Esta mañá véume, a modo de mal recordo, a imaxe dun bebé moi feo que vira hai uns días no metro. Pensei que era moi inxusto xulgar á xente pola súa beleza pero estábame a decatar que era inevitable. Cando vemos un neno “bonito” non podemos deixar de miralo, incluso nos atrevemos a facerlle carantoñas aínda que non veña a conto ou non  o coñezamos de nada. Alégranos a vista e provócanos un sorriso. Véxase os anuncios nos que aparecen bebés, nunca fallan.
Pero o neno do outro día era todo o contrario. Ía na súa silla, coa súa cara que non tiña nada especial para resultar desagradable, provocándome apartar a vista e evitar a súa mirada.
Mentres ficaba completamente ensimismada con estes pensamentos, sen entender moi ben por qué me impactara tanto aquel… “ser” (diría “pequecho” pero non me encaixa porque, de verdade, tiña algo que resultaba “difícil de ver”), de novo aparece na miña vida terrenal, arrastrado pola súa nai, coincidindo no mesmo vagón no que eu viaxaba. Era el. Non había dúbida. E, supoño, que como me pillou preparada, non me sorprendeu tanto como a primeira vez. E atrevinme a examinalo máis detidamente para tentar comprender qué era aquilo que o caracterizaba, tan mal, por outra banda. Moitas veces dicimos das persoas que, aínda que non sexan especialmente guapos, “teñen algo”. Pois o mesmo pero ó revés. Tentei indagar qué tiña.
E descubrín que o neno suxeitaba nas súas mans un xornal, pero non o levaba como xeralmente o pode levar un bebé, collíao coma un adulto. Cando me din conta, estaba dándolle a volta e mirando para el coma se entendese algo do que alí poñía. Pero o rapaz non rematou coa súa exploración e atreveuse a abrilo e mirar o seu contido. O habitual dun neno do seu tempo sería que estivese rompendo as follas ou tirando co xornal ó chan mentres a nai lle berraba e o recollía e así sucesivamente. Pero este rapaz ollaba para o xornal dunha maneira inquedante, coma se o estivese a ler.
Non só ollaba para o xornal con esa especial concentración senón que o facía con todo o mundo. Era un observador nato, un ser máis análitico do habitual, cunha capacidade escalofriante para ver o que outros non ven. Descubrín que, efectivamente non era tan feo, non era nin feo. Tan só que era diferente.
Estrano.
Intelixente.
E un día daste conta de que toda a maxia non era máis que unha ilusión, un truco dun alquimista que saiu correndo a facer das súas a outra parte.
Entón é cando podes ver a realidade sen ningún artificio.
E a realidade é crúa.
Un anaco de carne con sangue que che dá noxo.
E todo remata da única forma que non desexabas que rematase. Mirando para outro lado. Pensando que xa non merece a pena. Cunha certeza estrana de que todo rematou. Rematou.
Diso nada, ¿quedamos para mañá?
Para os que cremos no destino, a sorte forma parte da nosa fe. A verdade é que isto resulta un pouco contraditorio porque se todo está escrito a sorte non afectaría para nada. A sorte pódese comparar ó poder da mente, á suxestión. Todo está na nosa cabeza, nese sentido son moi racionalista. Non nos podemos fiar do que vemos ou do que experimentamos. Xa o dicía Anthony Blake, “todo lo que han visto ha sido producto de su imaginación”.
Despois está a máquina amiga. Aquela máquina de vending da universidade de Aveiro que nos regalaba a Andrea e a min un Kit-Kat nas longas tardes de luns entre laboratorio multimedia e imaxen dixital estática. Esa chocolatina regalada sabía moito mellor que cando pagas por ela. Sabiamos que non podiamos abusar dos favores da máquina e ela correspondeunos cun pouco de felicidade en forma de barquillos cubertos de chocolate a cambio de mercar un Twixt de cando en cando. Foi despois cando soubemos que a estratexia de “tómate un respiro, tómate un Kit-kat” foi pensada para potenciar o meirande defecto desta chocolatina, precisábanse as dúas mans para comela, cousa que inoportunaba brutalmente a rutina dos grandes devoradores deste doce, os ingleses e demais guiris, para quen as chocolatinas forman parte habitual do seu xantar sen saír da oficina fronte ó ordenador. O feito de ter que usar ambas mans obrigaba a facer un break, e de aí sae o slogan (sorte).
