A Ucraína entrei en autobús, atravesando os campos polacos no Nadal de 1997. Nada parecía diferenciar moito un país [Ucraína] do outro [Polonia] agás no feito de que os ucraínos contiñan no sorriso máis dentes de ouro. Pero diso non me decatei ata o día seguinte, no que o primeiro habitante de Lviv co que falei sorríume por calquera razón. Aos 20 anos sobran razóns para que che sorrían. É aos 30 que a xente deixa de ser amable.
Volvamos a ese autobús que sae da fin do milenio para entrar na chatarrería emocional dos pecios da CCCP.
A nosa entrada na cidade de Lviv [Lvov en ruso] resultou espectacular: as luces prendidas dos colosais edificios ex-soviéticos apagaron simultaneamente. Para nós, sen dúbida. Para nos impresionar cunha das súas especialidades en vida fodida polo estado: os cortes enerxéticos. Habería máis. Internabamos por unha ferida que supuraba. Sovieticamente, no 97 Ucraína era un enorme hórreo que abre as súas portas e deixa voar o gran. O gran voaba. Como unha nube radiactiva voaba o gran. O gran voaba.
Ucraína, quen podía sabelo entón, conformaba un dos territorios máis fascinantes do planeta: nela experímentabase dun xeito inconsciente co non-lugar. Tomemos por exemplo Lviv. Por ese nome – a designación ucraína- poucos a coñecían daquela. Lvov era en cambio máis popular, ou Lemberg para o antigo Imperio austro-húngaro ou Lwów para os veciños da Galitzia polaca. Alí, en Ucraína, naceu un dos máis grandes poetas polacos que coñecía, Zbigniew Herbert. Era de Lwóv, quero dicir, Lviv. Unha cidade ucraína e non polaca.
Tamén de Ucraína -malia figurar en todas partes como alemán e rumano e xudeu asquenazí e suicida, que vén sendo outro tipo de nacionalidade- sería o poeta alemán Paul Celan, diseccionado así para a posteridade en nacionalidades infinitas: en realidade o seu nacemento tivo lugar nesas coordenadas caprichosas que hoxe, quen sabe pasadomañá, delimitan Ucraína.
Paul Celan e Zbigniew Herbert. Ningún dos dous diría de si mesmo que é ucraíno, mais as cidades nas que naceron si o son, polo menos nesta hora do día deste día en concreto.
Síguenme? Síganme.
Síganme porque queda a xoia da coroa dese enorme país de nacionalidades difusas. Chernobyl. E Pripyat. O lugar tabú, o noso escenario after-the-bomb máis logrado no que atopan inspiración todas esas películas norteamericanas que sobrevoan un Nova York asolado onde pinchacarneiran os impalas e as leoas. Pelis como Son lenda [mala], Wall-E [boa], A estrada [non a vin aínda, a de Cormac McCarthy], 12 monos [ boa] ou o documental do National Geographic A terra sen habitantes [bo]. O lado milenarista e supersticioso da nosa civilización atopa un especial pracer no vitimismo, en presentarse a si mesma como un ecce homo.
Ecce homo. Éche aí. E éche as súas grandes cidades incribles e todopoderosas. Éche Chernobyl.
Et campos ubi Troia fuit.
Non chegamos a visitar Chernobyl e a vila pantasma de Pripyat, lonxe da nosa cidade bastantes quilómetros -poucos para ese estraño habitante das pedras que chamamos radiación -. Pero, como sabemos, a nube radiactiva e as súas consecuencias en plantas e animais estendérase por boa parte de Bielorrusia, Rusia e Ucraína. Así que sen dúbida comín e bebín radiactividade chernobyleira, sentín a atracción dese non-lugar, contemporicei con el.
Chernobyl está próximo a acadar algún tipo de categoría literaria, unha especie daqueles vetustos topoi: ao meu xuízo o atopos, precisamente, o non-lugar.  O lugar común do non lugar común. O lugar deshumanizado. O que nos fala dunha grandeza que pasou, que se esfumou, que criamos eterna, que non o foi.
Iso encántanos e encántanos moito. Por iso con Chernobyl tamén comeza Nocilla Lab. En Chernobyl aúnanse a ciencia campando en forma de radiación e o baleiro filosófico en forma de estrutura abandonada.
Éche Chernobyl et campos ubi Chernobyl fuit.
Este tema dos estelares e eclipsados Gentle Giant, brit prog dos ‘70, pode acompañarlles uns minutos – 9:11- se pinchan aquí. Nothing at all. Ao igual que moitos temas de Radiohead contén dúas ou tres atmosferas incrustadas nunha soa canción, ademais do único dúo batería-piano que coñezo, a iso do minuto 6.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/XIlG0TmxzTs&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/XIlG0TmxzTs&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Sereas de Ramón Casas
Nunha cartografía persoal de sons hai xente que elixe o son da auga fervendo, o ruído dun motor, un renxer, un xemer, un grolo, un siseo.
No exercicio da traducción seica quede patente unha cousa: se ben as linguas enchen ocos conceptuais diferentes, é difícil que exista unha palabra que, explicada, siga a ser incomprensible. O feito de que non pensáramos nunca o mundo así non implica que non sexamos quen de facelo. Os famosos y e en dos franceses, sen tradución en galego, son asimilables ao noso infinitivo conxugado: o recordatorio dun referente, unha especie de pegada dun pe invisible na oración. Outra cousa é verquer iso nunha linguaxe literaria, o cal implica un traballo de reconstrución. O traballo do tradutor, que tende a infinito. Algo especializado, que require horas de lectura, inmersión e proba/erro. Sempre haberá ocos que non se enchan de xeito ningún, ausencias idiomáticas inexplicables, baleiros ou complexas connotacións de moi difícil expresión na outra lingua, nesa lingua na que se envorca o caudal do texto.
O universo das onomatopeias é un dos máis agradecidos dado que se trata do universo lingüístico máis naturalista ou máis analóxico: intenta imitar un feito acústico real. Existen poucos sons que, no caso de non coñecer, non sexamos quen de os imaxinar. O que nos desconcerta é o xeito de transcribilos, pronuncialos ou mesmo o grao de precisión nalgúns eidos sonoros: na India existen verbas que representan o son da auga ao se precipitar,  a auga que enche un cántaro, o mergullo dunha pedra que cae nun pozo ou nenos xogando nun río.
En Indonesia utilizan unha expresión para un son vencellado aquí ao verán: o chapuceo das mans na auga. Un son marabilloso. Primordial. Kecipak-kecipung.
Na praia de B. fago kecipak-kecipung nunha auga fría, redonda como un cristal, cun fondo estriado polas correntes mariñas das mareas vivas, limpa e amniótica. O mundo acaba de empezar a ser mundo e cada ser acaba de empezar a ser.
