<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/U6xxmmvXCR8&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/U6xxmmvXCR8&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
“Xigantes” Ruxe-Ruxe 2008
http://www.ruxeruxe.com/
http://www.myspace.com/ruxeruxe Aqui podedes ver o adianto do seu novo disco.
Roberto G. Valerio. Seguramente pertenzamos a un pobo cun especial vencellamento á súa tradición musical. Veráns de romaría constante, as bandas do pobo, instrumentos autóctonos, as agrupacións de música tradicional, grupos folk a nivel internacional, as orquestras de máis sona… As nosas vidas decorren acompañadas dunha banda sonora constante.
Cunha cultura musical así chama a atención que nas nosas coleccións de CD´s non adoitemos a atopar grupos musicais galegos. Rara vez algún deles acadou unha repercusión como para tentar unha carreira musical e, se cadra, isto resulta aínda máis significativo á hora de falar do rock. Sería imposíbel enumerar os grupos galegos que practicaron ou practican algunha póla deste estilo e moi poucos tiveron posibilidades nisto da música… e se buscamos algún que cantara en galego as cifras quedan na anécdota.
Repasar o panorama musical das últimas décadas pode aportar certas claves para explicar este paradoxo: o intanxíbel que supuxo a chamada “movida”, a inicial falta de definición e identidade propia do rock galego, a desconexión entre os propios grupos… Toda unha cadea de factores que foi freando unha evolución organizativa no noso panorama rock.
Voces Ceibes e a “movida”
Xa choveu desque na radio soaban os primeiros retrousos de punk de Galiza, cando se podía escoitar ao través das ondas hertzianas algúns temas do primeiro disco de Siniestro Total “Cuando se come aquí” (1982). A finais do ano anterior, este grupo tivera a súa epifanía en directo sobre o palco do colexio relixioso Salesianos de Vigo; curioso entorno para un grupo que máis que orar apelaban a Ayatollah para que no lles tocase a “pirola”, que querían tocar as tetas da túa moza porque as da súa tiñan cancro de mama, os que visitaban as Illas Cíes para matar hippies…
En Euskadi iniciábase a Era do Rock Radikal Vasco e Galiza comezaba a vibrar coa chamada “movida”. Eran os primeiros anos logo do franquismo, todo o Estado fervía con novas actitudes e aquí estouraron as gañas de diversión mudando a dinámica anterior. O momento musical do que se saía en Galiza estaba dominado polo activismo político e agora se reemplazaba polas ganas de vivir novas sensacións.
Falar da música galega na última etapa do franquismo é falar de “Voces Ceibes”. Etiqueta dun colectivo musical galego que naceu nun recital de música na Faculdade de Mediciña da Universidade de Santiago de Compostela en abril de 1968. En maio dese ano celébrase unha reunión en Santiago para organizar un colectivo de canción galega, como xa había en Euskadi cos “Ez dok amairu” ou en Catalunya con “Els setze jutges”. Así, Voces Ceibes convertíase nun movemento político-cultural que tiña como obxectivo sobranceiro normalizar a música e a canción galega. Vicente Araguas, escritor e cantautor compoñente desta agrupación, definíu os obxectivos de Voces Ceibes en agosto do 70 como a creación dunha “verdadeira conciencia social no pobo galego. O contido das nosas cancións é social e cultural. Pero non é a cultura pola cultura, senón como algo completamente imprescindíbel para Galiza”. Rexeitan o folclore como medio de expresión e asumen novas formas influenciadas polos cantautores cataláns. Escribiron un manifesto onde espuxeron as súas liñas programáticas: dignificación lingüística e compromiso coas clases traballadoras. Nin os seus compañeiros cataláns ou vascos atrevéranse a tanto! Actúan xeralmente en recitais poético-musicais e en eventos políticos clandestinos. O proxecto remata en 1974, deixando de legado un disco editado no ano 68 e a súa colaboración no disco coletivo “Cerca de mañana” do 1973.
Enfrontar o que supuxo “Voces Ceibes” coa “movida” dá certas pautas sobre o transcorrer da música en Galiza. Antes, o activismo político ou o galeguismo na música era cousa de cantautores (como demostrou “Voces Ceibes”), logo de folkies (sobre todo nos primeros anos da chamada Transición Democrática Española) e, cando chegaron os grupos de rock, a idea non mudara moito: o rock representaba máis un colonialismo que a defensa dunha identidade propia. É unha diferenza latente entre unha época de represión fascista e unha época postfranquista onde a troula e a “caradura” foron gañando espazo ao discurso político-social en contra daquel réxime autoritario. Pero no paso dunha época a outra, a finais dos setenta, podemos atopar grupos abraiantes como Goma 2 (do que xa falarmos máis tarde) e N.H.U.
