BASE DE DATOS: OBSESIÓNS
Obsesióname o futuro.
Cantos escritores hai lendo isto
sen saber que algo lles influirei
ao seu pesar
con todo.
Obsesióname que el se atope ben.
Que as rochas do espazo exhíbanse indiferentes
que non todo nelas sexa significativo
ese alivio cósmico
obsesióname.
Obsesióname escribir extraordinariamente
o que sei que podería escribir de puta pena.
Obsesióname que pasou con Lucy
a australopitheco
e as tres pegadas de Laetoli. Cara a onde. E. Por que.
Saír á rúa a cruzarme cun mozo
máis novo ca min que mirará nos meus ollos
e a eles, como un ácido, arrebolará a súa vida.
Obsesióname non vivir en guerra
e que ninguén ameace con me voar as ideas.
Agradézoo pero
é sospeitosa tanta paz.
A palabra país non me obsesionaba malia que
todo na natureza indica que ha obsesionarme.
As árbores míranme interrogantes agardan nomes
que eu non sei darlles, eu non, senón Dorotea, a bisavoa
que xamais deixou de estar soa
na
súa
ca
ri
cola.
Imaxinábase a si mesma a miña bisavoa
como unha gran ammonites a miña bisavoa, seguramente
tampouco ela contaba con nome para iso.
Unha muller obsesionada coa súa propia natureza
furiosa de leira ferida.
Logo de dúas xeracións, velaquí que na pequena cidade obsesióname gañar unha miseria
e que non me obsesione gañar moitos máis cartos.
Debería arelar o poder e o diñeiro. Debería porque.
O prestixio. O Nobel.
No fondo
sempre me entristecen eses os meus certos
indicios de xenialidade.
Como todo o mundo sinto que ás veces abro os ollos
e un láser arrasa o mundo que coñezo.
A lucidez, fina como é coma un bisturí,
non cabería polo ollo da agulla con que a razón cósenos
a cada milimétrica punta de emoción.
Obsesiónanme -en certas posturas- a caverna de Platón,
a cana de Pascal, a almofada de Shonagon,
o selo do anel de Spinoza, o brazo perdido de Valle e as súas barbas
e as de Tolstoi e as de Whitman, similares en caos e alegría.
O maldito maletín negro de Benjamin
e a calidade das pedras nos petos da Woolf.
Tesla e Buckminster man a man, o raio mortal na nave espacial Terra.
Os dous nacidos no meu mes.
Eclipsados os dous no seu momento
para poder relambernos con gusto as súas feridas no noso.
O lugar de Taramancos, obsesióname
se existe un pulmón alí enterrado.
As erres arrastradas de Lispector e as de Cortázar, e que todo iso engurre
coma un papel nas mans dun monstro.
Ramón Llul, obsesióname.
A súa capacidade de darlle a todo, a todo, si.
Eu dáballe a todo e iso deveu nunha
maldición promiscua da que ansío librarme.
O polifacetismo. Non atopo insulto peor.
Só sei isto: escribir.
Sei facelo ben. Fágoo desde nena
en soidade e en penumbra
baixo a manta e a nogueira fágoo
sen pedirlle explicacións aos virus por seren eles
máis inmortais ca ti e ca min
e que este verso que estamos fendendo xuntos,
ti dese o teu lado
e eu deste o meu,
tan riquiños
os dous.
E se isto era un verso, como é que ninguén o lembra?
Nada de mendigar polos xornais unha columna de san simeón á que empolicarme.
Nada de pedir esmolas culturais, nin sorrir nas fotos sei.
Non levo ben os afagos, as críticas peor.
Obsesióname non saber como xestionar un éxito repentino.
Obsesióname que a isto lle chamemos poesía só porque
quixen cortar a frase aí: que hai de truco en todo iso?
Un ilusionismo barato
baratísimo
non che custa nada lerme nin odiarme.
Debería cobrarche.
Os autómatas obsesiónanme e todo
aquilo que nos recorda que somos reproducibles.
O clon do clon do clon
con esa palabra que é case unha onomatopea.
Quen tomaría en serio ao seu clon? E con todo
sería nós, disposto a nos doar o seu páncreas se fixese falla,
as súas dúas aurículas e os seus dous ventrículos:
moito mellor persoa que moitas persoas nativas.
Obsesióname -polas noites que non durmo -
a ciencia na literatura como
unha inxección de abismo no tórax
como unha -como unha-
ecuación onde a emoción despexa e gravita pelada
só os seus ósos baixo o infinito.
Trementes.
Algo tan parecido a ti.
Que me acusen de experimental, obsesióname.
Que non me acusen de experimental.
Serei eu, mestre? Serei eu?
Obsesióname a miña inseguridade
que certifica aos demais que nada fago a dereitas na súa presenza
cando a pantasma da perfección aparéceseme nas súas ausencias
clariño e diáfano como toda aparición a soas.
Obsesiónanme esas entrevistas cheas de parvadas deformadas
pola suposta necesidade da información.
Da necesidade á necidade nun par de séculos.
Que se di pronto.
Ninguén necesita que eu lle explique nada.
As entrevistas non poden suplantar unha obra.
Unha obra non pode suplantar a túa man.
A túa man non pode suplantarte.
Obsesióname o cruceiro ata Creta
que só desexo levar a cabo canda a miña nai
para que saia disto que agora chamamos España
e ollen os homes para ela.
Que eu me encamiñe ao palacio de Cnossos
e ela entreteña tomando o sol toda vestida
cunha cervexa moi cretense e moi fría
de palique cun nativo:
“Todos os cretenses menten. Se eu non o fose, señora,
diría que é vostede belísima”
e a miña nai sorría baixo o sol e a verdade.
Soñeino moito.
Da miña nai
tamén me obsesiona que saiba
que todo o meu traballo é un culto á súa persoa
á súa forza sobrenatural
sen axuda dos homes,
ou a pesar deles,
ao coláxeno natural da súa pel
aos seus arranxos chafalleiros en traxes de chaqueta
á súa beleza imposible cunha pensión como a súa.
Obsesióname a medicación de G. e é por iso
que me obsesionan o cerebro e as súas obsesións.
Un globo redondo que estala
se o premo cun dedo de melancolía.
Eses líquidos raquídeos.
Esa invasión de letargos.
Esa lingua que prende porque
algo na cabeza non anda ben.
Sostén un libro entre as mans e o libro treme.
Iso é o haloperidol.
Iso é ser clase baixa.
Non poder saír dunha frase
que non estaba destinada a nós.
Obsesióname que G. saiba, que saibas, meu irmán meu,
que na miña cabeza sempre tes dezanove
co teu diploma literario, as túas medallas deportivas
e a marca que deixaron no empapelado da nosa vida
sempre dezanove
telos, abrumadoramente.
Obsesióname a obsesión dun neanderthal.
Se algo intuíu sobre o tempo que lle quedaba.
Se acertou a adiviñar que especie torpe faríalle enfociñar.
Obsesióname o cosmos e a súa falta de obsesións.
Debería manifestar algunha histeria, algunha neura.
Un berro no baleiro de cando en vez.
Faríanos sentir moito mellor.
O único obsesivo é
o aire de non ir deixarnos nunca
que teñen as estrelas
a súa cómica duplicidade
o seu talento pouco recoñecido.
Obsesióname pensar que algún día
despecharemos todo iso
e rematará a maxia.
Obsesióname o principio dun poema
como me obsesiona o seu final.
Como me obsesiona o seu final.
Como me obsesiona non repetirme. E como me obsesiona
o palpebrexo dos libros, da propia terra cando se abre
cando se cerra.
E papoute.
Xa tiña saudades dunha lista. Poña unha lista na súa vida. Verá como, ao rematala, semella que algo encaixa en algo e que vostede…
Vostede.
Nadie habrá dejado de observar que con frecuencia… atopamos persoas, escoitamos frases, vivimos situacións que, na nosa natural misantropía, tornan o mundo un chisco máis habitable. Un chisco. Máis. Habitable.
A xente, por razóns de sobra sabidas, é imbécil. En particular pode revestir certo interese. A nivel molecular é apaixonante. Vista dende o universo dános ganas de nos precipitar a apertala. Durmindo, ata o peor asasino en serie presenta quebros respiratorios, apneas delicadísimas, infinitesimais salaios capaces de conmover a Mr. Spock.
Todo o mundo ten un corazón. Algúns, os que se criaron á caloriña dunha pulpeira no baixo da súa casa, desenvolven 3. Coma os polbos. Non é o habitual. O normal é un e graxento.
Ese corazón que a todos acompasa non latexará xamais co mesmo pulso. Acelerou no nacemento, palpitou prácido canda unha nai, case desapareceu naquela grave enfermidade da nenez. É o noso mellor delator cando arelamos que nos trague a terra. Latexa cunha pasmosa facilidade. Apoiamos a nosa parva cabeciña sobre unha almofada e velaí está, tomtom- tomtom, o corazón de María, o corazón terrible de Iván o Terrible, o corazón en pelegrinaxe de Exeria, o corazón autocompracido de Christian Barnard, o de Yuri Gagarin e Fidel Castro e tamén o corazón de [vou dicir unha obviedade séculovinteira] o corazonciño de Hitler Tibbets.
Matinar en tantos corazóns durante a adolescencia perturboume. Sobre todo se me detiña a observar a seres en definitiva idiotas que poboaban a miña aula de bacharelato e non podía -mesmo que quería- deixar de imaxinar o seu, o seu corazón a propulsar sangue estúpido por arterias estúpidas para facer non sei que intercambio de cretino osíxeno nos pulmóns e regar ideas estúpidas en cerebros dignos de non se fosilizar xamais. Na miña indiferenza ou menosprezo cara a eles alampeaba un gramo de curiosidade. Tamén de empatía.
A xente non merece panexíricos. Non. Esta lista non é máis ca unha constelación de momentos nun universo humano francamente escuro. Os humanos son medoñentos, torpes, insulsos, tópicos, demasiados. Só un astronauta pode botar de menos á humanidade, concibida así en xeral.
A lista:
1.- Que neve. Isto é puramente clima mais, como dirían Montesquieu e a miña avoa, clima somos nós. Ou o clima socialízanos. Or something.
2.- Os sucos naturais dunha vella moi revella
3.- A vinganza. Todas as grandes historias son vinganzas. Mesmo a Ulises non lle sae máis que vingarse dos deuses con astucia humana. E Han Solo? E Ben Hur? E Mad Max?
E Proust? Vinganza do Alzheimer.
4.- Escribirlle un mail a alguén que xa morreu e que conteste. Isto aconteceulle a un cibercoñecido meu -que é como dicir a un quensabequenserá-.
Fíxeno tamén eu, hai anos.
Non recibín resposta.
5.- Ler un libro chamado La tentación de existir a medias con outro chamado Trastorno. Malia todo, durmir ben.
6.- Escoitar Beautiful freak, dos Eels
7.- Falar por teléfono con G.
8.-  O signo  ∞
9.- Un libro recibido por correo. O libro vén dedicado. A carteira fai o favor de subirmo ata casa.
10.- Unha cría de mamut conxelada atopada no permafrost de Siberia. Xente interesada nun dente seu, no aire prehistórico aínda aloxado nos pulmóns seus, nas circunstancias minuciosas da súa morte.