The Cure, From the edge of the deep green sea
Todos o sabemos. Todos os vemos. Todos sacámoslles fotos ou gravámolos cunha cámara dende un coche. Todos opinamos sobre eles. Algúns louvamos o seu aire de cyborgs taciturnos. Algúns criticamos a súa saturación na liña do horizonte. Algúns sentímonos intimidados pola súa obediencia. Algúns aliviamos cando un deles semella de folga de aspas quietiñas. Todos andamos pendentes da súa dependencia política. Todos ollamos para eles confiados. Porque son limpos. Todos ollamos para eles con reticencia. Porque son lexión. Todos abraiamos do seu ronroneo engrenado. Todos os vemos despezados pola autoestrada, en longos camións de dobre eixo. Todos fascinámonos con eles. Son fermosos. Parecen portar algo nobre. Se cadra porque tratan co vento e, de luxar algo, só luxan a liña do horizonte, algo tan mutante que estamos afeitos a prescindir dela, a fractalizala ao noso antollo. Pois, que é o horizonte? A ilusión dunha fractura. O aire con eles segue impoluto. Os ríos con eles aturuxan de indiferencia. Por eles, ningún animal [nin sequera as aves] semella perder a compostura ou a vida.
un céfiro
[Todos sabemos que vento temos montes e moreas. Todos sabemos que o vento non cesa nunca. Todos sabemos que os montes e as moreas si. Hailles  montes que cesaron. Cesaron de ser montes. Agora exercen a filosófica profesión de baleiro. Todos sabemos que o vento zoa moito por eles tamén.]
Todos sabemos que de non ser por eles, e para achegalos aos cumios nos que reinan, boa parte das estradas e viais galegos non estarían nin comezados.  Todo semella orientado a facilitar a súa invasión. Porque todos sabemos que nos invaden. Que son o futuro, brancos como Apple, rotando como firmamentos, rosmando como criaturas desvalidas no alto dos altos.  Que serven a Eolo e a Iberdrola, unha das concubinas consorte. Que converten as serras e o seu perfil sinuoso, arcaico, nunha sorte de miraxes manchegas dispostas a ser asaltadas por hordas literarias. Quen fose Dulcinea andante. Quen fose futurista a compoñer unha Oda ao Aeroxenerador. Quen fose surrealista a se amalloar nunha das súas pas como penitencia tecnolóxica. Quen fose dadaísta a pintalos de cores para os chantar como fondo da Gioconda. Quen fose haijin a admirar o seu silencio de cousa. Quen fose publicista a enchelos de anuncios por palabras. O vento é o único que nos une. A nosa espiña dorsal está ourizada, como a dun porco teixo inmenso e meditabundo.
Son como cousas de encantamento, foron polo aire e viron polo vento.
Canda o chapapote, forman substancia lírica.
As mellores vistas téñenas eles. Os mellores aires móvenos eles. A altiveza eles a ostentan. Son cada vez máis e hai algo turbio ás súas costas de turbina. Toda a mitoloxía de Eolo e o seu odre de ventos, de Bóreas, fillo de Aurora e Astreo, irmán de Notos, Céfiros e Euros [Euros, aquí,  o vento do leste], toda a etimoloxía das anémonas e os desaires, toda a xestión a suxestión e a dixestión do vento que nos envolve revolve e disolve, todo fica reducido nas mans da política económica a unha formación de soldados, a unha morea de mans tendidas dispostas a levar o seu cacho de aire en forma de euros [euros, aquí, moeda común], a unhas disposicións que se aproban e derogan con esa veleidade das cousas etéreas, como un galo de veleta que nunca sostén a mesma opinión sobre o asunto. A cuestión do aire galego perde seriedade, solidez. A cambio, gañamos personaxes para todas as nosas futuras novelas de ciencia-ficción [como aqueles ameazantes Trípodes das Montañas Brancas, de John Christopher] cun nome aínda impreciso: aeroxeneradores, tripalas, muíños, os chismes eses, servos de Eolo, venticulares, derviches mecánicos, eólicos, eolios, chirimbeolos…
Calados na Serra da Faladoira, col. persoal
Xa na primeira vez que baixei ao Condado coñecín a Kiko Neves. Un día, tempo despois, mandoume os seus centoonce por mail, antes de se publicaren.
Poucas veces vin a alguén recitar con tanto carisma, ou mellor rotundidade,  como el o fai. Lembreino este ano, cando escoitei a Roger Wolfe en Córdoba.
Merquei Un baile de moscas. Apureino talvez a primeiros do 2003. Pero faltoume algo. El. A Neves hai que velo. Debería xuntar un holograma cos seus libros. Un holograma que nos recite como o fai el e que pase por nós as páxinas do libro.
Cando me adentraba soa no bosque de internet cun tarriño de mel,  a súa era unha das primeiras páxinas que visitaba. Durante algún tempo foi así. Era como ver un fósil de algo que coñeciches trasantonte. Unha páxina que, misteriosamente, remataba no ano 98. Eu coñecino anos despois.
Nin o mundo nin eu nin as altas esferas poéticas estabamos preparados aquel día en Salvaterra de Miño, convivindo cunha calor monzónica, para sentir recitar a Kiko Neves, revirado, lascado, insinuante, clarísimo, burlón, indignantemente belo. Desposuído da noción da súa propia beleza. Cuspindo.
A seguir algúns dos textos do seu libro centoonce, publicado por Xerais no 2005, un baile de dous, de tres, de fastío, de comunicación, engano, desengano, facturas probablemente telefónicas, amores maiúsculos arrastrados por baixo das minúsculas, tendidos alí, na escuridade, coma as patacas:
12.
principias unha conversa
e todo está ben
moi ben
e logo o sexo
e segue a conversa
para ter máis sexo
e segue o sexo
para ter máis conversa
ata as cousas
máis profundas
son así de simples
así de baleiras
16.
estás lonxe
sempre estarás lonxe
dixeches
ceibaremos os nosos segredos
aos setenta anos
por iso cada vez que nos vemos
dun ano para outro
dis que parezo un vello
cada vez que estou contigo
teño setenta anos
31.
sento ao pé da autovía
e vexo pasar carros
embalados
á velocidade da rutina
non é canso
nin aburrido
é
un desespero
absoluto
32.
chameite esta noite
falamos
e díxenche tantas cousas
que só fun quen
de pronunciar
o dez por cento
34.
dúas horas
estiven unha noite
dúas horas
fitando os meus ollos
nun espello
nada
só estiven esas dúas horas
alí
observando
nada máis
42.
dende o máis fondo
do buraco
todas as miserias
son coma estrelas no ceo
55.
porque gusto de falar
cústame máis
preferiría utilizar un guión
previo
antes de me enfrontar a alguén
ou a un grupo de xente
non soporto dicir
todas esas parvadas
que dan pé ao principio de calquera conversa
cun guión previo
repartiría os roles
definiría os personaxes
e coñecería o remate
70.
ela quere máis
e respondo que teño sono
e non durmo
109.
ti
do outro lado
na cama
espida
eu
aquí
tamén
apertadiño ao teléfono
sempre
Trazo de xiz, Miguelanxo Prado
Mogwai, Close encounters
Mogwai, Take me somewhere nice
Un instrumento que talvez prefiro.