A “movida de Vigo” era un satélite dalgo con epicentro en Madrid que se foi exportando. Outras zonas, como Valencia, tamén viviron este efecto aínda que non no grao da cidade olívica. Incluso Almodóvar chegoulle a dicir a Julián Hernández, no famoso Rockola, algo así: “O mundo ríxese por un eixo cultural formado por Madrid, Vigo e Nova Iorque”… Pola súa banda, “Voces Ceibes” era algo para e por Galiza cunha mensaxe de autoafirmación de pobo diferenciado con cultura e idioma propio.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/Kjzfh7QtWNs&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/Kjzfh7QtWNs&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Así, nos oitenta os grupos de rock galegos miraban cara á Madrid. Por outra banda, á xente receptiva a fomentar unha identidade autóctona da música non lles interesaba o rock. Deste xeito o estilo non estaba moi aberto a incluir cancións en galego e a apostar por un circuito propio, como si chegou a acontecer en Euskadi.
Siniestro Total non cantaba en galego, Golpes Bajos tampouco… logo seguiron Semen Up, Aerolíneas Federales, Los Cafres, Bromea o Qué, etc. Todo era en español e a temática das cancións estaba máis perto de procurar o número 1 nas radios que de contar cousas serias, reivindicar algo e aínda menos unha galeguidade… Tívose que agardar ata o 84 a que apareceran Os Resentidos para escoitar música contemporánea no noso idioma, aínda que enxoitos daquela tolemia oitenteira que alguén definíu como “moito rock n´roll, algunha que outra droga e máis ben pouquiño sexo”. Pero tampouco Os Resentidos orbitaban moi achegados ao rock e, de feito, tivemos que esperar ao ano 87 para escoitar unha canción de rockeiros en galego formato vinilo: “Corta o pelo landrú” unha versión de “Sunshine of your love” de Ray Davies editado como single por Siniestro Total (“Diga que le debo”), aínda que non deixaría de ser unha simple anécdota na súa discografía tan españolafalante.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/osNtIqQTPlE&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/osNtIqQTPlE&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Pero todo o devandito sobre a época da “movida” pertence ao mundo das discográficas asentadas,  no que incluso algunha publicaría un anuncio demandando: “Búscanse grupos de Vigo, fagan o que fagan”. Chegou un momento no que, aquela cidade de apenas 200.000 habitantes,  contaba con sete ou oito grupos con disco e coas súas cancións soando polas radios estatais.
Cambio de mentalidade
Os grupos desapareceron dos xornais e as radios fóronse esquecendo da música made in Galiza, apenas había locais para que un grupo puidese subir a un palco, as discográficas xa non se fixaban en Galiza… musicalmente este país quedou borrado do mapa, ficando só o reduto do folk. Xusto pago para unha terra que non se centrou en facer un panorama musical propio, senón que vivíu da oportunidade que brindaba Madrid.
Unha vez devoltos á sobriedade, varios grupos da última etapa da “movida”, xunto con outros recén aparecidos, tentaron reivindicar a súa dignidade nun festival chamado “Rockinverno 87”. Pero as institucións públicas xa entenderan o seu fracaso á hora de xestionar aquel conato de efervescencia e esquecido a uns músicos que agora non facían máis que pedir. Foi nese intre cando estoupou o Do It Yourself na nosa terra.
Todo aquel pseudo pop-art gamberrete dos oitenta instaurado tamén en escritores, artistas plásticos, xente adicada ao cinema de serie Z… non servira para máis que gozar dunha moda pasaxeira. Foi o punk, o ska e o hardcore os estilos que acabaron batallando coa palabra e o son.
Xa naquelas alturas Os Raiados capitaneaban o punk integramente en galego dende a península de O Morrazo, pero só deixaron unha maqueta de legado para uns poucos. Un chisco despois chegaron Kaos dende as mesmas terras (agora seguen como Soak). En Vigo estaban Desvirgheitors, Kruze de Kables ou Triunfos Kopas; en A Coruña os MOL ou Os Verjalludos; Zënzar en Cerceda (aínda en activo dende o 87)…: Todos eles xa utilizaban o galego con certa continuidade e foron os antecesores a unha actividade de casas Okupa, concertos en novos pub´s e activismo contracultural. Rematábase en gran medida co mundo das redes discográficas e iniciábase o tempo das maquetas autoproducidas (moitas veces baseábase en mercar todas as cintas virxes que permitira a economía e fotocopiar as portadas).