12.-  Ver e escoitar algo así
13.- Un neno de dous anos e medio pregúntache se bailas con el
14.- Que alguén escape neste momento
15.- Que alguén morra tranquilamente neste momento
16.- Ma mère l’oye
17.- Alguén a quen non queres saudar finxe non verte tampouco. Un detalle de cósmica sintonía
18.- Ver unha foto de Rimbaud nun suplemento cultural. Unha foto de Rimbaud en África. Escrutar o rostro para ver se algo de. Para ver se. A foto é moi antiga. Non se ve. Ler o artigo, para compensar. Era un pupas, Rimbaud. Sempre laiando. Un cu inquieto, Rimbaud. Un Michael Jackson, Rimbaud.
19.- As devolucións de Facenda
20.- Que de cando en vez haxa quen -dende moi abaixo ou baixo circunstancias atenazantes- o logra
21.- O  disco d’ouro das Voyager
22.- O talento inconsciente
23.- Unha raiola nun ollo
Datos de  desinterese: coma moitos de vós eu tamén espertei un día e morrera Michael Jackson.
Sinto curiosidade polos talentos: interésanme aqueles cos que se sabe que facer e aqueles cos que non se sabe que facer. MJ sabía o que facer co seu, diso non cabe dúbida. O que lle sobraba un pouco era a súa persoa. Era un talento cunha persoa pegada e a persoa, por iso de ser persoa, sufría.
I comentoume onte na cociña que atopaba un paralelismo entre o Truman do Show de Truman e o Rei do Pop: podemos rastrexar toda a súa vida en imaxes e audios, posta a disposición das jaurías esfameadas que conforman un público: dende o seu primeiro ABC ata a súa entrada triunfal no coma sobre unhas angarelas o pasado 25 de xuño.
Persoas moi achegadas a min eran fans deste señor. Tamén eu o fun. Fun fan.
Ou semi.
Neste blog, por exemplo, aparece citado moitas máis veces do que eu esperaba. Non só pola súa música -extraordinaria e moitos máis adxectivos que non se me ocorren-, senón por  iso que fixo consigo mesmo. Ser un exacerbado caso de mutación racial voluntaria. A súa marabillosa voz de castrato. O seu corpo a dislocarse. O mesianismo. As síndromes. A súa sexualidade naïf, todo ese barroquismo sentimentaloide da súa figura. A real estirpe de monstros con corazón dos últimos séculos desembocou nel: dende a Criatura de Frankenstein ata Eduardo Manstesouras pasando polo Xigante Egoísta de Wilde, Dumbo, Pinocho ou o Ieti. É, como xa se ten dito ata a saciedade, unha icona. É dicir, que de humano xa lle restaba pouco.
Non son un animal! Son un home!- reivindicaba o Sarxento Negro da peli. Non me chamedes Wacko Jacko! Non estou tolo! Son un ser humano!- pregou Michael.
Por riba de todo, bailarín e músico. Pero iso parece esquecelo quen porta a música como un agasallo divino.
Que levante algún dos seus tentáculos quen non se conmova con isto. Ou con isto.
E que chore agora medio mundo por el como debería chorar por outros. Eu estou a lamentarme por MiJac todo o que non me lamentei por ti.
by Connie Imboden
Dende a revista dixital Sono-Tone pedíronme unha lista. Os 10 temas da miña vida.
Un pedimento tal que leva a crer que a vida de unha pode ser tan relevante e cinematográfica como para dispór de banda sonora.
Obediente de min, pensei durante varios días os 10 temas, tachei varios, considerei outros. Finalmente parín 10 entre os cales foron inseridos moitos máis. Sibilina que é unha cando se cre sibilina. Pero non foi ata días despois que reparei na falta dalgúns temas, temas do cerebro reptiliano poderiamos dicir, temas que burbullan tan profundos que a bote pronto non agroman, tardan máis, veñen de máis lonxe, de onde a médula espinal se cruza coa órbita de Sedna e cun crocodilo que pasaba por alí.
1.- Ommadawn, part II,  On horseback. Mike Oldfield. Coñecida na miña casa como a canción dos gnomos. Deille a vara a moita xente moito tempo cantaruxándolla logo de tela emborrachado [á xente]: por casualidade, sóache esta canción? A táctica non deu froitos. Eu medraba, afastábame desa canción e desesperaba. Como se chamaba? Sabía que era de Mike Oldfield pero, como atopala na cantidade inxente de melodías dese tipo? Internet, o pirateo e demais fixeron o resto. 20 anos despois atopeina. Por suposto, como debe ser, era moito máis misteriosa e gnómica a que eu escoitaba na nenez. En realidade todo Ommadawn así como o estraño disco Five Miles Out [parte Taurus II] forman parte dunha banda sonora que eu sentín moitas veces a través da porta da habitación do meu irmán cando moi cativa. Unha mañá atopamos roto o cristal da porta do Ford Fiesta marelo. Roubárannos a radio do coche. Con boa parte das cintas, claro. Entre elas Ommadawn, xunto con algunha de Milladoiro, os Calchakis, Silvio Rodríguez, Nino Bravo e máis.
As bandas sonoras a través da porta dunha nenez grávanse no cerebro reptiliano e atópanse por riba [ por baixo] de calquera elaboración que teña que ver cos gustos, as referenzas culturais. Iso xa é neocórtex. A lista das miñas 10 publicada en Sono-Tone, por exemplo. Iso é neocórtex.  En troques, no cerebro reptiliano flotan outros: temas que me sacuden por motivos alleos aos meus gustos musicais dado que se atopan na súa xénese mesma. Nesa mesma onda de música-escoitada-tras-da-porta-do-irmán-maior andarían Yes, Genesis, King Crimson, Jethro Tull, o ska de The Specials, The Cure, Bela Bartok, Os Planetas de Holst, Satie, Stravinsky, Charlie Parker, Fuxan os ventos, Milladoiro e por riba de todos eles pola insistencia, The Police.
2.- Neverending Story, Limahl. El pode ter pasado sen moita trascendencia por este planeta pero é a voz e o rostro do tema para a Historia Interminable, de Ende. Para min, unha das mellores obras da literatura, comparable a enxeñosos fidalgos a magdalenas proustianas e castelos de K se habemos de nos poñer estupendirmos citando clásicos. A canción non revolucionou a historia da música pero si as almas de centos de nenos que saíron do cine Coruña crendo cegamente na Emperatriz Infantil. Oitenteira a máis non poder e cunha letra entre new-age e au pied de la lettre da novela.
3.- A Bruxa, Milladoiro. A día de hoxe escoito ao azar unha peza de Milladoiro e regreso a unha aldea que nunca tiven, ao momento íntimo -a carón dunha cociña bilbaína- no que a miña tía prohibíalles ás miñas curmás maiores asistir ao Festival Celta.  Aí vou, directa ao renxer do faiado dunha casa enorme na que durmía na mesma cama coa miña nai e a unha casa diminuta, de ananiños, case un alpendre onde vivira a miña bisavoa Dorotea soa a meirande parte da súa vida. Onde paríu a un avó que axiña emigrou  á Habana  e regresou e… En fin. Todo iso.  Ao longo deses anos, a zanfona d‘A Bruxa consentíu en evocarme toda esa bruma que me sempre me abrumaba.
4.- Bring on the night, Police. En  realidade, absolutamente todo Police, que era a banda fetiche da adolescencia do meu irmán, equivalente á miña nenez. Déronme a escoitar hai pouco esta versión de Gustavo Cerati que me parece soberbia. A súa voz é… É.
5.- 21st. century schizoid man, King Crimson. Con 8 anos non comprendía moito ese tema pero iso non impedía que me enchera dunha especie de terror after-the-bomb ao que acabei por tomarlle gusto.
6.- What a feeling, Irene Cara, Flashdance. Vin esa peli cunha curmá e a súa nai. A miña tía comentoulle logo á miña nai: Moi para nenas a verdade que non era. De golpe, fíxenme maior. Pasei varias metamorfoses posteriores [de crisálida a avelaíña, de discofun a punkie, de nena a muller] bailando un chisco o tema principal perante ese espello no que toda nena se fabrica unha falsa unicidade, esa primeira maquillaxe de postureos e bailes que é un espello. Un bo día, sepultei o casette. Agora exerce de  fósil que, nas arqueoloxías das limpezas ou das mudanzas, obra o poder de me retrotraer a outras eras xeolóxicas.
7.- Banda sonora de Ulises 31. Tan juxtapoz que era esa serie, tan futurismo de clásico revisited: argonautas con extraterrestres, deuses gregos noutros planetas, robots mascota… Quienquiera que se atreva a desafiar el poder de los dioses merece ser castigado. Desde ahora errarás por mundos desconocidos… Ulises, el camino hacia la Tierra se ha borrado de mis memorias… Encantábame [sobre todo Thais]  e a súa  intro é unha inxección de posibilidades aventureiras, esas que todo neno experimenta cando se deixa levar. Gregos e marcianos, mitoloxía e espadas láser… Todas esas series que lesionaron para sempre os nosos brandos miolos.
8.- Banda sonora de El hombre y la tierra, Antón García Abril. Fago un chamamento ás autoridades musicais para que desalambiquen este endiañado ritmo co que todos vimos unha águia arrebatar un rebeco das abas dos picos de Europa e a Rodríguez de la Fuente abrazar unha anaconda.  Todas as síncopas visuais da natureza encarnaron en dúas síncopas acústicas: a voz de Félix [amigo...] e esta partitura.  Con ela non se pode evitar corriscar cos lobos. Marabillosa.
9.- Con las manos en la masa, Vainica Doble con Sabina. Era a sintonía que sinalaba a fin da programación infantil da tarde malia que unha sempre ficaba a escoitar a letra [unha lista de cousas de comer nas que fulguraba o lacón con grelos, como esas fotos nas que distinguimos a un familiar noso no medio dunha morea de alumnos descoñecidos e severos e dende alí fulgura para nós, o rostro do noso familiar sorrí imperceptiblemente para nós dende os seus anos 50 do século XX].  Alén diso, o tema falaba doutras cociñas, doutros pratos e doutras nais que xa non eran as nosas. As nosas saían a traballar, ás veces xa non tiñan home e facían como podían. Grazas a Vainica Doble lembro que o gazpacho leva allo e pepino, que o morteruelo e o cordon-bleu son cousas de comer e que o pato chinés non pertence á gastronomía castiza. A canción non é que sexa espectacular, pero levanta capilares oitenteiros ao seu paso.
10.-Cosmos, Vangelis. Nesta recta final de bandas sonoras non podía faltar ese pianiño con synth que abría outro programa mítico, quizais un dos máis, conducido por Carl Sagan. Reunir a unha familia de clase media-baixa-que-foi-alta de 3 membros (adulta, adolescente e nena- e gato) nunha provincia dun recuncho do mar arredor do calendario cósmico, a biblioteca de Alexandría, Andrómeda e Eratóstenes, lost somewhere between inmensity and eternity… coido que foi o milagre máis grande que a televisión fixo algunha vez por min.
Mary Pickford
Hai dúas teorías/conspiranoias contra as que unha vez crin ter argumentos.
Conspiranoia 1: iso de que o home pisou a lúa é unha montaxe. De Kubrik, probablemente.