Escoito a esta declarada elfa un chisco Rapunzel + Linda Blair. Acóugame.
As Alfaias, de Fanny+Alexander.
Soaron no meu ordenador primeiro, nun CD despois e hai unhas semanas, dende o fustrigante [cando actualizo este post, xa fustrigado] Aberto por Reformas do Xurxo Souto, escoitei  este temaso a todo volume regresando pola autoestrada.
Alfaias por alfaiates, como se definen os integrantes do grupo nunha entrevista: cosen con minuciosidade e gusto retallos alleos para facerse traxes absolutamente persoais. Por incrible que poida parecer -a lírica non vén da lira? Non viña sendo a poesía unha especie de irmá siamesa separada da música ao nacer ?- escoitar un texto que naceu vencellado ao papel transmutado a música non deixa de ser curioso.
Sucede que o texto, que posúe unha dimensión de superficie, de pantalla branca, experimenta esa transformación que toda música brinda e que a converte na arte máis universal da nosa era: a de devir substancia que se inocula, que corre polo corpo, que non agarda ser descodificada senón que, con impaciencia, penetra.
A música non pide permiso. É a súa insolencia a que cura. Nun texto atopo restos de resignación.  Descíframe- pide. Non deixa de resultarme inquietante -non deixa de resultarme tranquilizador- que unha letra miña viva unha desas vidas insolentes, ondulantes, penetrantes a carón das letras dos outros 10 escritores que asinan os textos destas Alfaias.
Xastres, os Fanny+Alexander tamén son xemólogos. Tamén xoieiros.  Levan tempo pulindo. Levan tempo procurando as facetas máis raras, máis valiosas dun cristal. Nese micromundo da escena indie pop galega. Nese calcapapeis de bola de vidro.
Como letra redonda, a do poema Píntamas de escuro de Lara Dopazo. E o mítico Ardía París, coma no cine de Emma Couceiro…
Xa somos canción.
[Oxalá fose o Xurxo quen nos seguise pinchando...]
by Connie Imboden
Dende a revista dixital Sono-Tone pedíronme unha lista. Os 10 temas da miña vida.
Un pedimento tal que leva a crer que a vida de unha pode ser tan relevante e cinematográfica como para dispór de banda sonora.
Obediente de min, pensei durante varios días os 10 temas, tachei varios, considerei outros. Finalmente parín 10 entre os cales foron inseridos moitos máis. Sibilina que é unha cando se cre sibilina. Pero non foi ata días despois que reparei na falta dalgúns temas, temas do cerebro reptiliano poderiamos dicir, temas que burbullan tan profundos que a bote pronto non agroman, tardan máis, veñen de máis lonxe, de onde a médula espinal se cruza coa órbita de Sedna e cun crocodilo que pasaba por alí.
1.- Ommadawn, part II,  On horseback. Mike Oldfield. Coñecida na miña casa como a canción dos gnomos. Deille a vara a moita xente moito tempo cantaruxándolla logo de tela emborrachado [á xente]: por casualidade, sóache esta canción? A táctica non deu froitos. Eu medraba, afastábame desa canción e desesperaba. Como se chamaba? Sabía que era de Mike Oldfield pero, como atopala na cantidade inxente de melodías dese tipo? Internet, o pirateo e demais fixeron o resto. 20 anos despois atopeina. Por suposto, como debe ser, era moito máis misteriosa e gnómica a que eu escoitaba na nenez. En realidade todo Ommadawn así como o estraño disco Five Miles Out [parte Taurus II] forman parte dunha banda sonora que eu sentín moitas veces a través da porta da habitación do meu irmán cando moi cativa. Unha mañá atopamos roto o cristal da porta do Ford Fiesta marelo. Roubárannos a radio do coche. Con boa parte das cintas, claro. Entre elas Ommadawn, xunto con algunha de Milladoiro, os Calchakis, Silvio Rodríguez, Nino Bravo e máis.
As bandas sonoras a través da porta dunha nenez grávanse no cerebro reptiliano e atópanse por riba [ por baixo] de calquera elaboración que teña que ver cos gustos, as referenzas culturais. Iso xa é neocórtex. A lista das miñas 10 publicada en Sono-Tone, por exemplo. Iso é neocórtex.  En troques, no cerebro reptiliano flotan outros: temas que me sacuden por motivos alleos aos meus gustos musicais dado que se atopan na súa xénese mesma. Nesa mesma onda de música-escoitada-tras-da-porta-do-irmán-maior andarían Yes, Genesis, King Crimson, Jethro Tull, o ska de The Specials, The Cure, Bela Bartok, Os Planetas de Holst, Satie, Stravinsky, Charlie Parker, Fuxan os ventos, Milladoiro e por riba de todos eles pola insistencia, The Police.
2.- Neverending Story, Limahl. El pode ter pasado sen moita trascendencia por este planeta pero é a voz e o rostro do tema para a Historia Interminable, de Ende. Para min, unha das mellores obras da literatura, comparable a enxeñosos fidalgos a magdalenas proustianas e castelos de K se habemos de nos poñer estupendirmos citando clásicos. A canción non revolucionou a historia da música pero si as almas de centos de nenos que saíron do cine Coruña crendo cegamente na Emperatriz Infantil. Oitenteira a máis non poder e cunha letra entre new-age e au pied de la lettre da novela.
3.- A Bruxa, Milladoiro. A día de hoxe escoito ao azar unha peza de Milladoiro e regreso a unha aldea que nunca tiven, ao momento íntimo -a carón dunha cociña bilbaína- no que a miña tía prohibíalles ás miñas curmás maiores asistir ao Festival Celta.  Aí vou, directa ao renxer do faiado dunha casa enorme na que durmía na mesma cama coa miña nai e a unha casa diminuta, de ananiños, case un alpendre onde vivira a miña bisavoa Dorotea soa a meirande parte da súa vida. Onde paríu a un avó que axiña emigrou  á Habana  e regresou e… En fin. Todo iso.  Ao longo deses anos, a zanfona d‘A Bruxa consentíu en evocarme toda esa bruma que me sempre me abrumaba.
4.- Bring on the night, Police. En  realidade, absolutamente todo Police, que era a banda fetiche da adolescencia do meu irmán, equivalente á miña nenez. Déronme a escoitar hai pouco esta versión de Gustavo Cerati que me parece soberbia. A súa voz é… É.
5.- 21st. century schizoid man, King Crimson. Con 8 anos non comprendía moito ese tema pero iso non impedía que me enchera dunha especie de terror after-the-bomb ao que acabei por tomarlle gusto.