O que pasa é que os pementos de Padrón uns pican e outros non. Só os nativos de Padrón e os de Hervón (que aínda o saben mellor) son quen de diferenciar cales son os que pican. O resto dos mortais non sabemos. Por máis que nos empeñemos en dicir que se son os grandes, que se a ver este, ata que non o probamos non o sabemos. E aí está a graza, excepto para aquelas persoas as que non lles gusta o picante, coma a miña avoa que por medo a que lle piquen xa non os proba. E así tras papar unha fonte de pementos entre catro sen atopar nin o primeiro co mínimo resquicio de picante, vai a miña avoa e anímase a coller un dos tres que quedaba e vai e o moi cabrón e pica e vaia se picaba.
Cuestión de sorte. De mala sorte.
Acabo de descubrir  que deixar as cousas para última hora pode ser unha enfermidade. Esto é algo que me tranquiliza, porque persoalmente penso que padezo de ultimitis crónica aguda. (Agora que o penso  o meu problema verdadeiramente é que non son quen de rematar as cousas, sempre deixo todo a medias). É un sino que levo comigo desde moi nova. Xa no colexio, cando o facía todo ben, deixaba todo para o final. Se podía facer os deberes ás dez non os facía ás cino. Nunca souben o que era ter estudado para un exame antes da véspera. Téñoo pasado verdadeiramente mal por non entregar traballos a tempo. Sen ir tan lonxe, hai un par de días que me decataba de que non podo convalidar os tres créditos da carreira que me faltan porque se me pasou o prazo (e o prazo era de 6 meses!!!!).
É curioso que estar doente para min sexa un alivio. Se realmente tivese unha enfermidade, podería adxuntar un xustificante médico cada vez que chegase tarde a un sitio. Entón chegaría aínda máis tarde porque estaría xustificado. Entón penso que nunca chegaría ós sitios.
Con esto de tomarme as cousas con calma, teño perdido todo tipo de medios de transporte. Onte, sen ir máis lonxe, perdín o derradeiro metro. Fiquei en Casa de Campo, destino nada agradable para unha moza, un martes ás dúas da madrugada. Tiven sorte e atopeime con dous homes de fiar. Seguramente sexa a persoa con máis medos do mundo. Nembargantes, os momentos que debería temer tómoos como aventuras, penso que debería ter medo pero nono o sinto. Definitivamente as cousas que non dependen de min non me dan medo. É un problema de confianza, de confianza en min mesma.
Recordo aquel episodio no que Xar, o meu mestre de bioloxía, tras a miña negación de ser eu quen axitara os tubos de ensaio para facer as mesturas alegando a miña torpeza, tentaba convencerme de que non era certo o que eu lle estaba a dicir. Xusto entón rompín o tubo de ensaio, coido que ata me cortei. Menos mal que a mestura non era de sulfato de sodio con cloro e non a liei demasiado parda.
E así, onte, sen os meus medos e coa miña doenza, un marroquí, un exipcio e unha galega voltaron ás súas respeitivas moradas. Grazas señores pola compañía.
O neno estaba suxeitando coas dúas mans un deses muiños de papel que ó soplarlles dan voltas. Esos muiños transpórtanme  á  infancia, unha infancia tan lonxana que nin me lembro de cómo lles chamaba. Pero este neno non precisaba soplarlle porque o tiña orientado cara o vento e o muiño daba voltas de seu. O neno estaba concentrado, poida que algo ruborizado. Acababa de descubrir que voar non era tan difícil, cun muiño meirande e unhas carreiras seguramente o conseguira.
Máis abaixo un mozo moi alto e fraco cunha chaqueta de punto a raias vermellas e negras e unha capucha en pico ata os cadrís adianta a unha muller que non lle chega á cintura.
Ás veces a vida é unha fábula.
Acaba de estar, meu amigo, presentando curta na Sexta. Eu xa estaba na cama e chégame unha mensaxe de Andrea que meu amigo está na Sexta. Meu amigo, quen? Érgome da cama. A miña televisión non colle ben esa canle. A canle 9 e 10 son a mesma, e sae unha tipa coas tetas moi grandes. O mando non ten máis botóns. Ai si, doulle ós botóns de pasar de canle e entre un montón de puntos negros vexo a Buenafuente presentando a Nacho Vigalondo, que foi nominado ó Óscar no 2005 (aínda con esas). Vigalondo está tal e como o lembraba, tal e como o lembraba do día que o perseguín, non tal e como o lembraba das súas pelis. Hai algo nel… ou será que lle falta algo? A súa voz é a mesma pero o seu aspecto… Americana (podería arriscar) vainilla e camiseta do notodo “a lo” Santiago Segura. O mércores entregan premios. Despois a curta, unha morea de Marisas, faltaba eu, que non me colleron, nunha historia triste. Pero hai que seguir buscando.