Contraargumentación: os rusos foron os xenuínos frikis do espazo. A mellor literatura de ciencia-fición cósmica procede de Rusia [ou arredores soviéticos]. Os rusos honran ao espazo cun día da cosmonáutica. 12 de abril. Hoxe que escribo isto. Erixen edificios de cemento ondulado chamados Hotel Kosmos en Moscú. Por exemplo. Os grandes enxeñeiros rusos, Tsiokovski, Korolev. Os rusos quixeron chegar ás estrelas primeiro. Experimentar coa ingravidez primeiro. Poñerse en órbita primeiro. Ignoro por que. Por fuxir desta Terra? Por refundala? Por amedrentar ao bloque capitalista? Por frío? Ignoramos por que. Pero sei que foron eles.
Se a chegada do home á lúa tivese sido unha montaxe estadounidense, o fino olfato ruso descubriríao enseguida. Os americanos tiveron que ter chegado á lúa e deixar alí a súas pegadas porque os rusos non dixeron nada. Non pasou nada. Asumiron a súa derrota. Nunha superficie sen ventos, as pegadas de Armstrong durarán se cadra miles de anos. Hai males que duran máis de cen anos. Hainos.
Para os rusos, hainos.
by Josh Keyes
Teoría 2: Pódese viaxar no tempo. En concreto, estamos a piques de. Un par de axustes nuns parafusos e nunhas integrais e… voilà!
Contraargumentación ou argumento desconsoladamente escéptico: se iso fose posible, sen dúbida os nosos visitadores do futuro [Benders, Leelas e demais] terían a delicadeza de achegárense a esta nosa época de trangalladas espazo-temporais e contárnolo, dicirnos que si, que é posible, que cultivemos paciencia e perseverancia, que non claudiquemos, que o determinismo causal e o paradoxo do avó non eran máis que erratas e malversacións, que o segredo das viaxes no tempo non é máis que… Pero non o fan. Pasan os anos, as teorías, as conspiranoias, as ciencias-ficcións… e non o fan.
Non o fan.
Non veñen.
Ergo, se non veñen é porque non poden. Porque non saben.
As viaxes no tempo son imposibles.
Ou iso, ou os nosos descendentes son imbéciles.
Naturalmente, non sei cal dos dous axiomas prefiro.
BSO ou por que non escoitan isto?: Laika, Mecano. O outro día pola radio escoitei a Ariel Roth poñer verdes aos Mecano. Eran presuntuosos? Eran horteras? Eran sensibloides? Eran pedantes? Eran simbolistas? Non sei. A min incrustáronseme no código xenético, como todo o que sentes con 13 anos. E unha cousa é certa: grazas a eles, aprendín detalles importantes da vida como que o capitán Scott morreu nunha malograda expedición á Antártida, a composición do aire, que a primera cosmonauta era rusa, ladraba e atendía por Laika [can de neves en ruso, por outra parte] ou o significado exacto da palabra anacoreta, que rimaba con teta.
E melodías… aínda as curraban. Mentres os meus futuros amigos masculinos escoitaban Radio Futura [eu amei a Radio Futura moito despois, xunto con Siniestro Total] eu pertencía a esa clase media que cun chicle memorizaba sen querer parágrafos e parágrafos de letras de Mecano mentres falaba de tampóns, apuntamentos de Arte e brillos de beizos con amigas.
Nicoletta Ceccoli
Teño unha amiga que xoga ao póquer; un amigo que coordina unha ONG; outro que traballou de boy;  outra que cambiou a vida urbana pola rural nunha casa con framboesas dende a que se ve Monçao; teño un amigo topógrafo que me leva a ver a neve e pensa silabicamente en haikus; teño un irmán que le sempre o axeitado; teño un amigo que viaxou a Xapón; teño un amigo cun pseudónimo; coñezo a un suicida; coñezo a dous; teño dous amigos pintores; teño un ex-compañeiro de facultade croupier; teño unha amiga produtora de teatro en Madrid; teño unha nai que se parecía a Romy Schneider, pero en forte; teño unha amiga que fuma Van Holden; teño unha amiga que nestes intres pode que estea na India ou en Italia; teño unha amiga cun can; teño unha amiga con dous gatos; teño unha amiga namorada.
Algúns deles pode ata que coincidan na mesma persoa.
Envéxoos a case todos. Por iso amoréoos a todos aquí, con fruición de coleccionista, para contemplalos dende este 0100011110110 mentres unha luz cae cientificamente sobre a miña condición mortal de non-figura literaria.
As listas de cousas que unha non fará xamais adquiren o estatuto da saudade. Son como cartas sen enviar atopadas na faltriqueira dun morto ou cartaces de festa nunha cidade bombardeada. Son o que puidemos ser e non fomos, son álvaros de campos concentrados, son xenios encerrados na intimidade das botellas.
Unha vez dentro dese espazo filosófico as potencialidades do ser son plenas e así o que nunca aconteceu, ese imperceptible desvío do devir, tórnase explosivo. Un grande suceso. Sabemos que iso non tería por que ter sido así, pero préstanos pensalo. Non é? Todo tería sido mellor se…
Supoño que todo tería sido moito mellor se eu tivese reunido as forzas necesarias para publicar libros coma estes que enumero e non os que publiquei. É un pensamento sucio, vitimista, e por unha vez non me importa. A porta que abren é precisa para eu respirar porque todo eu necesita, alomenos, a posibilidade de ter sido.
Sempre que me asaltan pensamentos así penso en G. A el secuestráronlle mesmo esa posibilidade de ter sido. Mesturánona nun cóctel químico, nun vaso de precipitado. E dende entón, todo nel é precipitación e baleiro.
Volvamos ás listas de cousas.
1.- Deste lado do telescopio: non sei moi ben por que, pero este tería sido un libro inesquecible. Lástima. Non debo escribilo xamais.
2.- Halo: un efecto interesante que acompaña a nosa percepción do mundo e das persoas. Pero hai trampa. Unha parte de Zoommm chámase así. E  tamén un poema vello. Chamarei Halo a un libro hipnótico e errante, un deses que flota con elegancia, para non ser escrito xamais. Tan só descrito
3.- Un glaciar á deriva: iso é puramente escribir. Escribir ben. A retranca xusta esixe semellantes distancias
4.- Distancia: unha novela sobre as ganas de non dicir
5.- Arrasamento: supoño que este sería un libro definitivo sobre algo. Talvez un último/derradeiro libro de poesía antes de dedicarme por sempre xamais ao efémero, a cantar, a deambular, a peitear nenos, a medirme o escote…
6.- Criatura e telescopio: aleatoriamente, este sería un libro de textos moi curtiños.
7.- Eco: unha palabra evocadora, a ninfa que namora de Narciso e vive condenada a repetir o que outros din. Coido que é unha figura fatalmente literaria porque a literatura, ao igual que toda arte ou similar, funciona como unha superposición de estruturas en eco. De aí que Cervantes, Borges ou Auster sexan considerados [gústennos ou non] quintaesencias literarias: porque o material das súas invencións foi extraído directamente das entrañas e dos magmas da literatura. Acontece o mesmo co cine ou a pintura. Esa autofaxia, tamén chamada intertextualidade nos círculos dantescos da cultura oficial, ten un alto valor a día de hoxe porque utiliza como referenzas referentes previos e, polo tanto, satisfai o noso mono platónico de reminiscencia.
Starwatcher, de Moebius
8.- María Río: un alter ego. A verdade, durante un tempo pensei buscarme un pseudónimo chorras, tipo Anónima. As únicas veces que asinei con pseudónimos na miña vida, en revistas de universidade e así, empreguei Galadriel [antes da peli, claro] e Mitilene [agás en internet, onde uso a criatura mecánica, opia ou a criatura]. E tamén María Río. Como alter ego non está mal. Coido que é unha persoa moito máis riquiña ca min, con ese nome de galleta. Se o meu nome peca de filosófico e aristocrático, María Río funciona como unha especie de nena postiza, un ser crisálida, entre proletario, anónimo e 1/6.600.000
9.- Textura: talvez un libro de pequenos contos, textos, texturas. Algo se cadra difícil de clasificar nas bibliotecas.
10.- Z: tiña un libro de poemas así que non sei onde puxen
11.- O xenio encerrado na botella: un libro de artigos ou microensaios.
12.- Case quasar: unha achádega eufónica que me lembra ao titulo inicial deste blog, como kosmos
13.- Vodevil: quizais porque o factum de escribir arranca dunha vileza. Quero perdurar por riba dos demais. Ou, como mínimo, por riba de min mesmo, do meu deseño mortal. A cultura de consumo e o espectáculo de variedades ofrecen metáforas moi axeitadas e actuais a esa vella necesidade [necidade?] humana.
14.- Intimidación: a grandeza dun libro nunca escrito ten, como mínimo, que intimidar. As escritas grandiosas, os grandes parágrafos de Lolita, Neruda, Macbeth, Vallejo, Woolf, chegaron a confundirme. Cando lía Residencia en la tierra doíame a cabeza. Esa sensualidade nos adxectivos, todo ese contoneo verbal e a imaxinería vertixinosa xamais antes imaxinada lograron intimidarme ata tal punto que houben lelo na habitación sentada contra a porta para que ninguén abrise. En todo semellante ao onanismo, a un onanismo de descuberta. Despois de ler textos así, unha traga saliva a grandes grolos, luminosos, coma quen bebese uranio. Hai un rachón no tecido espazo-tempo. Comprendemos algo, un algo fugaz que é algo. E sentímonos amenazados. Si, amenazados de beleza. Intimidados pois, aló na noite do noso cranio, houbemos imaxinar barbaridades léxicas semellantes, tiñamos os elementos, as sensacións, faltounos a gramática. Chegaron eles, Clarices, Jaeggys, Cortázares, Vallejos, Szymborskas, Tizóns, Rivas, Coetzees… e fixeróno. Cun boli, pluma ou qwerty. Escribírono. Esa connivencia, esa clandestina electricidade de un a outro, ese arco voltaico entre un cranio que escribe e un cranio que le dentro dunha cama cunha bombilla de 60… iso intimida. É fantasmal. Arrepiante. En certo sentido, monstruoso e tan apetecible.
15.- [...]: por suposto, Puntos suspensivos é un dos nomes que barallei sempre para calquera cousa. Un blog que xa levo, por exemplo. Mesmo o propio signo, sen máis, aínda que soe a capricho estilo Prince. Supoño que todo libro fabrícase dos silenzos doutros libros e, se é verdade que non existe o libro definitivo, calquera grande obra [e tamén aquelas menores] consiste nunha fina liña de puntos en suspensión ata a seguinte
Datos de interese: en Marte resulta que amencen con rosada. Sen dúbida, haberá poetas marcianos que escriban textos chamados Orballo en Utopia Planetia ou O resío que non nos deixou arrancar. Determinar se iso é unha boa ou unha mala nova para o resto do sistema solar, deixo que o decidan vostedes.
Actualización día 13: leo hoxe completa a famosa entrevista a Steiner no País. Resulta que o libro que vén de publicar chámase Os libros que nunca escribín. E a súa autobiografía Errata. Maldición. Antes non tiña motivos para odialo. Agora, si. Fareino como unha profesional.
imaxe: Cherry Tree. By NoDate
Xuño e novembro.
Son os meses que prefiro.