6.- What a feeling, Irene Cara, Flashdance. Vin esa peli cunha curmá e a súa nai. A miña tía comentoulle logo á miña nai: Moi para nenas a verdade que non era. De golpe, fíxenme maior. Pasei varias metamorfoses posteriores [de crisálida a avelaíña, de discofun a punkie, de nena a muller] bailando un chisco o tema principal perante ese espello no que toda nena se fabrica unha falsa unicidade, esa primeira maquillaxe de postureos e bailes que é un espello. Un bo día, sepultei o casette. Agora exerce de  fósil que, nas arqueoloxías das limpezas ou das mudanzas, obra o poder de me retrotraer a outras eras xeolóxicas.
7.- Banda sonora de Ulises 31. Tan juxtapoz que era esa serie, tan futurismo de clásico revisited: argonautas con extraterrestres, deuses gregos noutros planetas, robots mascota… Quienquiera que se atreva a desafiar el poder de los dioses merece ser castigado. Desde ahora errarás por mundos desconocidos… Ulises, el camino hacia la Tierra se ha borrado de mis memorias… Encantábame [sobre todo Thais]  e a súa  intro é unha inxección de posibilidades aventureiras, esas que todo neno experimenta cando se deixa levar. Gregos e marcianos, mitoloxía e espadas láser… Todas esas series que lesionaron para sempre os nosos brandos miolos.
8.- Banda sonora de El hombre y la tierra, Antón García Abril. Fago un chamamento ás autoridades musicais para que desalambiquen este endiañado ritmo co que todos vimos unha águia arrebatar un rebeco das abas dos picos de Europa e a Rodríguez de la Fuente abrazar unha anaconda.  Todas as síncopas visuais da natureza encarnaron en dúas síncopas acústicas: a voz de Félix [amigo...] e esta partitura.  Con ela non se pode evitar corriscar cos lobos. Marabillosa.
9.- Con las manos en la masa, Vainica Doble con Sabina. Era a sintonía que sinalaba a fin da programación infantil da tarde malia que unha sempre ficaba a escoitar a letra [unha lista de cousas de comer nas que fulguraba o lacón con grelos, como esas fotos nas que distinguimos a un familiar noso no medio dunha morea de alumnos descoñecidos e severos e dende alí fulgura para nós, o rostro do noso familiar sorrí imperceptiblemente para nós dende os seus anos 50 do século XX].  Alén diso, o tema falaba doutras cociñas, doutros pratos e doutras nais que xa non eran as nosas. As nosas saían a traballar, ás veces xa non tiñan home e facían como podían. Grazas a Vainica Doble lembro que o gazpacho leva allo e pepino, que o morteruelo e o cordon-bleu son cousas de comer e que o pato chinés non pertence á gastronomía castiza. A canción non é que sexa espectacular, pero levanta capilares oitenteiros ao seu paso.
10.-Cosmos, Vangelis. Nesta recta final de bandas sonoras non podía faltar ese pianiño con synth que abría outro programa mítico, quizais un dos máis, conducido por Carl Sagan. Reunir a unha familia de clase media-baixa-que-foi-alta de 3 membros (adulta, adolescente e nena- e gato) nunha provincia dun recuncho do mar arredor do calendario cósmico, a biblioteca de Alexandría, Andrómeda e Eratóstenes, lost somewhere between inmensity and eternity… coido que foi o milagre máis grande que a televisión fixo algunha vez por min.
mapa de gato
Díxomedíxome: disque en internet [aka google] hai máis procuras de gatos que de cans.
Lóxico, dende certa perspectiva: un internauta aseméllase máis a un gato que a un can, vive máis a cama que o campo, tende máis a esfinxe que a amasillo de pelo en movemento con filete de lingua colgando, desconfía máis que confía, minte máis que confesa…
Un gato. Un gato só é unha pose con bigotes.
gatismo
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/tP-reW1eLYE&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/tP-reW1eLYE&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Que á tecnoloxía lle lembren que nace dun papel ou dun par de mans acendendo unha lumieira, emociónalle. É normal. A tecnoloxía ten o seu corazonciño.
É geek, a tecnoloxía. Polo tanto mal gusto sentimental tamén ten. A tecnoloxía.
O seu corazonciño.
Evelien Lohbeck é unha muller nova, holandesa, supoñemos que bonita, da terra do queixo [quitando Arzúa-Friol e o Cebreiro], estudante, enxeñosa e cunha obra accesible só polo de agora en internet. Fíxose coñecida pola súa curta Noteboek, pero ten máis obra seguindo ese ronsel ilusionista.
De Noteboek [Notebook en neerlandés, témome] dise que nela she blurs the line between what is real and what is not [vía Neatorama]. Opino que a cousa vai máis aló. Naturalmente, esa frase é aplicable a moitas obras de arte contemporáneas, dende Antonio López a Ron Mueck. Tamén eles parecen difuminar esa liña entre o que é real e o que non. Lohbeck, alén diso, devólvelle analoxía á tecnoloxía, devólvelle pobreza, materiais simples, bolis bic. A súa procura é outra: non só difuminar a fronteira real-imaxinario senón claramente posicionarse a favor do segundo no primeiro. A tecnoloxía nace da imaxinación, do que pasaría se [a máquina E se...? do profesor Farnsworth en Futurama]. Cunha tecnoloxía moi sofisticada por camuflada, Lohbeck devólvelle a esta un estatuto primixenio: toda industria nace do que fan dúas mans e un cerebro ansioso.
E quen non soñou con ter un caderno do que obter TODO? É tan marypoppins.
Nalgunhas páxinas web confúndena cun home. No viril eido tecnolóxico iso é todo un afago.
Dúas fantasías evelianas máis:
http://www.youtube.com/watch?v=0gs7l1mxduM&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=hquXra6WJA0&feature=channel_page
Graciñas, I.
La Odalisca
A xente que me coñece [define coñecer] sabe que, ademais da odalisca dos botes de pementón e que me rañen no lombo, unha das cousas que máis me prestan é conducir de noite pola autoestrada. Hai algo nas autoestradas. Algo hipnótico nas autoestradas. Algo orbital na autoestradas. E algo argumental nas autoestradas. Un fío intermitente.  É doado reflexionar nelas e, logo dun pedazo, chegar á conclusión de que ese pensamento é a hostia.
Baixar do coche e volver a pór os pes na terra e non no acelerador, polo xeral revelan a natureza ruín de tanta xenialidade de autopista.
Consigno o especial interese que reveste para min o traxecto Santiago-Coruña cunha lene, non moita, brétema.
Unha ve auroras boreais na autoestrada, unha vese nacer e morrer na autoestrada, a unha emérxenlle todas as localizacións de Valle-Inclán na autoestrada, unha canta a berros na autoestrada. Cando é así, unha, como non, paga con gusto na autoestrada.
