminina
A emoción mantense na pugna por saber quen é a mellor palanadora da tempada. Agora mesmo encabeza a clasificación Chus (Se Foras Traballar) con 14 puntos, seguida de Ana (Assembleia Aberta) con 12 puntos. Todo apunta a que unha delas se levará o premio á mellor xogadora. En terceira posición está Fátima (Culombio) con 10 puntos, e cuarta Diana (Almuinha) con 8. Polo momento, elas son as catro clasificadas para o Play-Off. Pero a cuarta praza vai estar desputada: Pilar (Se Foras Traballar) e Ánxela (Almuinha) teñen 7 puntos cada unha e manteñen opcións. Aínda que matematicamente hai máis xogadoras con posibilidades, parece difícil que ningunha máis chegue ata os 8 puntos que (como mínimo) serían necesarios para clasificarse. En caso de haber empate pola cuarta praza, decidiríase quen se clasifica para os Play-Off cunha carreira entre as xogadoras empatadas.
Clasificación individual
Dous xogadores chegan ao final do campionato con opcións de gañar: Rubén Otero (Lideiras) e Chupi (Paquete Pinchas). Rubén ten 39 puntos, Chupi ten 35. Para mellorar a súa puntuación, Rubén ten que facer polo menos 4 puntos máis, e Chupi ten que facer 2. Cunha vantaxe de 4 puntos, as cousas pintan mellor para Rubén, pero Chupi tamén garda as súas opcións e conta cunha vantaxe psicolóxica: Otero está organizando o último torneo, e durante toda esta liga os organizadores sempre pincharon no seu propio torneo.
Estas son as opcións:
Rubén é o gañador:
- sempre que no torneo Rubén consiga os mesmos puntos ou quede por diante de Chupi;
- sempre que Chupi non chegue a semifinais.
Empate entre Chupi e Rubén:
- se Chupi cae en semifinais e Rubén cae en cuartos de final;
- se Chupi xoga (e perde) a final e Rubén cae en semifinais;
- Se xogan a final entre os dous e gaña Chupi.
Chupi é o gañador:
- se Chupi gaña o torneo e Rubén non pasa de semis;
- se Chupi xoga (e perde) a final e Rubén non pasa de cuartos;
- se Chupi chega a semifinais e Rubén non pasa de oitavos.
En resumo: para ter algunha opción Chupi ten que chegar a semifinais, e unha vez aí conseguir 2 puntos máis que Rubén para empatar ou máis puntos de diferencia para gañar. Se empatan a puntos, xogaranse o título ao mellor de tres carreiras.
Ademais do gañador, na clasificación individual decídese quen son os oito palanadores que xogarán o Play-Off. Rubén e Chupi están matematicamente clasificados. Agus (Almuinha, 24 puntos)  e Alberte (Almuinha, 23 puntos) teñen a clasificación case no peto. Tamén Xosé Miguel (Faísca), que ten 21 puntos pero conseguidos en só 5 torneos. A partir da 6ª praza a cousa complícase algo máis: Pablo (Paquete Pinchas) e Elvis (Paquete Pinchas) teñen 21 puntos, e Amil (Paquete Pinchas) é o 8º con 20 puntos. E por detrás teñen xogadores con moitas opcións de arrebatarlles unha praza. Santi (Assembleia Aberta) conta con 19 puntos, e Pinto (Faísca) e Suso Diz (Faísca) teñen 17. A medida que baixamos na clasificación, as opcións de colarse entre os oito primeiros son máis pequenas, pero tecnicamente os xogadores con 11 ou incluso algúns con 10 puntos poden optar a clasificarse: só teñen que gañar en Mos!
Así de emocionante está o panorama para a última xornada. Estade atentos ao blog para informarvos dos horarios, localización e premios do torneo de Mos, e dos detalles da gala final.
Desde o servidor de Televaral, aquí podedes ver a emocionantísima final entre Josué e Chupi no I Aberto de Mos, na que polos puntos gañou Josué, que conseguíu o prezado lacón.
Tardaron un pouco, pero xa están na rede as fotos do Aberto de Mos. Unha reportaxe completísima con 36 fotos que transmiten gráficamente a emoción que vivimos o sábado en Torroso.
Neste enlace podedes ver todas as imaxes.
Como vedes o Aberto de Mos deixounos imaxes para recordar.
A pincha…
Algúns golpes espectaculares (este a cargo de Chupi, o subcampión)…
A convivencia de veteranos e novatos…
O ambiente participativo…
O público da final…
O dura labor organizativo…
E Josué, o campión, celebrando con sidra a súa victoria!