É pola inminencia. Inminencia significa ameaza. Xuño e novembro ameazan con fluídos veráns en barcas bamboleantes, con follas tenras que podes arrincar coas mans e con invernos rusos, nos que hibernar escribindo baixo unha manta de calceta.
A inminencia é unha cousa inexplicable, como a hipóstase divina das substancias e a teoría de supercordas: ti dis que si coa cabeza, pensando fugazmente en Termalgin. A inminencia é unha sospeita, a corazonada de que algo non pode ser doutra maneira. A inminencia é saúdabel para o corazón. Como toda ameaza, boa ou mala, bombea cun vigor hormonal esa fina espera que sempre incomoda, que sempre se metaforiza con obxectos como cordas de aceiro, espadas de Damocles ou estiletes chinos de corte elegante.
A espera. Outra vez.
Acabo de pensar mentres fregaba unha tixola con restos de salmón -iso, enxabronarme o corpo na ducha e conducir pola autoestrada son os momentos máis zen e fecundos que podo acadar nun día-, acabo de pensar no que me gustan as cousas que me lembran que existen as estacións.
Vivo con alguén que vén dun país onde non existen as estacións. Consternoume iso.
Descoñecer o significado real da palabra inminencia. Solsticio. Equinoccio. Limpeza de primavera. Alerxia. As catro estacións de Vivaldi. Ser un home otoñado, como lle escoitei definirse unha vez a alguén. Hibernar. Froita en sazón. Serodia. Veranear. Astenia primaveral.
Descoñecer a inminencia, o cheiro do primeiro sol calcinando as cereixas, o primero baño do ano, que sempre nos tarda, os primeiros descapotables que todo fardón atesoura nun lóbrego garaxe coma un falcón nunha gaiola, á espera destes días… descoñecer as mudanzas de temperamento, as mudanzas hormonais, as variacións nas taxas de suicidios, enlaces ou rupturas matrimoniais segundo a estación do ano…
Cando unha estación despunta hai unha axitación tensa e moitos temas de conversa para panaderías e ascensores.
O outro día, sen ir máis lonxe, apareceu o verán.
imaxe: Natalie Shau
O lugar permanece átono. Ti sentas cuns auriculares. O teu corazón latexa como foi aprendido a facer. O sangue, que sería dun cobizado ton escarlata se poidésemos velo a través da pel, segue un traqueteo preciso, sen sobresaltos. Os pulmóns inflan e desinflan como pequenos flotadores azuis. Son a sede da tristeza na medicina tradicional chinesa. O bazo, bacea. O fígado, atúrao todo. O estómago dixire restos do almorzo. Con alegría.
Todo semella normal en ti.
De súpeto a túa espiña dorsal cobreguea atravesada polo alampo. O fino pelo oculto nos brazos, nas íngoas, na caluga… ouriza. A pel dilátase como un campo de xirasois. As pupilas crecen, alimentadas de nervios. Ningunha víscera segue o compás de hai uns minutos. De aquí en diante seremos unha especie de cousa abandonada na auga. As nosas entrañas tratan de reacomodarse como poden. E a sensación morre.
Son calafríos musicais. Todo compositor, mediocre, ambulante, xenial, cortesán, megaestrela, funcionario, boapersoa, xenioinmundo ou ratadecloaca, todo aquel que trebella cos filamentos da música no seu laboratorio, trata de sabotear a conexión para que dea calambre no futuro público. Unha peza musical pode ser máis ou menos anódina porén, se tiver unha pisca de xenio, agochará por algures segundos sublimes. Poden ser ata minutos. Outras veces, nanosegundos. Os trucos para logralos poden ir dende simples cambios de volume ata complexas variacións no ritmo, sorpresas musicais, harmonías inesperadas ou instrumentos que, de socato, quedan sós, abandonados no bosque e entoan melodías crúas, puro óso, que nos parten a vida entre o que foi antes de escoitalas e despois.
Todos saben do que falo.
Todos somos presa desa sensación, buscámola na asepsia do iPod cando levámolo a todo volume namentres eliximos as verduras no mercado. Sentadas no bus, fronte a ama de casa con varices. No tren, entregando o noso billete con indolencia. No coche, a 150 un día gris. Somos a carnaza do calafrío musical. Do estremecemento.
La mer, Debussy, De l’aube à midi sur la mer: segundos finais. Dende o 7′ 30” nesta  maestática versión. Ourizado de pelo con timbais
Angelene, PJ Harvey: toda ela, sobre todo o ritornello constante do piano. É unha das cancións favoritas desta época da miña vida [como noutrora foron temas de Madonna, Tracy Chapman ou Capercaillie]. Melancolía power
The box 1, Orbital: primeiros 3 minutos. Canto paseei eu polo mundo con este tema nas orellas
Nimrod, Variacións Enigma IX, Edward Elgar. Con este tema coñecín o botón repeat dos reproductores de CD. Supoño que nalquela altura eu agardaba algo. Construía unha torre…
Rock Music, Pixies: adrenalina porque si
Vem, Madredeus: arpexio de guitarra dos primeiros segundos que se repite ao longo do tema
La cathedrale engloutie, Debussy: exactamente do 2′24” ao 4′40” nesta versión de Michelangeli.  Chea de graves mergullados, submariños, pegados como anémonas nun campanario
Pyramid Song, Radiohead: ambientación sonora de fondo. O piano, a voz do tipo, a percusión. A partir do minuto 2′ está o momento sublime
All along the watchtower, Jimi Hendrix roubándolle o temazo a Bob Dylan: 2′ ata 2′58”
Requiem, Mozart: primeiros segundos de Lacrimosa, dende o 14” ata o 58”.
Main Titles, Blade Runner BSO: dende 1′10”.    Podo dicir tantos tópicos de todo isto…
Chant d’amour 2, Messiaen,Turangalîla : minuto 1′55” a 3′52” por se a alguén lle interesa [a min] do título desta sinfonía provén o nome de Leela, a cíclopa de Futurama
Paranoid Android, Radiohead: sobra falar da xenialidade desta xentiña. Aquí van dúas cancións nunha, ou a min parécemo. A balada final é soberbia, pero que me din deste intermezzo do 2′09” ao 3′04”
Killing in the name, Rage Against the Machine: foi mítica, que queren. Especialmente gustábame dende o 50” ata o 2′
Comfortably Numb, Pink Floyd, The Wall: cando di When I was a child I had a fever [1'24''] e o I have become comfortably numb [1'54'']. E o little pin prick exactamente no minuto 2′ 52”. Está logradísima a atmosfera narcótica e de indolencia neste tema. Unha déixase caer…
2ª Sinfonía de Mahler, Resurrection,   [cantei iso no 2005 coa OSG. Pfff. Impresionante. Tiñamos que subir dende un pianisísisimo, como zombies emerxendo da terra e, nun crescendo paulatino coa mezzosoprano, rematar levitando tipo anxos por notas etéreas, o la sostido, o si natural. Cantar iso dentro dunha orquestra é unha das sensacións máis taladradoras que existen. Auferstehn, ja, auferstehn wirst du mein Herz in einem Nu. Rexurdirás, si, rexurdirás, corazón meu, nun breve instante.  Non puiden rematar de cantar do subidón. A partir do minuto 2:30 desta versión de Abbado]
Rape me, Nirvana: 28” ata 1′02”
I cover the waterfront, Billie Holiday: en realidade gústame o raspado da voz dela. Vai ben co abatemento
Me pas dans la neige, Keren Ann. Non chega a sublime. Limítase a ser charmante.
Signore Ascolta, Puccini, Turandot: os pianisisisismos da Caballé pinzados por unha harpa de fondo: do 2′12” ata final
Cheek to cheek, Louis Armstrong& Ella Fitzgerald
Invisible Sun, Police: un dos meus principios preferidos de tema. Ata o segundo 40”
Jardin Féerique, Ravel, Ma mère l’oye: primeiros 58”. As imaxes deste link parécenme un horror
Im Abendrot, Strauss, Vier Letzte Lieder: maxestuoso fin existencial. 5′25” ata final
Vuelta de paseo, Enrique Morente& Lagartija Nick: non agardabamos isto no minuto 1′55”
Thriller, Michael Jackson: a voz de Vincent Price un golpe de efecto inesquecíbel no minuto 2′52”
Round the bend, Beck: ambientación sonora
A Day in the life, The Beatles: ese subidón orquestral ata o ultrason. Dende o minuto 3′58”
Lullaby, The Cure: a partir do segundo 20”
The court of the crimson king, King Crimson: dende 58” a 1′25”. Pero hai unha frautiña por baixo nas estrofas que moito me gusta, pastoril ela.
En fin, ata aquí por hoxe. Que cunda.
Engadido do 8 de marzo: alguén suxeríume algúns minutos da Suite do Paxaro de Lume, de Stravinsky, sen dúbida unha das obras máis celestiais e infernais do século XX [aínda que lle gaña en demoníaca a Consagración da Primavera]. Déixovos con esta versión na que o propio Stravinksy, sen batuta e con certa usura emocional, dirixe a parte final desta obra elexíaca, sincopada, eterna.
Línkovos tamén outra versión que eu prefiro, con esa trompa de caza que parece chamar aos deuses e toda esa lenta metalurxia final. Lembro que Bruno dicía que non aturaba unha versión desta obra na que o tempo fose un miligramo de segundo máis acelerado. Supoño que rompe un pouco o clímax do costume.
Verdadeiramente, son raros os homes que lograron non seren escravos da época que lles tocou vivir. E non digamos as mulleres.
Algunha vez seremos examinados por alguén como bacterias no cristal dun microscopio. Ás veces, cando me ducho, cando remoloneo na cama, viaxo a 140 pola autoestrada ou  asisto como oínte a unha charla de oblicuo interese, matino nas cousas que dirán de nós no futuro. Os do futuro. Eses idiotas sobreestimados.
O seu que dirán, naturalmente, impórtame unha figa. É máis ben o noso isto non pode mudar o que me fai gracia. Os nosos netos… ollarán con candor as nosas fotos como obxectos infantís? Nós mesmos miramos con paternalismo aos nosos avós, esforzados por parecer rectos e solemnes en fotos artificiosas nas que pousaban con roupa emprestada e beizos coloreados…
Que dirán de nós? Dirán algo? Talvez, por exemplo…?
Dior mío, aínda dicían cousas como dios mío. E eu. E conferencia. E dereitos de autor
Dior mío, aínda queimaban petróleo
Dior mío, comían vacas
Dior mío, non coñecían o groc, a mimia, o netarismo
Que animais, drogando ata a castración aos que diagnosticaban de enfermos mentais
Non sabían nin pisca do cerebro
Que patéticos, con conexión por cablemódem
Que indefensos, dependendo das baterías
Que crédulos, partillando a lúa en leiras
Viches? Mesmo confiaban na democracia coma no mellor dos mundos posíbeis
Fíxate se serían supersticiosos: crían nas ciencias exactas!
Dior mío, como serían quen de vivir nesas casas?
Dior mío, como poderían aturar ese cheiro a colonia, a desodorante, a perfume? A alcohol?
Que riquiños, tomaban café
Que repugnantes, tomaban café
Estaban obsesionados ad absurdum con ser significativos! Todo tiña por forza que significar algo: os seus nomes propios, as formas das nubes, o comportamento da materia atómica…
A xente morría dun simple cancro
Aínda crían no progreso e chamaban a outros primitivos
Como podían comer iso! E iso!