Enfío mentalmente as seguintes mensaxes moi privadas:
1.- Celsiño F. Sanmartín, canto ben nos fas e que bo que existas e como é posible que ninguén che rexistre todas esas historias, esas andrómenas que levas dentro, nun audiobook e as publique pero xa
2.- Luísa. Cantísimas veces me lembro de ti. Santiago-Coruña. Vou rematando ou iniciando conversas. Vou falando soa, que é unha forma primixenia de literatura oral. A autoestrada tende un fío intermitente no asfalto. Regresar é ilo apañando. Regresar é levar un minotauro embestido nas tempas. Regresar tamén é evocar outros regresos. Por aquel. Entón.
o resto conducímolo de noite
BSO: non sei nin para que o digo. Naturalmente, PJ Harvey
by Joel-Peter Witkin, Night in a Small Town
…todo canto non sexa monstroso énos raro.
Consulto a Guía do Ceo que collín na Casa das Ciencias a última vez que fun ao Planetario e o planeta protagonista deste mes segue a ser Saturno. No ceo. Rozando a eclíptica.
Consulto Psicoloxía da cor, o libro de Eva Heller que metaboliza os alimentos comigo en min nestes días, e vexo que Saturno é o planeta negro, o planeta do tempo, un dos meus preferidos na suite de Holst, o planeta tamén da melancolía que rexe os meses invernais do hemisferio norte e, polo tanto, o signo zodiacal de Capricornio e antigamente tamén Acuario.
[Hai uns días fun facer un contacontos soa a Muros. Por forza, pasei por alí. No coche. Unha das paraxes que prefiro, o alto despois de As Paxareiras, poboado de aeroxeneradores mudos e levemente ameazantes, coma todo xigante de ferro. Ía escoitando a radio. O Saturno de Holst comezou a soar xusto cando me achegaba ao outeiro. Diminuín logo a velocidade a 30. Eran as 3 da tarde. Un mediodía radiante. Todos os aeroxeneradores-obedientes-servos-de -Eolo traballaban a treu, brancos e puros coma vestais. Todos agás un. Sempre hai algún que non move as aspas e a súa quietude semella unha sabotaxe. Gústame cando o mundo me proporciona unha experiencia contradictoria á banda sonora que me acompaña. A música era abismal. Escura. Carbónica. Un mediodía radiante no alto dun monte marabilloso tamén o é. Ou, polo menos, tamén encerra ese abismo. Coido que os contos de Raymond Carver ou John Cheever ou mesmo Clarice Lispector baseánse nese mesmo principio.]
Rematando de ler Os aneis de Saturno de Sebald constato a lucidez da súa saturnidade que, no subtexto, deléitase coa nobre decrepitude, con todo aquilo que devora aos seus fillos pero pode medirse coa pancada dun home que camiña a pe.
A pe baixo estrelas.
Estamos a medio devorar. Entre terra e ceo. Será por iso que fillos de Saturno aquí somos todos e este mes tamén é o seu mes no ceo do hemisferio norte, sección Europa sur, leira noroeste. Rozando a eclíptica segundo a Guía do Ceo. A Guía do Ceo, na miña mesiña de noite.
Joe Kittinger
Fósil de amonita iridiscente do Mesozoico subhastada en Christie's
Cando se ten tos, fálase menos e pénsase máis. Bueno, a ecuación non ten por que ser así si e sempre. Pode devir en que, simplemente, se fale menos.
Estes días, como xa escupín no post previo, tuso. Tuso e, moi de cando en vez, penso. Os pensamentos. Cometas de periodicidade difusa, anárquica. Vacilona. Cando volverán nos visitar? Nin se sabe.
Deixámoslles as portas abertas e unha bica de Trives na cociña do cranio, pero nin se sabe.
E cof cof.
Tuso e vencello a tos coa melancolía. Non sei se son meláncolica por tusir ou tuso por melancolía. A melancolía é bile negra. Tusir é tratar de botar bile negra pola boca.
Dior mío, serei flemática in fact? Lástima que o noso sistema sanitario sexa medieval pero os coñecementos dos seus profesionais non! Devezo por que se me aclaren os humores.
Hoxe latriquei cun vello coñecido na facultade de Socioloxía. Os dous fomos alumnos, el agora é profesor. Falamos de gustos literarios porque lle levei un libro. A el gústanlle a novela histórica e o ensaio científico. Emprestoume un. Ensaio científico. Logo de biblioteca, libros marabillosos emprestados sine die, café, té verde e buscar á súa filla Lola, despedímonos. Cando despides de alguén sempre quedas coa conversa que conformastes a base de bafaradas como un halo a envolver a túa cabeza. Un halo quente. Por que nos gusta o que nos gusta? Hai dous días faleilles entre cofscofs aos meus alumnos da sonada distinción de Bourdieu. Aí, nese contexto, parecía tan claro: os gustos son niveis culturais e o que moven e tecen é capital cultural. Simbolismos intelectualoides.
Pensaba cando regresaba a casa no 6A: por que me gustan a min os neanderthais, a vertixe do cosmos e os autómatas? Que fan todos no mesmo saco, xunto coa lingüística, os trampantollos ou a historia do cero?
A miña conclusión é que, quizais por ser humanista e un chisco misántropa [palabro? Miss Átropos sería eu, de ser Parca. Cortar fíos...], o que me atrae naturalmente é toda aquela disciplina que pón ao ser humano e á súa suposta humanidade contra as cordas. Distanciarme do humano é balsámico. Iso teñen en común a astrofísica e a paleoantropoloxía e a robótica: ollar para nós dende outra galaxia, outra especie de homínido ou unha criatura mecánica revélase xa non só unha posible aprendizaxe senón, e por riba de todo, un alivio.
Un alivio para o eu.
Un alivio tamén para o nós.
Pero de cando en vez, regreso. Deixádeme luz prendida.
O domingo pasado na parte superior do pub La Cigale, no barrio de Gràcia, coñecín en vivo a unha desas persoas que só coñecía través da máquina. Agustín Calvo Galán. Fixo un amenísimo e dúas veces bo recital dos seus textos. El é o argallador do blog das Afinidades Electivas. Tendes o seu blog de poesía visual por aquí.
Foi el -fillo de turolense e ourensana que emigrou a Barcelona cando o seu pai negoulle uns zapatos- quen me falou de Segundo de Chomón. Turolense.
No tubo atopei algo de Segundo de Chomón. De 1907. Non sei se por sorte ou por desgraza, coloreado.
Un ilusionista de primeira, don Segundo.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/psfXBHv27vY&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/psfXBHv27vY&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Lembroume a aquel outro vídeo que circulara por internet hai un tempo. Claro que o segundo vídeo si é de xaponeses auténticos. Claro que a música do segundo [vídeo] non ten nada que facer comparada coa do vídeo de don Segundo. [Achtung: cota de xogos de palabras cuberta por hoxe].
Craváronme uns dardos polas costas. Dous. Un e dous. Agora hei facer eu o mesmo.
