	<language>en</language>
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata finais do presente mes de marzo a exposición de fotoxornalismo “Galicia en foco” que chega este ano a súa 19ª edición.
A exposición está organizada polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Tui. Esta exposición anual naceu en Ferrol en 1989 para a divulgación do traballo dos profesionais do fotoperiodismo galego, reivindicando o traballo dos fotógrafos de prensa. Este certamen ven avalado pola numerosa participación de reporteiros que cada ano se presentan á sua convocatoria.
<!--more-->As fotografías seleccionadas para a mostra, realizadas por veteranos e novos fotógrafos galegos, publicáronse ao longo de 2008 nos diferentes medios de comunicación con representación na Comunidade. Compoñen a mostra un total de 91 fotografías, obra de preto de 43 fotorreporteiros, que recollen diferentes momentos políticos, sociais e culturais do ano. A fotografía premiada neste «Galicia en foco» é obra de José Luiz Oubiña e foi publicada o 28 de xullo de 2008 no dirario Faro de Vigo con motivo da celebración da rapa das bestas en San Cibrán (Catoira).
Segundo destaca desde o organizador do certame dende o ano 1989, o Club de Prensa de Ferrol, a mostra deste ano «ábrese a novas lecturas da imaxe como é a fotorreportaxe, mantendo o discurso tradicional e de raíz do fotoxornalismo». Entre os fotorreporteiros que participan na exposición figuran habituais da prensa diaria como Iñaki Abella e Javier Lalín (Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña); Pedro Eliseo Agrelo e Xosé Marra (El País); Xoan A. Soler, Álvaro Ballesteros e Juan Marcos Míguez (La Voz de Galicia); Carlos Carballeira (Diario de Ferrol), Vanessa Casteleiro Martínez (La Opinión de A Coruña), Kiko Delgado (El Correo Gallego-Galicia Hoxe), Eva María Domínguez (La Región), Mónica Ferreirós e Carlos Folgoso (Diario de Arousa); Moncho Fuentes (20 Minutos), Miguel Muñiz e Óscar Corral (ABC), entre outros.
Para o concelleiro de cultura tudense esta exposición amplia a oferta de propostas que ao longo do ano acolle a Sala Municipal de Exposicións combinando a presenza de diversas técnicas artísticas, de diversos formatos e modalidades. Moisés Rodríguez Pérez salienta o esforzo que realoza a Concellería de Cultura tudense pola dinamización deste espazo expositivo do Edificio Área Panorámica que, estes días acolle tamén a exposición dos traballos presentados ao concurso para a elección do cartel das festas de San Telmo 2009.