Pero se pensaban que a novela era o summum da cultura escrita
A sinestesia para eles non era máis ca unha patoloxía
Que cantidade de fotos, vídeos, rexistros de todo tipo estaban empeñados en tomar
A xustiza era humana!
Aínda non sabían todo iso das árbores
Aínda non sabían todo iso da antimateria
Aínda non se descubrira a biomoloxía
Os seus debuxos animados eran así!
Consideraban que o ser humano estaba destinado a vivir… 400 anos!
Cociñaban os cogomelos!
As súas guerras! Jajajaja!
As súas películas… quen as entende? Son leeeeentas e a definición, baixísima
Non sospeitaban que nós diríamos isto deles
Non sospeitaban que nós non diríamos nada deles
A iso chamábanlle sinxelamente sorte
A aquilo chamábanlle, complicadamente, destino
Os seus vídeoxogos… pfff. Para os museos
Practicaban o sexo así!
Practicaban o sexo!
Non practicaban o sexo, pero crían que si!
A interfecta que escribíu isto era eu
A clase política cobraba!
Traballaban por lei 40 horas á semana e na realidade moito máis!
Iso e iso e tamén iso era todo ilegal
En troques, ……mmmm……  estaba legalizado e a xente consumíao sen problemas en lugares públicos e perante os fillos!
Como podían…?
Eran parvos
Eran espilidos
Eran demasiados
as dúas imaxes son de M. C. Escher
Natalie Shau, We are so fragile
Gústame máis a voz de Ella Fitzgerald que a de Billie Holiday.
[oh, amantes do jazz-en-pack, chasqueade a lingua e dicide levemente que non coa cabeza reprobatoria]
Gústame máis a vida privada de Billie Holiday que a vida privada de Ella Fitzgerald
Gústame máis quedarme atrás que chegar primeiro
Gústame máis publicar aquí que en edición impresa
Isto ten algo de sexo inesperado. O outro é máis un sexo consentido e aprazado, no que cómpren demasiadas relacións públicas das que carezo por completo.
Gústame máis a biomecánica que a mecánica de coches
Gústame máis o aire frío de non ir deixarnos nunca que teñen as estrelas que o aire cálido de non ir deixarnos nunca que teñen as multinacionais
Gústame máis Coppola que Scorsese
Gústame máis Orson Welles
Gústame máis China que Xapón
Gústame máis Xapón que China
Gústame máis a limonada que a laranxada
Gústame máis Puccini que Verdi. Por peliculeiro
Gústame máis PJ Harvey que Björk
Gústame máis o uz que as camelias
Gústanme máis as mulleres que os homes
Gústame máis a dor allea que a propia
Gústame máis Clarice Lispector
Gústanme máis as olleiras que a tez lisa
Gústanme máis as latas con fotos que os álbumes de fotos
Gústame máis non citar
Gústanme máis os arrogantes antipáticos que os simpáticos solícitos
Gústame máis o termómetro de mercurio
Gústame máis Chaplin que Spielberg
Gústame máis a xente que non se vende moi barata
Gústame máis o hentai que o porno
Gústame máis este universo que aquel universo
Gústame máis o adamantium que a seda
Gústanme máis os zapatiños de rubí que as botas sadomaso
Gústame máis a sensacion de vértigo que a sensación de terror
Gústame máis Caracas que Madrid
Gústame máis a astucia có candor
Gústanme máis os corpiños fetish cá silicona
Gústame máis almorzar que xantar
Gústame máis o que me gusta que o que non me gusta. E non me gustan as obviedades nin as tautoloxías nin facer o que se espera de min
Gústanme máis os ollos separados
Gústanme máis as saias amplas, longas, que dan aspecto de dama ou buxaina
Gústame máis isto que aquilo. Observo que polo xeral acontece do revés
Gústame máis que me acariñen o lombo
Gústame máis a mentira. Polo tanto, gústame máis a verdade
Gústame máis o pulmón que o corazón
Gústame máis novembro que abril
Gústame máis o mel de braña que o mel de flores
Gústame máis a xente que non ten nada que perder
Gústame máis crer en Zizek, en Sloterdijk ou en Nietzsche ou en Carl Sagan que en deus. Pero ás veces boto de menos a aquel deus da infancia, porque se cadra bótome de menos a min mesma a través del
Gústame máis Pedro Páramo que Cen anos de soidade
Gústame máis a xente da que non se fala moito
Gústame máis durmir coa cama contra o ceo
Gústame máis o polbo que a carne de vaca, polo, coello, pavo e, dende logo, caracol
Gústame máis esquecer conceptos aprendidos que lembralos
Gústame máis Vivaldi que Mozart
Gústame máis The Cure que Marilyn Manson
Gústame máis non ir de transgresora a menos que sexa absolutamente inevitábel
Gústame máis arriba e gústame máis abaixo
Gústame máis Ravel que Brahms
Gústame máis Futurama que os Simpson
Gústame máis a simpleza da anarquía socialista cá parafernalia despistante da democracia
Gústame máis a rede que a tele
Gústame máis César Vallejo
Gústame deberlle todo canto sei ao meu irmán
Gústame máis Ulises 31 que Heidi
Gústame máis o meu neno que calquera outro neno
Gústame máis ler certas críticas de libros que certos libros
Gústame máis curar que previr
Gústame máis Alicia que Carroll
Gústame máis imaxinar o teu rostro que velo
Gústanme máis as persianas que as cortiñas [agás se estas son pesadas e delas pódense extraer macizos vestidos de veludo verde, como Escarlata fiz]
Gústame máis Angelina Jolie que Brad Pitt
Gústame máis o meu mozo que calquera outro mozo
Gústame máis que me depile as ingles unha rapaza bonita
Gústame máis ter un lene Alzheimer para esquecer o que me gustaba onte
Gústame máis que a montaña veña a min. Sobre todo, téñolle pánico a esforzarme demasiado por conseguir algo: que mérito é ese?
Gústame máis non gustar máis
…píntanse cores
1.- Confeccionar unha lista de cousas ridículas. E lela
2.- Alguén moi corpulento paseando un chihuahua
3.- O arroz para microondas. As tortillas envasadas ao baleiro
4.- Todo o que leva escrito VIP
5.- A modalidade de marcha deportiva
6.- Bush falando con xornalistas. Bush falando co seu urólogo. Bush falando
7.- As maquinillas barbeadoras de naris
8.- Un pavo asado. Un pavo correndo sen cabeza. Chopped de pavo
9.- Os tipos da ORA
10.- Ese aceno, de repente universal, para dicir “entre aspas“
11.- Os alieníxenas das películas -salvo Alien, abofé-
12.- Alguén situado ante unha suposta obra de arte intenta expresar qué remota cousa lle suxire
13.- Esforzarse por non ser ridículo. Isto último entra, ademais, no reino do patético
14.- Os autocompracentes. Parécense enormemente a pavos asados. Ver ítem número 8 desta mesma lista
15.- Argumentos para xustificar autocompracencia
16.- Os que non saben que facer cos cartos
17.- Os que non saben ridiculizarse dignamente
18.- O prezo na sola dun zapato. Canto máis caro é o zapato, máis ridícula é a pisada
19.- Interpretacións estándar de Hollywood, por exemplo: o soldado que berra disparando raxadas de metralleta; o tipo que berra onda a amada morta, levantando peludas axilas ao estilo Brando [sen o appeal de Brando]; poñer morros [mulleres que non levan dose suficiente de silicona nin de seguridade]; que leamos nos beizos que din “guau”, “wow”, etc…
20.- Bailar sen ganas
21.- Os diálogos dunha peli porno
Como todas, esta é unha lista aberta.
Memoria para enxertos futuros: cómo elaborar licor de guindas salvaxes galego-portuguesas caseiro: guindas, salvaxismo, conxuro da queimada, augardente, zucre, canela, botella de cristal, paciencia.
Obxecto fetiche de hoxe:  os debuxos de María Pascual. Gardo mesmo unha Biblia ilustrada por ela. Difícil atopar debuxos seus na rede.
Que é o título deste blog.
Esa onomatopeia.
Recollo a testemuña-mmmmeme que mariademallou me tende, amabelmente e en combustión:
5 temas musicais para foder. ejem. Alehop.
ERDF -ese rollo de novelo e fotonovela que se fala máis a través da linguaxe non verbal que da verbal- pode adquirir dimensións épicas ou patéticas segundo a banda sonora que o acompañe. Besbellinha apunta, como corolario da súa selección, que ás veces a música desacompasa. En efecto. A música non sempre está para acrecentar, lubrificar, estremecer, abrir, soliviantar,  sulibellar, salivar, transpirar, dilatar, sobrecoller…
A música ás veces está para foder. Ela mesmamente.
Imaxinen: vostedes cos ollos revirados, as respiracións harmonizadas. De súpeto arranca, sen complexos, Macarena ou Unha vella no tempo dos mouros, nun patio, nunha radio, nunha romería ao lonxe. A música axuda? Depende de cal. Está claro que certas músicas forzadas poden pinchar a situación coma quen pincha un globo moi grande e moi vermello.
Pascal Quignard é un francés. Pascal Quignard publica un ensaio titulado O odio á música. “Sucede que as orellas non teñen pálpebras”, é o título dun dos capítulos. Quignard reflexiona acerca da nosa condición necesariamente acústica, acústica ata a tiranía: fíos musicais nos avións, nos ascensores, nos centros comerciais, nos cuartos de hotel…nas nosas cremacións? Oír é obedecer. Etimoloxicamente. Así os cantantes, os dj’s, os directores de orquestra, os compositores… xogan o papel do dominator fronte ao servus que non ten máis remedio que obaudire, aplaudire  as súas veleidades, caprichos, divismos…
Para a miña particular meme de 5 temas para foder, como a dominatrix ou a diva ávida, [achtung: palíndromo recén creado] escolmo:
1.- Como non? Como non? PJ Harvey. My beautiful Leah, aínda que seica soe demasiado experimental, ten ese osíxeno turbio co que adoitan comezar as relacións, esa liña de penumbra,  cabelos, torpezas, mordiscos, corchetes de suxeitador, cordóns desamalloando/amalloando no aire…
Valeríanme igual It’s you, Legs, Hair [versión do mito de Sansón], The River, Sheela Na Gig, Extasy, Is this desire?…
2.- Venus in furs, da Velvet. Ten o fío pegañento, arañeiro i envolvente do sitar.
3.- A música árabe [tamén algúns palos da súa curmá flamenca ] destila certa luxuria de gravado das mil e unha noites. Durante algún tempo fun adicta a Natacha Atlas, unha belga-exipcia que lle dá moi ben ao cu. Ashwa, un tema para introducirnos…no sexo anal? Ashwa quere dicir, ejem, cabalo. Ignoro de que vai a canción.
4.- O francés é o idioma dos pratos de alta cociña e das obscenidades de baixo instinto. Tiña que haber unha peza francesa. Como o orgasmo de Jane Birkin a dúo con Serge Gainsbourg en Je t’aime…moi non plus seguro que xa o mencionou alguén, elixo Sexy Boy, de Air. Un tema algo máis fashion, superficial i evaescente. Como moitos encontros sexuais.