Penso. Non me saen 3 dardos. Sáenme máis de 3. Pero debo cinxirme a 3. As regras escrupulosamente  din 3 dardos. Non 2 nin 8. 3. As regras tamén din, escrupulosamente, que debo pendurar a foto dos dardos nesta entrada. Pero a min esa foto non me gusta. Non me gusta. Gústame a idea dos dardos pero non a foto que teño que pendurar. Gústame a idea, pero non a totalidade da idea, non todo o ritual que comporta. Naturalmente, teño dardos para dar. Teño dardos para dar e tomar. Visito varios blogs con asiduidade, gústanme moito, admíroos, róubolles cousas, plantéxome [aberración castrapa] ser eles e escribilos eu por un momento. Zelig.
Pero esa foto dos dardos…non me convence. Préstame a idea dos dardos, mesmo me afaga mirarme agora no espello, no espello de esguello, para me ver as costas e albiscar esas dúas marquiñas diminutas, unha en cada omoplata, dos dous dardos que me lanzaron. Íspome, miro no espello da miña habitación que ten unha máscara de gato dun antroido pasado, doume a volta e xiro o pescozo para me ver o lombo. Sempre me gustou o meu lombo porque é de nadadora, anormalmente ancho. Sempre nadei ben. Imaxinaba devanceiras miñas, nadando e nadando ata conformar ese lombo que me foi tocar a min nesta vida. Un lombo que me fai crer que son forte, resistente. Un lombo de nadadora, de serea olímpica, de leviathan. E aí están, aí as vexo: as dúas marquiñas dos dardos.
Que afortunada que son.
E agora eu debo lanzar os meus dardos. Tras todo este preámbulo estaredes en ascuas. Foi unha trampa. Tróuxenvos ata aquí para lésedes o do meu lombo e pouco máis. A próxima vez que me vexades e eu me dea a volta ollaredes o meu lombo mitolóxico, lombo de atlante, e falaredes del ás miñas costas. E diredes, aí están, os buraquiños dos dardos, daí podemos enganchar unhas poleas e rubir ao universo, daí partirían unhas ás ou unhas escaleiras, por aí poderiamos meter un dedo e chegar ao seu interior visguento e marrón, foron dardos ben útiles, estes.
Os dardos. Vou lanzar 3 dardos.
Blog de Pablo Gallo: por relacionar incestuosamente literatura e debuxo ata o punto de non distinguir cal é qué.
Ovnis e Isoglossas: por desafiar, artefactar, colar, pegar, pendurar [se], convidar, inventar, múltiples personalidades adoptar, ovniar e isoglossar.
Lándoas: por semiotizar, dramatizar, matizar, isomerizar, polimerizar, polemizar, danzar, avanzar, lanzar.
E lanzaría, se non fose xoves e chovese, dardos diferentes porque aquí do que se trata é de linkar, non? pois linkemos como é debido: se fose venres e nevase cravaríallelos con certeza a esa especie de colega mental que non coñezo persoalmente e vive d’O outro lado do espello, a Calidonia e á mamaíña casatlántica. Se fose sábado e ventease lanzaríallelos sen pestanexar a Hotel junto a la vía, Agua del tiempo [que non é exactamente un blog, senón un híbrido haikublog] e Perdiendo mi eje [un clásico que admiro de sempre]; o domingo anubado: daquela fico na cama matinando en medusas, en peixes dardo de lume. Pero axiña volve ser luns con sarabia: francotiro entón a O Cartafol de silencios, O levantador de minas e Fíos invisibles. Se fose martes e tivese caído un meteorito probaría puntería en Das orixes de marzo, Incomunidade [ese blog orxiástico do ximnástico A. A. Miranda], A Regueifa Plataforma;  de ter sido mércores cun arco da vella ensartaría a Cristinha, Roi Buligán e a marabillosa Luna Miguel…
E quédanme os Farrapos de Gaita, quédame o Lector Mal-herido, quédanme Beliscos pequenos, Ternura porno, MariBolheras precárias, Hikikomori, O blog dos pelachos, O porto dos escravos, a revelación  de Lidia Bao… e moitos outros. Moitos outros.
The flame and the arrow, 1950
Isto vai diso. De desparramarse en blogs. Por que so 3? Por que ese texto tediosamente cursi dos valores éticos e nonseiqué? Por que esa horrible foto?
Prefiro a de Dardo Lancaster nesa película que vin 300 veces, xunto có Temible Burlón.
Isto ía de linkar.
Linkemos.
Asaeteémonos.
Sansebastianémonos.
Ven? Gústame a idea dos dardos, pero non a totalidade da idea. Salteime algunha norma, unha desas normas escrupulosas dos memes que a min me encantaría poder seguir. Pero non son quen. Non pendurei a foto do premio, nin o copicola do texto explicativo. Non me puiden cinxir a 3 dardos só porque hoxe é xoves. E chove. Gústame a idea pero non a totalidade da idea.
Comprenden por que non podo ser política?
de Pierre et Gilles
Folerpas que Wilson Bentley fotografou hai 100 anos
Por fin atopei de novo esta música. Por fin bucanereina. Por fin segundos prodixiosos.
Existen melodías que levamos incrustadas no código xenético e pasan anos ata que volvemos dar con elas. Cando iso acontece, cando iso acontece, cando iso acontece a pel dásenos a volta, nos nosos miolos, na súa noite perfecta e cranial, un vieiro ramifica e fosforece e por el viaxa un pelegrino diminuto: todo aquilo que fomos.
Non. Todo aquilo que crimos ser. Todo aquilo que cremos ter sido.
[A historia do Tenente Kizhé ou Kijé, segundo normas de transliteración do ruso, lémbrame ao cosmonauta pantasma de Joan Fontcuberta. Un día hei falar deles, dos dous. Prokofiev sentouse a compór esa partitura aproximadamente en 1933, se cadra no inverno, para a película homónima rusa de 1934]
Dúas das películas de animación dos últimos anos [se exceptuamos a marabillosísima A Princesa Mononoke e Wall-E] que considero máis redondiñas en canto a síntese entre argumento e realización técnica veñen de máisoumenos Francia e tocan o tema Oriente-Occidente, integración e desintegración: Persépolis [2007], da debuxante iraní Marjane Satrapi [obvia descendente de sátrapas persas?] e Azur e Asmar [2006] , de Michel Ocelot.
[Isto non é un blog de cine nin eu permítome  ese luxo de actuar/performar como crítica de cine, mesmo que sexa no meu blog e moita xente que busque esas películas en google vaia caer desafortunadamente aquí. Velaquí  derramo, desparramo mellor, simples reflexións sen rigor, sen vimbios de crítica, por mero coñecemento de causa. Falo de películas que vin hai un tempo e que foron estreadas hai moitos meses xa. Só quero lembrarme a min mesma canto nos anima a animación]
Fotograma de Persépolis
A primeira das películas é a autobiografía dunha nena e posterior adolescente no Irán dos anos 70/80 que emerxe a duras penas do fundamentalismo. Coñecín Persépolis primeiro polo cómic. E, malia admirar a sinxeleza do debuxo e a historia desa rapaza, ás veces cun punto Mafalda, non podía deixar de sentir unha punzada de triste curiosidade ao comprobar que a súa única opción de rebeldía consistía en mercar discos punks británicos e vir a estudar é vella Europa. É dicir, dalgún xeito, desiranizarse. Por suposto, a situación dunha chamémoslle intelligentsia baixo un réxime dictatorial ha ser penosa e humillante. A familia de Satrapi é culta, intelectual, antiga. Mais comprendo que a occidentalización como medida única para paliar os seus problemas políticos e sociais internos ha resultar alporizante para o Oriente.