E lembrade, a próxima cita en Xil (Meaño) coa Copa do Salnés. Debut da Conferencia Sur contra unha selección das conferencias Noroeste e Norleste.
A pincha volveu voar no torreiro de Torroso, en Mos. O ruído dos paláns pegando nas billardas volveuse escoitar no sur de Galicia e esta vez regresou para quedarse. Este sábado celebrouse o 1º Aberto de Mos, cun éxito de participación extraordinario: 48 participantes, nenos, nenos, mozos, mozas e algún que outro peinando as canas.  Xentes de Mos, O Porriño, Vigo e outras localidades responderon á chamada da LNB. Ás 5 da tarde iniciouse ete torneo que é a primeira pedra da futura liga regular da Conferencia Sur. A destacar a presencia de moitos nenos e xente moza de Torroso, e a chegada desde Vigo de Aitor e o equipo dos Palanganas, auténticos referentes da billarda no Sur.
Baixo un son de xustiza e co hiphop da Mafia Gallega tronando no aparato de música, botou a andar o campionato En dúas pistas paralelas xogouse a primeira fase, na que os 48 participantes se enfrontaron en 12 grupos de catro persoas. Os 24 mellores (ou máis afortunados) pasaron á segunda fase, con eliminatorias directas.
A emoción foi medrando a medida que avanzaba o torneo. Na segunda fase foron caendo algúns palanadores que nos grupos previos amosaran bo tino. Seis palanadores chegaron ás semifinais: Chupi, Cristóbal e Esteban pola parte de arriba do cadro, e Fuco, Manolo e Josué na de abaixo. Ao final, Chupi e Josué chegaron á final, co público entregado a dous palanadores que apuntan maneiras de figuras da Conferencia Sur. Ao seu favor o feito de que foron os únicos que o sábado conseguiron cadanseu varado.
E a final non puido ser máis emocionante. Ambos meteron a pincha no varal no mesmo numero de golpes, polo que tiveron que desempatar ao lanzamento máis longo. Por sorteo tocoulle a Chupito comezar. Puideron os nervios e saíulle un golpe moi malo. Pero eses mesmos nervios atacaron a Josué, que tamén fixo un lanzamento malo. Ao final houbo que medir cos paláns a distancia, e por menos de medio palán impúxose Josué.
Así que, o Aberto de Mos xa ten o seu primeiro campión: Josué.
E por equipos, os que acumularon máis puntos foron A Tropa, no que xogaban Josué, Celsito, Ioli e Xaime.
Pronto teremos aquí unha ampla reportaxe fotográfica do Aberto de Mos, e agardamos que tamén un vídeo. E non esquezades que a próxima cita é a Copa do Salnés!
Moitas gracias a todos os que participastes o sábado: Álvaro, Fran, Fuco, Mariña, Chupi, Miguel, Noni, Cholo, Aitor, Adrián, Laura, Bisco, Esme, Moi, Fátima, Santi, Porto, Silvia, Diego, Merchi, Josué, Celsito, Ioli, Xaime, Chicho, Gonzalo, Xiana, Manolo, Henrique, Miguel, Esteban, Xavi, Adri, Iago, Cristian, Piollo, Anxo, Martín, Pablo, Manu, Alfonso, Teresa, Mari, Ruben, Patri, Jota, Manuel Barcia e Miguel. E gracias tamén aos que viñeron a apoiar!
Os xornais de hoxe na comarca de Vigo anuncian pasmados a celebración do Aberto de Mos: recuperación da billarda, beisbol galego… Sorpresa xeral e entusiasmo!
Aquí tedes a información no Faro de Vigo e aquí na Voz de Galicia, e hai tres días xa daban conta do campionato en Vieiros, o medio máis atento á evolución da LNB. E para hoxe, entrevista en exclusiva a Rubén Otero en Onda Cero O Porriño.
Non sei se daremos collido todos mañá no torreiro de Torroso…
O torreiro de Torroso luce desde o sábado pasado estas espectaculares banderolas que anuncian a eminente celebración do gran acontecemento da billarda no sur de Galicia: o I Aberto de Mos.  A pista na que imos xogar é a que vedes na foto. Un lugar fermosos, delimitado por altos plátanos de sombra.
Neste lugar imos delimitar dúas pistas, para que unha sirva de zona de entrenamento e na outra desenvolvamos a competición. As pistas teñen unhas características singulares que Rubén Otero define perfectamente da seguinte maneira: Pista dura, de  superficie lenta, rugosa. Firme irregular. A altura dos lanzamentos está condicionada polas árbores. É longa á vez que estreita. E   ten un lixeiro desnivel cara a esquerda. En resumo e nas súas palabras “unha pista para estrategas!”.