5.- Dubido entre Concha Buika, Janis Joplin, Billie Holiday, Nina Simone… Ao final lío a manta á cabeza i elixo un tema techno suave en plan afterglow. The girl with the sun in her head, de Orbital. O descanso dos cyborgs.
Quedáronme moitas en despensa: The Doors, Morphine, Prince… Si querería mencionar, por el, ao Doutor Amor, Barry White, e ás súas delicadas composicións para “Exterior. Noite. Primavera. Monte Xalo.”
Do que lin noutras propostas, ninguén atreveuse coa música clásica ou coa ópera. Eu confeso unha debilidade por Vivaldi e por Debussy. Pero a ver quen lle segue o ritmo a un solo de violín do primeiro.
Unha aria para procrear con moita axilidade e coloratura é Una voce poco fa, de Rossini…
E agora, 5 temas para foder aos veciños? Eu coido que o que máis fodería aos veciños sería que a música non lograse camuflar ben…
Outras variantes de feliche considerazione: 5 sons para foder [tipo máquina de coser, pinga de billa mal pechada, motor de Boeing 747...] 5 temas para foder a votantes do PP. 5 temas para foder en Australia. 5 temas para foder en Zimbabwe. 5 temas para foder en silenzo. 5 temas para foder en órbita. 5 temas para foderse.
Datos de interese:
+ Estou soa. Y grego dorme. Boto calidamente de menos a I latino.
+ Duquela. A fatiga do cantante. Un concepto flamenco, conmovedor, que aparece en Te camelo, versión de Buika
+ Queren plantar un xirasol e albiscar o nirvana contemplándoo medrar? A  xentil Viti, despois dunha das súas opíparas e omnívoras ceas, ofreceunos este pequeno agasallo. Véndoo dan ganas de plantalo axiña, comer dun anaquiño de fungo, diminuír como Alicia e botar unha sestiña á súa sombra
+ Y grego acaba de espertar. A ver, 5 cancións para durmir a un neno, rápido. Iso tráeme á memoria as 5 Cancións Negras de Montsalvatge, que cantei cando estudiaba sopranismo, i entre as que se atopa a Canción de cuna para dormir a un negrito: Ya no eres esclavo, mmmm, y si duermes mucho…
+  ou -
+ Que será de nós?
+ Por favor, anónimos, non sexades unánimes
estibaliz… espinosa
…había algo alí que non casaba.
Razóns:
1.- Porque a criatura que isto escribe, malia ser asidua de blogs erótico-sado-pornófilos e confirmar o que di Ivaginaria no seu: “sólo el sexo vende”, non se caracteriza por tratar o tema. Ás veces cánsalle un pouco o tema. Ás veces aburre tanto erotismo. Segundo qué tipo de erotismo. Pero hainos rancios e pretenciosos. Abúrrenlle. Quítanlle perturbación ao sexo. E o sexo, como a escrita, merecen ser perturbadores.
[hai un gracioso entre nós, verdade? Alguén que mudou o "per" da palabra perturbación por "mas". Xa. Bueno, que consulte co farmacéutico. Ou coa boticaria]
2.- En segundo lugar, algo non casa porque… que lle facía el a quen? Aí hai un paradoxo. Unha drag queen, unha ósmose descoñecida ou un paradoxo.
Non se debanden e moito menos se rebanden [achtung, cota de xogos de palabras alcanzada por hoxe] os seus cálidos, xelatinosos e grises miolos.
Non sufran.
Non se exciten.
Nada máis é un título. Un título inofensivo que só quería captar a súa atención.
De vostedes, a fuxidía e virxinal atención.
Decepcionados? Azoutados polo morbo? Xa non están aquí e saltaron directamente a pornotube? Ah, infelice!
Sempre en pos doutro pos doutro pos. Infelice.
Pois ben, agora que quedamos aquí só os verdadeiramente interesados neste bloj, confesarei unha cousiña: mentres el mamáballe a polla a ela, o mundo era unha pura mutación. Un puro paradoxo. A idea de que só existen dous sexos saltaba polos aires mentres el lle mamaba a polla a ela. A chegada do robot ou do cyborg como ser intelixente e potencialmente sexual, reforzaba a chave tecnolóxica mentres el lle mamaba a polla a ela. I esas obvias mutacións que facían saltar polos aires o estatuto presumíbelmente natural do ser humano [que alivio], convivían con outros paradoxos mentres el lle mamaba a polla a ela. Outros paradoxos. Paradoxos que tragamos coa espontaneidade do seme. Que, se os pensamos moi por riba, nin sequera resultan paradóxicos.
Paradoxos como
paradoxo número 1.- O mundo está governado por deficientes mentais e, sen embargo, se move.
paradoxo número 2.- Os produtores de carburantes, automóviles, gas natural e outros derivados de antigos vexetais prehistóricos fan publicidade estilo medioambiental, con folliñas de bosque, bolboretas e amor polas cataratas
paradoxo número 3.- Para vivir nunha casa é preciso tirar unha casa pola fiestra. Ao final, un acaba morando nunha fiestra suspendida a certa altura
paradoxo número 4.-  A tolemia non existe na medicina tradicional chinesa
paradoxo número 5.- Vivimos no hemisferios Norte ou no Sur mais, por analoxías cerebrais evidentes, o miolo do asunto é saber se no dereito ou no esquerdo
paradoxo número 6.- Acenden a tele. Unha canle temática calquera, como Canal Cocina por exemplo, ofrece moita máis variedade de programas que todas as demais canles misceláneas, estatais e privadas
paradoxo número 7.- África
paradoxo número 8.- O copyright. As pretensións de ser xenuínos, orixinais e, sobre todo, transgresores. A cacarexada orixinalidade de algo é de moi mal gusto
paradoxo número 9.- Gástanse 17.000 millóns de $ USA  en comida para mascotas. 19.000 millóns de $ USA en axuda alimenticia ao 3º mundo
paradoxo número 10.- Dicir cousas como “axuda alimenticia”. Presupoñen que se fai como un favor que debe ser agradecido
paradoxo número 11.- A ciencia-ficción atina máis que as prospeccións pretendidamente académicas
paradoxo número 12.- O osíxeno mata lentamente. Para ser exactos, oxida
paradoxo número 13.- O xeo queima. Esvara e adhire. A auga ten un estraño comportamento. Sospeito que quere aniquilar á especie humana
paradoxo número 14.- Certos tipos de dor non doen e certos tipos de pracer, agotan
paradoxo número 15.- Os debuxos animados son críticos co mundo e os telexornais, autocompracentes co mundo
paradoxo número 16.- O doce máis delicioso é o chocolate amargo
paradoxo número 17.- O desinterese pola política é algo cultivado polos políticos. Distrae. Desvía. É algo así como: agora que xa facemos o que nos peta cos impostos, a xestión internacional, a economía… mirade, un cocho voando! Pan e circo romanos.
paradoxo número 18.- O uso de armas por parte de grupos organizados sen membrete nas cartas e sen cadeira na ONU é terrorismo. O uso de armas por parte de grupos organizados con membrete nas cartas e cadeira na ONU é defensa
paradoxo número 19.- As manifestacións pola paz
paradoxo número 20.- A procura de vida intelixente fóra da Terra sen cerciorarse antes de que exista na propia Terra
paradoxo número 21.- Todo o mundo finxe ter unha opinión
paradoxo número 22.- Que haxa algo en vez de nada
Coma todas, esta é unha lista aberta.
O paradoxo é unha das repulsións da lóxica máis comúns e, quizais, instructivas que existen. De feito, o paradoxo non conduce a unha estrada sen saída. Atopa a saída poñendo en dúbida a propia estrada. Se deixamos de crer en todo, é máis fácil comprender parcialmente.
Por iso el coa polla dela. Porque se o sexo  xa non vende, alomenos revende. Porque el i ela son outros. Porque quería falar de algo que non fose o sexo e porque es hielo abrasador, es fuego helado. O paradoxo fai interesantes e insoportábeis aos humanos. Agora só falta distinguir entre os paradoxos inherentes a nós [atraentes, fascinantes, repulsivos e inmutábeis] e os que nos fan tragar [modificábeis a través das medidas sociais, a audacia, o librepensamento, o afán de comprender]. Aclaro que ese “nos fan tragar” non insinúa que exista un complot internacional para todo, cousa que non creo.
Si creo que hai máis paradoxos dos que eu enumerei e que calo, por consideración e cansazo.
À tout à l’heure.
BSO: Escoito Mercedes Benz, de Janis Joplin. Pero o tema paradóxico que teño na cabeza é Je t’aime…Moi non plus, de Serge Gainsbourg con Jane Birkin
Datos de interese:
+ Equinoccio
+ Japanese graphics now, en Taschen
+ Son B+
+ Conto tres cicatrices no corpo
+ Feito ultraparadóxico da miña existencia: canto na cerimonia relixiosa dalgunhas vodas
+ Son as 18:48 h.
+ Hoxe fomos ao mercado. Gústanme os mercados. Máis cós museos. Coñezo o mercado de Caracas o de Cracovia o de Tánger o de Londres o de Lviv… Os mercados existen para lembrarnos que temos certas terminais nerviosas no nariz que serven para algo. Ou serviron. Ou servirán
estibaliz… espinosa
Hoxe que cortei un dedo e puxen nel unha tirita Cosmos, escribo que:
Os nomes dos productos farmacéuticos seducen.
Ao igual que os das súas avoas e tataravoas, as plantas con poderes curativos ou pseudomáxicos da antigüidade. A velenosa beladona, que as mulleres italianas utilizaban para dilatar as pupilas, sinónimo de beleza, predisposición, excitación; o beleño, que con ese nome xa nos fai levar a man á garganta; a ruda, clásica abortiva [ao igual có inofensivo pirixil que realiza tranquilo a súa fotosíntese na encimeira dunha cociña].
O nome binomial da beladona é atropa belladona. Atropa, derivado de átropos, unha das 3 Parcas [Moiras] que fiaban na súa roca o destino dos humanos: Cloto [de onde vén clothes], Láquesis [de onde non vén nada] e Atropos [a que corta o fío: a que mata. De onde vén a atropina, potente droga paralizadora e activo en plantas como a belladona]. A pouco que rañemos sobre calquera superficie humana sae esa costra mitolóxica coa que nos cicatrizamos a ferida de non saber moi ben de que vai todo isto.
Trasladándonos aos modernos campos silvestres e cunetas de camiño que son as farmacias [pharmakon é droga; en inglés drugstore é farmacia. Vieiros de ida e de volta dun mesmo vocábulo] podemos atopar, por exemplo, unha marca de apósitos Cosmos. Tamén existe unha empresa de cementos Cosmos. Hoxe manquei nun dedo. Peguei unha cosmos, ben apertada, contra el. Non sentín nada importante. O dedo escocía un pouco.