Coido que nese bambán divírtese boa parte da xeopolítica actual. Intervir para introducir papanoeis en Damasco ou Teherán? A perspectiva resulta reducionista, polarizada.
fotograma de Azur e Asmar
Azur e Asmar é un conto de fadas oriente-occidente tratado como unha delicia visual. Con certeza moitos criticarían o seu cheiro a politicamente correcto, o tema da integración do inmigrante, o do oriente fabuloso. Con todo, está tratado dun xeito tan elegante e pouco maniqueo que en ningún momento decae cara o almibrado boísmos-malísmos marca das casas Disney ou Dreamworks. Sen o movemento hiperperfecto do cine 3D estadounidense actual  [a ese respecto é moi elocuente un libro de Lev Mánovich,  El lenguaje de los nuevos medios de comunicación no que explica o paradoxo técnico das imaxes 3D que chegan a ser máis perfectas ca realidade, de modo que os propios deseñadores optan por verosimilizalas, invento palabro, estropeándoas un chisco], esta película desprega uns decorados, un delirium tremens cromático e unha sensación de figuras planas e xeométricas con reminiscencias a teatro de sombras, que me devolveu a sensación dunha maxia perdida. Persiste certa maxia no mundo plano. Azur e Asmar tívome algo de Escher, as criaturas son máis mecánicas que humanas, a súa beleza é glacial, como debe, aparecen artiluxios, observatorios, patios de palacios árabes, adiviñas, fadas, trampas, animais prodixiosos… Todo en función dos dous eixos temáticos para min principais: a fantasía e a simetría. A fantasía goberna aos personaxes. A simetría goberna o argumento e a plasticidade visual.
Dalgún modo, Azur e Asmar fala das contradiccións, dos enfrontamentos e, derivados deles, dos paradoxos. Do inesperado. O título copulativo [Azur e Asmar] pode conducir a erro: vendo a película, Azur contra Asmar tamén resultaría crible durante os primeiros 40 ou 50 minutos de film. O cal  convídanos a reflexionar sobre a condición de estranxeiro e de estraño: os dous personaxes principais son estranxeiros, primeiro un e logo outro. E os dous tiran adiante como tales.
Unha das escenas preferidas: cando Azur toma unha brebaxe que lle concede o don de comprender aos animais, non acontece que os espectadores escoitemos falar en castelán ao león, como agardamos, senón que o que escoitamos é ruxir a Azur na lingua dos leóns. E el quen se adapta a esa lingua, quen concede, como humano, falar a lingua das bestas, e non do revés. Dun xeito análogo, nas partes do film que transcorren nalgún país do Magreb, a lingua é a orixinal e non se subtitula. Escoitamos falar [supoño que alxeriano, non o identifico con exactitude] longos parlamentos noutro idioma e comprendemos ou intuimos o que se di.
Os debuxos animados. Ese curioso fenómeno dunha sociedade neoténica que necesita criaturas falsas, animadas con alma artificial, unha prótese que xustifica a nosa determinación biolóxica de non rematar de medrar nunca.
De ser algo, serei a redución a este texto.
Non me queixo. Moita xente non é máis ca unhas mans a enguedellar cestas ou un lombo que sobe e baixa minas. Moita xente é un discurso esquecido, si. Pero moita outra é un discurso atravesado na garganta antes de emerxer. A fin de contas, unha lápida tamén é a redución a un texto.
Os libros de memorias. Os testamentos. As letras de cancións. Ata as leis e por suposto as constitucións son reducións do saber/deber dun pobo.
Son reducións a textos.
Claro que en ocasións non se pode falar con propiedade de reducións. Hai textos que magnifican aos seu autores. Fannos medrar, coma fungos de Alicia. Era veradeiramente Stendhal tan? Cervantes? Shakespeare? Valle-Inclán? Murasaki? Tan?
Debes sopesar amodo antes de poñerte a empuñar letras e ideas, antes de poñerte a facer voar conceptos pola bóveda do teu cranio, debes elixir que texto queres ser. A que texto queres verte reducido. A que palabra [Scheherezade, gruta, cosmonáutica]. A que título. A que subxénero. Estilo. Nivel semiótico. Coordenada socioliteraria. Parámetro sexual.
Mais se de verdade o que che importa é escribir, nada diso fará que te deteñas nin un par de minutos.
Debes conceder que o teu texto deveña máis humano, máis luminoso. Ca ti.
Ti non es máis que moitos demais.
Ti non es máis que moitas ou poucas letras.
Ti non es máis nin menos.
A editorial DVD pedíume que colaborase na súa páxina web cunhas antifelicitacións navideñas que irán pendurando ao longo dos vindeiros días celebraticios.
Non son moi de Christmas carols malia, por levar a contra, estas festas non me disgustan: gústanme a neve, o inverno, os beléns, as luces, as estrelas de Oriente, os mazapáns e o ouropel das árbores. Desprezo os papanoeis polo parecido fonético á palabra papanatas. Gústanme os agasallos pequenos. Cos grandes non sei que facer. Recoñezo que pasado o día 31 estas ferias volven insoportablemente decadentes, se cadra porque levan xa máis dun mes en apoxeo, e non hai nada -nada- que saia indemne dun apoxeo.
Divírteme ver a xente estúpida e malvada facéndose a boa. A caritativa.
E gústame verme nos ollos de Y tocando unha pandeireta de plástico verde dos meus 3 anos, dentro dun tempo seus.
Á web da editorial DVD mandei este texto, traducido ao castelán:
Neve sobre cacharelas de San Xoán. Muérdago contra a sida na lapela. Disfraz de camelo real. Baltasar nadando a braza na praia das Catedrais, 30º. Papa Noel de penitente en via crucis, con látego de sete colas. Astenia primaveral en Belén. Olentzero e mailo Apalpador brindando con cava. Uvas do val do Jerte. Peliqueiros de Laza azoutando con grilandas. Virxe alérxica ao pole. Herodes de magosto en Ourense. Caganet sorprendido en medio do Walpurgis. Melchor na tomatina. Gaspar na Oktoberfest. Anxiños con cabeza de cabaza. Ouro, incenso, un libro e unha rosa. Xesusiño no globo de Betanzos. Mula declarándose a Boi por San Valentín.
Festas. Festas. Festas. Sempre e cando e como un as queira.