Case en seguida chegou a década dos noventa e con ela a explosión de centros sociais ocupados e o nacemento dunha manchea de grupos reivindicativos saídos deste contexto como Kakola, KOP, Fame Neghra, Dirty Barriguitas, Skacha (aínda en activo)…
No ano 94 nace no pobo de A Estrada o grupo Xenreira. Baixo o seu autoetiquetado Rock Irmandinho abandeiraron o rock politizado nacionalista, marcando así a ruptura coa anterior imaxe antigaleguista deste estilo. Pero Xenreira tamén incluía unha sección de ventos que lles permitía xogar co ska e iso xa era unha novidade. Pode ser por isto que xusto por esa época viron a luz as bandas ska Diskatocam (A Coruña) e os aínda en activo Skárnio (Vigo).
O caso é que a partires dos noventa comezáronse a ver de novo discos de grupos galegos e, desta vez, moitas veces cantados no noso idioma. Unha produción discográfica continua que aínda hoxe perdura e que se construíu a base da propia actividade dos grupos, que foron creando novos camiños para a difusión da súa música.
Rural e cidade
É importante salientar o papel do rural galego no mundo do rock. Na primeira metade dos oitenta moi poucos adolescentes podían mercar unha guitarra eléctrica co seu respectivo amplificador… e se eses mesmos adolescentes vivían no rural, seguramente nin o plantexaban. Na cidade había algún local de salas de ensaio con baterías, amplificadores e equipos de voces. Sen embargo, cando as ganas de facer rock volvéronse insostíbeis, os pobos convertíronse en punto de referencia indiscutíbel.
Na segunda metade dos oitenta a “guitarrada” comezouse a introducir na aldea. Foron os anos nos que saíron grupos como Os Raiados, Zënzar ou Kaos. Aínda que xustamente os mencionados apoiábanse nos sons punk ou rock vidos de fóra, poucos anos máis tarde viuse que o rural aportaría moito máis. Fóra das cidades había moitísimo músico que tocaba en agrupacións tradicionais ou en bandas do pobo… ou simplemente por diversión tocando a gaita e un tamboril nas festas. Ademais, contaban cunha vantaxe importante: unha vez conseguido o material, non tiñan problema para ensaiar todas as veces desexábeis. Porque nas cidades era moi doado acabar  ensaiando nun local de aluguer a hora, e no pobo sempre había un galpón onde tocar.
Era a chegada da guitarra eléctrica a músicos que apenas pouderan admirar outro instrumento que non fose tradicional e, xa na primeira metade dos noventa, comezouse a ver un rock que só podía nacer en Galiza: a fusión dos nosos instrumentos tradicionais cos sons do momento. Rastreros xa incluían gaita na súa formación, Os Diplomáticos de Monte Alto o acordeón (aínda que de A Coruña pero con xente procedente do folk), algo despois chegarían Os Heredeiros da Crus protagonizando un éxito impensábel, logo Ruxe-Ruxe (aínda en activo) afondarían aínda máis na fusión do tradicional co rock… toda esa canteira de músicos reconvertidos a rockeiros foi enriquecendo o panorama.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/4QVOdx-21Yw&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/4QVOdx-21Yw&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Xenreira, aparte de utilizar a percusión tradicional nalgunhas cancións, lograra introducir unha sección de ventos tal e como se apuntou antes. Na cidade non era unha práctica moi cotiá incluir metais ao son dun grupo e, aínda que se quixera, non era doado atopar instrumentistas. Pescudábase no conservatorio e moi rara vez se interesaba alguén. Atopar unha sección de ventos completa era unha tarefa máis que complicada! No rural era máis doado porque o teu veciño tocaba o saxo ou o trombón na banda do pobo. Mais esta semente diferenciadora foi xermolando e establecéndose tamén nas cidades.
Chegados a este punto, non se pode máis que volver a facer referencia a un grupo abraiante: Goma 2. Abraiantes porque facían rock cantado en galego xa a finais dos 70´ (co seu hit “O galiñeiro”), incríbeis porque xa daquela fusionaban o son da gaita con guitarras eléctricas e desconcertantes porque non viñan dunha cidade senón de Portonovo. A mediados dos oitenta as cidades xa contaban normalmente con grupos que facían as súas cousas… pero naqueles anos e nacendo no rural non deixa de abraiar a existencia deste grupo. Gravaron un disco homónimo no 79, que se reeditaría vinte anos após, e só deron tres concertos de certa trascendencia: dous teloneando a Triana e outro a Miguel Ríos.
E se falamos de Goma 2 tamén é xusto referirnos a N.H.U. Este grupo de rock progresivo, nado en Santiago na segunda metade dos 70, utilizaba o galego nas súas poucas composicións cantadas e chegou a editar o seu disco homónimo no 78. Non tiñan esa fusión de gaitas e guitarras eléctricas, non viñan da aldea… pero a referencia era obrigada nun repaso á historia rock de Galiza.
As palabras de Xavier Valiño, crítico musical durante dúas décadas, sirven de resumo ao anteriormente exposto: “Nos anos setenta chegou a televisión á aldea. Nos oitenta os electrodomésticos. Nos noventa as guitarras eléctricas. Bravura ancestral enchufada nun amplificador.”