Ver mapa más grande
A cita xa sabedes, este sábado 5 de abril ás 16:30. A partir das 16:00 horas faremos as inscricións e os grupos para a competición. A estas alturas descoñecemos cantos palanadores responderán á chamada para inaugurar a Conferencia Sur da LNB, pero temos xa algunhas presenzas aseguradas: estarán algúns representantes dos Palanganas, mítico equipo de Vigo que debutou hai 3 anos na LNB como único representante meridional na disputada liga da Mariña. Tamén estarán a maior parte do grupo de intrépidos que hai un par de meses realizaron o entrenamento en Pontellas no que se deu o empurrón definitivo á idea de artellar a liga no Sur. E teremos sorpresas nas inscricións, como a posible participación dun xogador cubano, auténtica conexión entre a billarda e o deporte curmán do beisbol, no que Cuba é unha das grandes potencias mundiais.
Todo isto e máis sorpresas no Aberto de Mos. E despois do espléndido exemplo do éxito do Aberto de Lugo, que amosa como a febre pola billarda se expande. Non sei que tes pensado facer o sábado, pero eu non o pensaría dúas veces… Inscríbete xa en lnb.sur@gmail.com.
O 5 de abril ás 16:30 en Torroso, concello de Mos, viviremos un momento histórico: dará inicio o primeiro campionato de billarda da Conferencia Sur da LNB. Pr fin as pinchas voarán no sur de Galicia nunha competición oficial.
Desde xa está aberta a inscrición. Basta con enviar un email ao enderezo lnb.sur@gmail.com. E tamén vos podedes inscribir o propio día do torneo entre as 16 e as 16:15 horas. A inscrición é individual, pero os xogadores poderán ademais agruparse en equipos de 4 a 6 persoas.
Emulando aos nosos mentores do norte, o premio ao gañador individual será un lacón, acompañado dun bo mollo de grelos. Para o equipo triunfador, a recompensa será un queixo e un marmelo. Premios gastronómicos para encher o bandullo despois do esforzo.
Xogaremos coas reglas oficiais da LNB, que aos que esteades alí vos explicaremos en detalle, pero que basicamente son as seguintes: dous xogadores enfróntanse, e van golpeando a pincha (ou billarda) alternativamente para introducila entre dous paus (o varal) a uns 50 metros de distancia. O que o consiga en menos golpes é o gañador. Iremos xogando ata chegar á gran final! E os xogadores acumularán puntos para decidir cal é o equipo con maior puntuación que se proclame gañador.
A organización terá material para todos os que asistan. Aínda así, convidámosvos a que fagades o voso material: pinchas ou billardas, de entre 15 e 25 centímetros de lonxitude e rematada en punta, e paláns ou pateiros, os paus maiores cos que golpear a pincha, duns 60 centímetros de lonxitude.
E non esquezades que, por suposto, o obxectivo é pasalo ben volvendo xogar á pincha. Apuntádevos!
A Conferencia Sur está estes días ultimando o que será o seu empurrón definitivo. Primeiro foi a xuntanza duns amigos, logo a presenza dunha delegación no Trofeo do Lacón de Cervo, e agora, antes incluso de presentarse oficialmente ao mundo participando en Meaño na Copa do Salnés, a Conferencia Sur organiza o seu primeiro torneo local para quentar motores, lograr que medre a afección, e xuntar forzas para chegar a Meaño con ganas de dar a sorpresa fronte aos experimentados xogadores do norte.
O 5 de abril poñede os vosos GPS orientados ao sur, porque esa tarde celebrarase o I Aberto de Mos!!!
O lugar está aínda sen confirmar, con varias opcións abertas. Estamos tamén facendo contactos para que o grupo dunha ducia de palanadores e palanadoras que nos xuntamos no primeiro ensaio medre considerablemente. Pronto teremos máis novidades, pero xa podedes marcar o sábado 5 de abril en vermello nos vosos calendarios.
E para ir abrindo boca, Fuco e Otero perpetraron esta gloriosa curtametraxe promocional. A psicose da pincha provoca enfermidades mentais difíciles de curar…
Sen dúbida un vídeo histórico por varias razóns: probablemente é a primeira audiovisual produción do sur de Galicia dedicada á pincha, e sen dúbida é a primeira aportación da Conferencia Sur a Televaral. Simplemente, espeluznante.