Naviz Felidal.
do leandro lamas
Se o noso coleccionismo fotográfico entra dentro da categoría dunha hybris, dun desafío arrogante á memoria cósmica, daquela xa sei cal é a súa peor némese: que un mesmo -e non un incendio, un tsunami, unha deusa ciumenta ou unha parella furiosa- se encargue da desaparición de moitos dos seus enxendros. É dicir, fotos. E que non se decate do feito ata pasadas varias semanas.
Poñamos: hai 5 anos adquires unha Polaroid 1200i. Durante os 3 anos seguintes dedícaste a rexistrar instantáneas con ela. Con mimo, gárdaas todas -unhas 200-  nunha lata co debuxo do emperador e o reiseñor de Andersen na tapa. Para que conto ese detalle? Euquesei. Andersen é o mago da tristeza. Un emperador e un reiseñor mecánico compoñen unha figura outonal, de coleccionista, de coleccionista fotográfico.
Pouco tempo despois, a casa Polaroid anuncia que deixa de comercializar non só cámaras senón tamén cartuchos.
[Polaroid era un laboratorio pendurante, pero non un laboratorio químico, senón máis ben o de Paracelso. Polaroid era tamén un artiluxio maternal que paría fotos, abríase e lanzaba fillos de prodixiosa maravilla que ían cobrando forma na túa man ata volverse imaxes de calidade pésima, durabilidade finita e destinadas ao fervor]
Unha tarde de outono, durante unha limpeza, por erro botas no lixo unha bolsa coa lata de Andersen dentro.
Dous meses despois,  unha mañá de decembro tras días de procura, decatas. Afundes nunha moderada desesperación, unha desesperación hemisferionorte, xa que alomenos escanearas algunha das fotos. Iso si: o encanto da polaroid, o encanto de desaparecer pouco a pouco, de amarelear, de botar un líquido por un ladiño porque se axitou mal… ese charme táctil e alquímico perdeuse para sempre. Con todo, un despiste tal, como drama, fica dentro dos estreitos límites da sociedade occidental.
Acoutando máis, eu diría que fica dentro dos estreitos límites do teu entorno inmediato. E máis aínda: eu diría que fica dentro dos estreitísimos límites da túa vida privada. Unha vida privada non é unha alma.
Daquela, o feito en si carece de trascendencia metafísica.
Xusto o que máis fode.
Nesta imaxe do 2004 ou 2005: María Lado, Lucía Aldao, eu
polaroid deteriorada e perdida para sempre
Natalie Shau
Clarice Lispector.
Ucraína e brasileira.
Unha especie de oxímoron andante, escribinte, silandeiro. Arelante. Os textos de Clarice teñen algo de aparición no alto das escaleiras. Sobrecollen un pouquiño. Ás veces.
Este é un dos contos que máis tardei en esquecer escrito por ela. De feito, polo de agora non logrei esquecelo nunca. Iso é moito para un conto.
O PRIMEIRO BEIJO
Os dois mais murmuravam que conversavam: havia pouco iniciara-se o namoro e ambos andavam tontos, era o amor. Amor com o que vem junto: ciúme.
- Está bem, acredito que sou a sua primeira namorada, fico feliz com isso. Mas me diga a verdade, só a verdade: você nunca beijou uma mulher antes de me beijar?
Ele foi simples:
- Sim, já beijei antes uma mulher.
- Quem era ela? perguntou com dor.
Ele tentou contar toscamente, não sabia como dizer.
O ônibus da excursão subia lentamente a serra. Ele, um dos garotos no meio da garotada em algazarra, deixava a brisa fresca bater-lhe no rosto e entrar-lhe pelos cabelos com dedos longos, finos e sem peso como os de uma mãe. Ficar às vezes quieto, sem quase pensar, e apenas sentir – era tão bom. A concentração no sentir era difícil no meio da balbúrdia dos companheiros.
E mesmo a sede começara: brincar com a turma, falar bem alto, mais alto que o barulho do motor, rir, gritar, pensar, sentir, puxa vida! como deixava a garganta seca.
E nem sombra de água. O jeito era juntar saliva, e foi o que fez. Depois de reunida na boca ardente engulia-a lentamente, outra vez e mais outra. Era morna, porém, a saliva, e não tirava a sede. Uma sede enorme maior do que ele próprio, que lhe tomava agora o corpo todo.
A brisa fina, antes tão boa, agora ao sol do meio dia tornara-se quente e árida e ao penetrar pelo nariz secava ainda mais a pouca saliva que pacientemente juntava.
E se fechasse as narinas e respirasse um pouco menos daquele vento de deserto? Tentou por instantes mas logo sufocava. O jeito era mesmo esperar, esperar. Talvez minutos apenas, enquanto sua sede era de anos.
Não sabia como e por que mas agora se sentia mais perto da água, pressentia-a mais próxima, e seus olhos saltavam para fora da janela procurando a estrada, penetrando entre os arbustos, espreitando, farejando.
O instinto animal dentro dele não errara: na curva inesperada da estrada, entre arbustos estava… o chafariz de onde brotava num filete a água sonhada.
O ônibus parou, todos estavam com sede mas ele conseguiu ser o primeiro a chegar ao chafariz de pedra, antes de todos.
De olhos fechados entreabriu os lábios e colou-os ferozmente ao orifício de onde jorrava a água. O primeiro gole fresco desceu, escorrendo pelo peito até a barriga.
Era a vida voltando, e com esta encharcou todo o seu interior arenoso até se saciar. Agora podia abrir os olhos.
Abriu-os e viu bem junto de sua cara dois olhos de estátua fitando-o e viu que era a estátua de uma mulher e que era da boca da mulher que saía a água. Lembrou-se de que realmente ao primeiro gole sentira nos lábios um contato gélido, mais frio do que a água.
E soube então que havia colado sua boca na boca da estátua da mulher de pedra. A vida havia jorrado dessa boca, de uma boca para outra.
Intuitivamente, confuso na sua inocência, sentia intrigado: mas não é de uma mulher que sai o líquido vivificador, o líquido germinador da vida… Olhou a estátua nua.
Ele a havia beijado.
Sofreu um tremor que não se via por fora e que se iniciou bem dentro dele e tomou-lhe o corpo todo estourando pelo rosto em brasa viva.
Deu um passo para trás ou para frente, nem sabia mais o que fazia. Perturbado, atônito, percebeu que uma parte de seu corpo, sempre antes relaxada, estava agora com uma tensão agressiva, e isso nunca lhe tinha acontecido.
Estava de pé, docemente agressivo, sozinho no meio dos outros, de coração batendo fundo, espaçado, sentindo o mundo se transformar. A vida era inteiramente nova, era outra, descoberta com sobressalto. Perplexo, num equilíbrio frágil.
Até que, vinda da profundeza de seu ser, jorrou de uma fonte oculta nele a verdade. Que logo o encheu de susto e logo também de um orgulho antes jamais sentido: ele…
Ele se tornara homem.
Clarice Lispector en “Felicidade Clandestina”