A miña abuela,  que nunca subeu a un avión, contábame o outro día que hai un par de semanas mentres lavaba uns trapos no pilanco pasou un avión por riba dela e alguén que viaxaba nel a saudou efusivamente (ou non tanto) coa man. E epecificoume, túa nai non me cre.
Miña nai xa lle explicara que nos avións non podes saca-la man para fóra. Que era imposible que alguén a saudara dende alá arriba.
Eu contesteille que non a ía crer nin miña nai nin ninguén. Que desde un avión non só non podes saca-lo brazo senon que é impoible avistar ás persoas desde tanta altura.
Ela pensaba que a estabamos a enganar. A miña abuela sempre pensa que lle mintes. Ela pódeche contar que alguén a saudou desde un avión pero ti non lle podes dicir que non saes a pesar de que é sábado.
Sobra dicir que é a miña abuela, a loca.
Hoxe por primeira vez perseguín a un fulano. Vin a un tipo pola rúa e comecei a camiñar detrás del. Eu non ía cara ningures. Só paseaba. Así que comecei a pasear detrás daquel… home?.
Algo me chamaba a facelo. E sei o qué. Era Nacho Vigalondo.
Bueno, non era Nacho Vigalondo. Pero eu convencinme de que podía selo. E seguino. Seguino porque algo me impulsaba a facelo.
Adoro a Nacho Vigalondo. O personaxe Nacho Vigalondo. Ben é certo que tamén me gustan as súas curtas e a súa peli e o spot no que sae e o festival que dirixe e as chorradas que fai. Pero gústanme, sobretodo, porque son del.
Descubrino na entrevista que lle fixeron en Lo+plus con motivo da súa nominación ó Oscar. Chamoume a atención nada máis velo porque me recordou ó meu amor platónico (un tipo real, un pouco-bastante máis novo que el, que non se parece en nada, pero que a miña mente cre que son a mesma persoa). E desde entón sígoo. E hoxe máis.
El ía ás présas, coma se escapara dalguén. Axitado. Falando polo teléfono móbil.
Tiña a cara pálida. Coma a dun día de resaca. Como se non durmira dende a noite anterior. Como se levase a mesma roupa, agora xa enrugada, sobada.
Non podía ser Nacho Vigalondo. Aquel… señor? estaba moi serio, rozando a agresividade. Parecía asustado. Canso. Vestía mal. Pantalón de pinzas negro e americana marino. O pelo era como o de Vigalondo pero menos. Despeiteado, coma acabado de erguer da siesta. Pequeno e cu gordo. Non podía ser el. Ou si (agora que me poño a ver vídeos no Youtube paréceseme aínda máis).
Pareime un par de veces, pero algo me impulsaba a apurar e ir detrás del. Comprobar se era ou non era. Nun momento virou a cara pero a miña miopía e o meu astigmatismo e a miña carencia de elementos oculares para corrixilo impedíronme identificar aquel rostro.
Parecer parecíase.
Ergueu un brazo. E dirixiuse ata o taxi que acababa de parar. Un señor maior adiantóuselle e el continuou costa arriba falando polo móbil. Nervioso.
Foi entón cando o perdín de vista. Foi entón cando decidín deixar de seguilo.
Qué parvada.
O 27 de xaneiro celebramos en Oza o noso entroido tradicional: as máscaras. Non podiamos ter escollido mellor día para a festa, pois tivemos unha desas marabillosas xornadas de sol que tanto escasean no inverno. Tivemos moita sorte de que non nos pasara o mesmo que aos nosos colegas de Rarís, que tiveron que aprazar a festa por culpa do mal tempo.  Aí vos deixamos o vídeo dun dos grandes momentos do día.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/mbKLlXYwTtc&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/mbKLlXYwTtc&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Se queres consultar o texto completo deste e dos demais atranques, telo ben doado.
Non podían faltar tampouco os cantares, tanto os do coro dos bonitos coma os do coro dos vellos.
Estamos pendentes de ofrecervos información de como lles está indo aos porquiños que sorteamos o día da nosa entroidada. Alguén sabe algo deles? O que sabemos fixo é que cando menos desta festa xa libraron…