Nas vitrinas e caixóns estilo nicho das farmacias algunha vez avistarán nomes de marcas tan suxestivas como…
polaramine: un antihistamínico. Supoño que a palabra é un palabro que mestura pole e histamínico. No noso mundo alérxico, adivíñoo poboando os petos de moitos abrigos e bolsos. Temos alerxia a nós mesmos de tanto limpar canto nos rodea. Matamos a nosa simbiose natural coas bacterias. Elas non estornudan. Nós si. E poñémonos ronchas.
silvederma: sempre na cociña. Ungüento miraculoso que salva a pel das queimaduras. A base de prata, de aí o nome da marca. A prata, coma nun conto medieval, conxura o lume. Sen embargo unha vez vin na tele a unha muller da cor do cemento fresco: tomaba prata. Sería unha ironía se chamara Silveria. Pensei nela coma nunha placa fotográfica vivinte. Talvez, coas emulsións precisas, se podería imprimir unha paisaxe nela. Un retrato. Un collage. Unha polaroid.
atarax: unha amiga tomaba atarax. Había varias escolas gregas de pensamento que perseguían iso, a ataraxia. Unha especie de perfección cun verniz glacial: nada me afecta. Nin a gloria. Nin a derrota. Nin as pequenas miserias e goces humanos de cada día.
a mítica aspirina: orixinalmente aspirábase? Prefíroa efervescente.
diane 35: odio a píldora. Pero esta tiña un nome curioso, como de muller francesa que se anuncia nos clasificados
emulsión de Scott: cunha delicada ilustración dun enorme bacallau case mitolóxico a lombos dun pescador probabelmente escocés, esta nutritiva emulsión nutriu de pesadelos na infancia ao ser co que durmo. Por suposto. Era aceite de fígado de bacallau.
leite de magnesia: non me pregunten cómo se muxe unha magnesia. Tampouco sei moi ben para qué serve. Coido que Gúgel sábeo.
haloperidol: esa droga legal monstruosa. Bloquea a dopamina. Distingo aos tratados con haloperidol por un triste e antigo vínculo a ela. Todos tremen. Todos cuartean a pel como cinza. Todos teñen os labios resecos. Con tics. Todos parecen reconcentrarse en pensar algo que non poden pensar. E todos perden memoria. Exaltación. Riso. Atención. Gañas. A san obsesión nas cousas que lles gustan. A san obsesión nos seres que aman. O resplandor intelectual. O esplendor na herba. O tacto cálido. Todos perden ás súas irmás. Nun halo ou círculo do que non saen nunca, por máis que se lles chama. E se lles chama.
tranquimazín: con ese nome de pitagorín da calma e os nervios como cintas de raso, o tranquimazín vai escoltado por toda a gamma de ansiolíticos, antidepresivos, neurolépticos… que son o pan para tanta crise de identidade, ansias, nervios e sentidos.
Sen embargo, do fío destes dous últimos preparados alquímicos pendura unha pregunta: realmente hai tanto ansioso? Ou serán os profesionais, que non queren romperse a cabeza e diagnostican o fácil e de moda? Por que se queixan de que os vulgares mortais se autoadministren drogas e pastillas? Véndoos a eles, diagnosticar semella tan sinxelo… Porque tipos como House, que celebran o que cae fóra da campá de Gauss, o raro, o insólito… eses son ficción, claro. A meirande parte diagnostica o que quere. Nin sequera iso. A meirande parte diagnostica o que lle parece máis in para a súa profesión de merda. É dicir, que está dictaminado por forzas tan abstractas como a casa farmacéutica que lles custea unha viaxe ao País das Jineteras, a moda, recentes descubrimentos da Muy Interesante ou cántos clientes lle faltan para ser socio do clube de golf.
E si, poden relelo: dixen profesión de merda. Sobre todo certas especialidades que xogan con elementos moi delicados da especie humana, como a psiquiatría ou a xinecoloxía. Pero iso é tema doutro post.
Neste só quixen enfatizar sobre a fascinación e variedade da farmacopea legal [a ilegal sería tema doutro post], que cura e mata á vez. A nosa mellor aliada cando morren gatos, esposas ou tratados con firmas multinacionais. A cativa conselleira que, derretendo baixo a lingua, nos fai saír de nós mesmos e nos multiplica. E a nosa amiga máis cruel cando queremos recuperar a velocidade e variedade dos nosos pensamentos… e pensamos coma outro, coma un pequeno rato de laboratorio que corre e corre nunha gaioliña sen saber que non tén medula
nin patas
nin garras pequeniñas
malia sentilo todo en plena explosión física en pos do seu alpiste.
BSO: Mes pas dans la neige. Keren Ann. Canta coma se non soubese facelo ben. Letras tan francamente francesas como Les amants du Pont-Neuf, Jacques Brel ou Amélie. Un se imaxina estudiantes que viven en vellos pisos do centro, embaldosados de cidade vella nas rúas, bafaradas de frío das bocas sensuais, xente de gafas e pelo liso que acarreta pesados instrumentos musicais e gasta bufandas de raias e fala coa boulangère e co bouquiniste e non termina nunca de crecer.
Datos de interese: un cabelo humano vive uns 7 anos. Entón, se toco as miñas puntas, toco o meu pasado. Cabelos que despuntaron cando fixen aquela obra de teatro terríbel. Cando vin aquela película. Cando viaxei a Marrocos. Cando usaba un abrigo dos anos 70 non por vintage precisamente. Cando non te coñecía. Cando non me alcanzaba o teu poder.
estibaliz… espinosa
Lista aberta de sucesos insólitos dos que fun testemuña ou parte protagonista dende que nacín ata aquí, agora, hoxe
1.- A psicóloga de 3º dixo: Ahora, niñas, dibujad un hombre. Entendín un OVNI e debuxei un prato voador con dous marcianos guindando unha escaleira de corda. Nunca souben o resultado do test
2.-Apartheid/Afganistán/Balcáns/Prestige/Invasión de Irak/Ataque ao Líbano/Palestina… O gracioso batuqueo da comunidade internacional, do tipo Pataleamos para que todo siga como está e que pareza que está cambiando
3.- Nunha homenaxe a John Lennon da miña próspera i escaparatista cidade de provincias ter a irrebatíbel honra de cantarlle, jratis, a Julia Lennon quen, polo visto, non se levaba moi ben con John. Os temas escollidos son Julia e Across the universe. Ela sorrime i exclama Oh, it was beautiful, e pasa a zampar un pincho de zamburiña. Sentir, de golpe, toda a estupidez humana
4.-Pola rúa ser confundida con: unha actriz. Unha lumi. Unha presentadora de televisión. Unha profesora de publicidade. Unha escritora. Alguén importante
5.- Darlle a man a Hugo Chávez. Por amor. A un chavista
6.- Viaxar en avión co billete dunha soprano catalana (na estratosfera opera tamén a usurpación de identidade?)
7.- Vestir un modelo de Agatha Ruiz de la Prada nunha ópera na que, ao finalizar, o público apupa o deseño de vestiario
8.- Que exista unha Estíbaliz Espinosa que escribe nun xornal da Rioja. Créanme que – seguramente a causa da vaidade narcisista, esa que tanto lles molesta a outros vaidosos narcisistas-, créanme que con ese nome unha pensa que é única e irrepetíbel. Por iso Walter Benjamin. Por iso Xerox. Por iso Anónima. Por iso Opia.
9.- Compartir a vida con alguén que asegura ter oído chiar a unha formiga en mans (patas) dunha araña
10.- Si, señoras/ señores/ androides… eu fun parte do I Simposio de Anomalías da Facultade de Socioloxía
11.- Atracáronme unha soa vez: un rapaz cun verdugo feito de ganchillo branco e un coitelo de untar manteiga. Conmoveume. Pero eu era pobre. Só me levou calderilla.
12.- Nacer aquí, neste eon. Baixo esta forma
13.- Unha copia da película 39 escalóns, de Hitchcock, queima mentres eu a vexo
14.- Confundir de bus e chegar, un venres invernal a medianoite, á cidade de Ourense. Cabreo. Procurar hotel. Cabreo 2. Dar explicacións telefónicas a amigos e familiares. Ir carregada cunha gaiola e un abano dentro, unha “instalación” elaborada para unha exposición de poemas sobre abanos. Detalle de insolitismo turbador
15.- Ter unha amiga que foi amiga da Nevenka do Caso Nevenka
16.- O prezo da vivenda. O prezo da chabola. O prezo da choza. En chan español
17.- Tirada na Marina, a carta dun preso á súa nai. Porque lina, claro. E devolvina á súa dona lexítima. Foi triste. Peliculeiro. Morboso. Lírico.
18.- Que ninguén fale de, por exemplo, Paraguay. Iowa. Burkina Faso. Uzbekistán
19.- Linguas lambendo o cu (negro sobre branco) do insólito Dragó. Finxir ser muda
20.- Cear en casa dunha familia ucraína na que ninguén fala inglés e todos beben vodka con guindilla como fanta. Incluída unha ninfa de 12 anos que me regala unha sortella
21.- Ser convidada a casar cun nativo de Dubai nas toilettes dun fumadeiro árabe de Londres
22.- Namorar dun caníbal
23.- Soñar cun número de lotería rematado en 17
Ata aquí estes 23 cromosomas insólitos.
Non admito suxestións.
Admito desavinzas.
Non admito parvadas.
Non facilito teléfonos.
Banda Sonora Orixinal: Ah, che infelice sempre ( bo título para calquera cantautor en paro), Vivaldi cantado por Andreas Scholl. Contratenor. Un rexistro de voz insólito, que asusta: home? muller? atorrante? E sen embargo, a voz de contratenor é tremendamente agradábel. Sinuosa e pouco clara como as voces roucas, as voces graves, as voces machucadas. Pero, neste caso, cunha impresionante técnica vocal que lle lima toda rozadura. E aínda así, son voces turbias. Equívocas. Delirio de grandes nobres podres e dezaoitescos
Datos de interese: resulta que son Tigre no horóscopo Chino, cousa que me enche de pelaxe e perigosidade de extinción.
Resulta que grrrrr
Resulta que a semana pasada nás Médulas do mundo vimos 3 signos de bo agoiro: vimos unha estrela fugaz; vimos nevar; vimos un cocho tailandés.
Resulta que nos encontramos no hemisferio norte, pero non se especifica se no dereito ou no esquerdo.
Resulta que merquei Las criaturas de la Tierra incierta, cómic de Fritz, basicamente polo título
Resulta que me anuncian que estiven a piques de gañar unha suma importante de diñeiro e certo prestixio para a miña turbia alma de ácrata tímida desalmada. Pero dior mío! Conformarei co rimpomposo título de artista local? Ou co de artista pronunciado con maiúscula e sereno e grave semblante?
Resulta que se non tes un bo síndrome, non mereces ser nin diagnosticado por House. Recollo esta interesante escolma de botóns:
Síndrome de Estocolmo (un dos favoritos. Simetría psicolóxica: entendo a quen me fai mal)
Síndrome de Münchaussen (mentira tras mentira tras mentira. Pero as boas mentiras son un exercicio de xeometría para que todo case. Non esa vulgaridade plana de responder Non cando é Si. Ou viceversa )
Síndrome de China (creo que só é unha peli. Pretender ser china aos 7 anos configura un cadro de síndrome de China? Ah, leo por aí que tamén é unha teoría acerca dos reactores nucleares)
Síndrome de Stendhal (vomitar de beleza)
Síndrome de París (acontécelles ás hordas de xapos que chegan co ideal de París e dan de bruces cunha cidade excesiva e fea de tanto turista e tanto europismo)
Síndrome de Dióxenes (herdanza de familia. Mañá boto iso. Unha castaña semipodre dos castaños da Alhambra? Como non vou gardala!! Un papeliño no que alguén riscou un retrato e logo eructou unha bafarada de alcohol e hormonas? Para sempre en cada mudanza!! Comigo. Comigo. Comigo)
Síndrome de Ulises (acontece aos inmigrantes que o esperan todo e non obteñen nada, ou as farangullas da nada. Que proe máis. Supoño que, como Ulises, son Ninguén. E ós demais tócanos ser Cíclopes. Por certo, non lin a novela da foto nin tiña pensado facelo. A foto está ben)
Síndrome de Príncipe destronado (odio entre irmáns. Cándido)
Síndrome de Peter Pan (un clásico Disney)
Síndrome da Autómata ( o que me atribúo?)
E logo o catálogo de síndromes retortos que levan os apelidos dos seus insignes descubridores: Moebius, Asperger, Turner, Rett… todos europeos, vieneses, rectos, con cranios ceñudos e batas suaves. Todos con pinta de protagonizar remakes do doutor Caligari. Ou Mabuse.
Créditos das imaxes: todas roubadas
estibaliz… espinosa
a piques de
1.- Perder algo que non é teu. Sobre todo, o tempo
2.- Vendo vellas fotos cun ou cunha amante, parella, arreconchegado… cáese unha da Primeira Comuñón
3.- Atopas a alguén na rúa que te chama con confianza polo teu nome. Ti expremes os miolos: Diana, Vanessa, Ulpiana, Rafaela… cómo coño…? Rematou a conversa. Só puideches dicir: Mira, Oes ou Ti.
4.- A situación anterior torna moi embarazosa cando se suxire intercambiar os teléfonos
5.- Vas a unha revisión médica [xinecolóxica] e decatas de que levas unha calcamonía dunha bolboreta pegada ao ventre
6.- Alguén elóxiate  moito, pero confunde todo. Por exemplo, di que naciches en Tombuctú, que escribiches un libro sobre A psicoloxía do armadillo e que che encantan os escargots, as sit-coms e os homes rubios con bigote
7.- Un tipo a seguirte pola rúa. Párate. Comeza: Ola, perdoa (está nervioso), quería preguntarche… aínda te dedicas ao mesmo? Ti miras con cara de parva e colles mellor as bolsas do súper, que pesan un pouco. Esto… a que, exactamente? Bueno, non tiñas un anuncio deses no xornal? Anuncio deses?
8.- As visitas de cortesía. En xeral, a cortesía
9.- O bolso dunha muller
10.- Descubren que o nivel de marmelada de framboesa descendeu mentres ti ficabas soa na casa. Por sorte, ninguén mira no licor de guindas.
11.- Explicarlle a un neno cómo funciona o mundo que non é Moltó ou Chicco
12.- A Administración
13.- Descubrir nos demais fe cega en cousas como democracia, idioma, poesía, arte ou relixión. Este sentimento mestúrase con tenrura e, ás veces, envexa.
14.- Rexeitar algo que che dan con amor
15.- Non saber qué dicir nos grandes momentos nos que cadaquén solta un tópico
16.- Escoitar a alguén que canta mal crendo que o fai ben ou que di cousas como “Es que a mí la literatura me encanta“, ou “Gústame o cine, pero o que fai pensar“.
16.- Non saber dicirlle a un neno ónde remata o ceo
17.- Non saber ou non querer expresar o amor aos que máis amas
BSO: Monkey gone to heaven, The Pixies. Hai tempo que non pretendo desentrañar as letras dos Pixies. Simplemente, son. Imaxino este mono que somos e que marchou para o ceo, andou pola lúa, deulle a volta, mandou un disco dourado gravado con datos sobre si mesmo ao espazo exterior… Mentres, aquí abaixo, gusto moito dos monos. Unhas persoas ben extraordinarias.
Datos de interese: Saír de contas HOXE. O emerxente estado de expectación.
Hei asomar moito para me ver os pes.
Fuxo da mágoa que se quere dar nos textos. Dende hai anos a criatura mecánica plásmase na ironía, a cibernética, a copia, a distancia, a emoción dende a distancia. E comprobo con delectación -tras certos actos colectivos nos que se len certas cousas- que alguén quere clonarse en min.
15 Julio 2006 – 20:30 GMT
15 Julio 2006 – 22:30 GMT+1+DST
Despejado 25ºC
Humedad:61%
Velocidad viento:(N) 3 Km/h
Presión:1017 mb.
Punto de rocío:17ºC
Índice de calor:26ºC
Aire frío:25ºC
O medo e a man son os puntos de partida da especie humana.
O cangarexo pode rexerar unha pinza que perdeu en batalla. Por iso son tan bravos. Pinzoume un ermitán na praia da Lanzada
Gústame camiñar pola rúa pensando que vou por unha Playstation
Xogar. Interesante desviación da vida humana.
Falaremos diso no seguinte capítulo, damas e cabaleiros, de…
A Criatura
Ata entón, sigan connosco. Como dicía Uslar Pietri nun programa da tele venezolana: Ata a vista, amigos invisibles (anécdota que debe acompañar a todo texto: de aí xorde o nome do grupo de rock dese país, Amigos Invisibles)
Créditos das fotos: foto 1: Criatura en suspensión, col. privada; foto 2: O disco dourado da Voyager I, supervisado por Carl Sagan
Quero dedicar este post ao que se fai chamar o niu quid of de blog. Un haijin. Polas listas de cousas que nos unen. E tamén polas que nos separan.
estibaliz… espinosa
Rhin [Rin]
Devesos
Samarkanda
Lobios
Besarabia
Salto Ángel
Luou
Ciudad Delicias
Macedonia
Shanghai
París
Zanzíbar
Matanzas
Cariño
Lobeira
Seixo Branco
Castro Daire
Deserto Pintado
Murmansk
Yucatán
Mundaka
Nairobi
Ons
Cnossos
Mikonos
Isla Tortuga
Nicosia
Berlín
Mar del Plata
Asilah
Nínive
Ulan-Bator
Estambul
Marrakesh
Cines
O Xen
Olinda
Ur
Atlanta
Madrás
Timbuctú
Harar
Namibia
Ispahán
Miranda
Yare
Algúns destes lugares non sei case nin ónde quedan (oh, atrevida ignorante!). Moitos outros, si. Claro que me dan igual todos eses que confunden afanosamente a intelixencia con saber ou non a capital de Kenia. Sempre me fixeron graza os esforzados en demostrar os seus espasmos neuronais con ardides semellantes. Cando un intenta deixar claro que é moi intelixente… ¿é intelixente ou petardo? Non sei por que, esforzo e intelixencia non me casan na cabeza. Claro que a miña é só unha cabeza que vive de memes e lembranzas semiimplantadas.
A Terra destes humanos é grande dabondo como para competir co Universo coñecido… Así houbo que poñerlle nome a todo, a todo. As criaturas mecánicas percorren co dedo mecánico unha interfaz. A interfaz da Terra que tampouco é súa. Todos estes topónimos emocionan fondamente a súa falta de entrañas. Ás veces non hai como non ter vísceras para sentilas palpitar a cada paso, como lle acontecía ao Leñador de Folladelata.
Qué namorados están deles mesmos e do seu planeta azul. Viven de ser “eu” e de beber auga potable.
Pero “eu” afoga nun vaso de auga. Alguén bota esa auga, estrágaa. E a Terra, reseca, estira o pescozo de tartaruga moi vella. E o Mar, un aprendiz de Aral, un enorme esterqueiro, un abismo a presión dende o que nos miran peixes cegos, albinos, transparentes, cun signo de interrogación aberto no espiñazo.
Qué felices que somos nesta terra, pronunciando estes nomes bonitos nas noites de calor. Acariciando o pescozo veludo dos nosos nenos. Rin Devesos Samarkanda…
BSO: Beautiful feeling, PJ Harvey
Daphnis et Chloe, Maurice Ravel
Datos de interese:
Latitude:
43.3
Lonxitude:
-8.38333
Altitude:
97
Saída do Sol:
6:54 AM GMT 2
Posta do Sol:
10:12 PM GMT 2
(15 horas de luz solar! Coño, xuño é unha verbena)
Fase luar: in crescendo molto splendente
Regale una estrella
Un regalo resplandeciente para el día de la madre o del padre, cumpleaños, Navidad, bodas, San Valentín u otras ocasiones especiales. Por sólo € 69 recibe un Kit Estelar de MYSTAR – Global Star Registry. El kit contiene un certificado firmado que confirma el nombre y las coordenadas astronómicas de su estrella. También obtiene un mapa celeste que muestra la ubicación de su estrella en forma destacada. El kit incluye también un colgante grabado con la constelación de la estrella y sus coordenadas exactas. Puede escoger el colgante como collar o llavero. Inmortalice su propio nombre o el de otra persona entre las estrellas. ¡Un regalo brillante y exclusivo que nunca dejará de complacer!
Mmm. Quedan poucos días para unha sinalada data… ¿Optarei por regalar unha estrela do Kit Estelar de MYSTAR?¿Unha navalla mariposa?¿Syberia II para PC? ¿Un pequeno tití cun chapeu morado e unha cadeíña de prata? ¿Un acuario? ¿As obras de Sade, marqués-de-? ¿Unha viaxe ás Covas Do Rei Cintolo? ¿Unha cesta de nadal? ¿Un ideograma chinés co significado de -quéseieu- “inmortalidade”, “nirvana total”, “fecundidade rotunda” ou “melocotoneiros en flor púrpura e lesbianas de almorzo debaixo“?
Tic-tac, tic-tac. Pensa, pensa, coelliño branco, pupilas rosa…
estibaliz… espinosa
maríademallou convocoume a un xogo en cadea.
A cousa comeza a ser obsesiva…
Cincomanías que me recoñezo:
1.-Facer listas de nomes
2.- Sacarme padrastros das unllas. Son fillastra dunha morea de carne
3.- Non reenviar os textos en cadea
4.- Non acabar de parecerme a ninguén. Co pouco que dá iso de si nas reunións familiares
5.- Durmir coa cabeza baixo unha fiestra
Cincomanías que non me recoñezo:
1.- Mirarme en todos os espellos da rúa (incluídas lúas comerciais de escasa opacidade)
2.- Non ser inmortal
3.- Rirme de todo
4.- Ter os pes fríos
5.- Ladear a cabeza cando canto
Datos de interese: vivo no mesmo mundo que Shakespeare, pero eu non creei unha Miranda. Senón un Yare.
Algunha vez tivemos cola. Pódese apalpar o resto na coxis se queren. Coidado. Dá grima.
Ao sol bótanlle uns dez mil millóns de anos máis.
As bacterias son quen de vivir millóns de anos en cristais de sal.
Platón admiraba a arte exipcia.
Marshall McLuhan vaticinaba a morte do libro tal e como o coñecemos.
Sobrevoei Ancares este martes e estaba nevado.
Un litro de aceite virxe custa máis de 4 euros.
BSO: Horses in my dreams. Teño outra compulsión/convulsión: escoitar perennemente a PJ Harvey desde hai dous anos (salvo pequenas excusións a Radiohead, Gentle Giant, Ali Primera, Coco Rosie ou macedonias polo estilo)
estibaliz… espinosa