Iniciativas
A primeira tentativa medianamente organizada para dar a coñecer o rock cantado en galego chegou da man do Rock Bravú. Etiqueta nada nunha asemblea en Chantada (1994) onde se reuniron os xa mencionados Diplomáticos de Monte Alto e Xenreira; xunto a outros como O Caimán do Río Tea (Ponteareas), Rastreros (Chantada), Os Impresentables (Vimianzo), Skornabois (Lourenzá)… A premisa era conseguir a atención da xente sobre unha escena emerxente e de personalidade propia. Esta iniciativa cristaliza no disco “Unión Bravú” (1996) e na revista “Bravú” (1997). No cd participan boa parte do panorama rock galego do momento con infinidade de estilos diferentes e a revista servía de apoio á etiqueta.
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/N4njEXxVK1I&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/N4njEXxVK1I&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
Era a primeira vez que se tentaba o artellamento dunha escena rock propiamente galega. Tanto era así que os grupos propuxéronse tocar baixo unha denominación de orixe. Baseada na defensa do galego para facer rock e na reivindicación dunha poboación eminentemente rural, esta etiqueta ollaba cara ao noso interior na vez das posibilidades foráneas que puideran chegar. Mais ese peso da aldea nas letras puido ser a causa de que moita mocidade non se vira representada nesas mensaxes enxebres. Sobre todo se pensamos que incluso a mocidade que vive no rural bebe da cultura urbana. Tamén a falta dun concepto homoxéneo á hora de definir o Rock Bravú foi minando a instauración da proposta, así como un déficit na aposta discográfica.
Xusto co novo milenio chegou a Asociación de Músicos en Lingua Galega (Amelga). Formándoo “grupos e solistas de calquera estilo que teñan un claro compromiso coa língua e a cultura galega ou cuxo obxectivo sexa a recolla da tradición musical galega e a sua difusión” (segundo as propias verbas de X.A. Bocixa, cantante dos devanditos Zënzar e un dos piares da asociación no seu momento). Entre as súas finalidades estaba “a promoción dos membros asociados, mediante a creación dunha rede de concertos, propostas de actividades musicais a institucións públicas, promovendo a gravación de discos, publicitando as obras editadas e poñendo en atención disto aos medios de comunicación. Tamén se ofertará asesoramento legal aos grupos e artistas asociados no desenvolvemento da súa actividade artística” (declaración de intencións que publicaron no seu día na páxina web). O caso é que a falta de implicación pola banda dos grupos na organización e artellamento da asociación, levaron ao traste as espectativas de lonxevidade en Amelga. O par de persoas que se facían cargo deste traballo víronse desbordados e, pouco a pouco, as bandas fóronse disgregando e a asociación desaparecendo.
No 2006 chegaría Komunikando, aínda en activo pero cun corpus máis complicado de definir cá os anteriores. Esta asociación non rexistrada, e xa na época postfraguista, conforma unha nova tentativa de reunir a todos os grupos musicais preocupados por unha identidade galega nas súas cancións. Esta iniciativa colleu forma co disco compilatorio de grupos “A Per Loca” e a súa web www.komunikando.net (adicada enteiramente á información musical galega). Entre os seus logros está a creación dunha axenda estábel de concertos en Internet, festivais de irmandade entre galegos residentes e emigrados a Catalunya, o xa nomeado disco e a creación do primeiro programa televisivo por Internet de Galiza. Unha revolución na información en soporte dixital que, sen televisión, tamén aporta a web www.aregueifa.net e a súa revista Sono-tone (comandados por Noel Feáns).
Se cadra, foi esta desconexión un dos factores que incidiron na formación da “Rede de Música Galega ao Vivo” (a ver canto dura na nova Era Feijoo). A última iniciativa subvencionada pola Xunta, vía Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem), nada dunha asociación de clubs galegos que programan música en directo (Clubtura). A “Rede de Música Galega ao Vivo” é a primeira iniciativa desta natureza para tentar paliar unha demanda xa coñecida dende os xa comentados “Rockinvierno 87” e a asociación Amelga. Supón unha tentativa de conformar un circuíto invernal de salas de concertos para os grupos galegos. Chama a atención que no prantexamento da Rede non estivera representada a parte dos músicos, posibelmente pola devandita desconexión: Clubtura levou a súa proposta ata o Igaem e a institución subvencionou o 80% do proxecto, os grupos só dan os concertos e cobran o caché establecido, sen entrar na organización.
Dos desacordos entre os grupos e a organización da Rede da primeira e segunda edición, nace a última tentativa de conexión entre músicos para aportar unha voz dos máximos implicados nisto do panorama musical galego: Asociación Galega de Músicos Alternativos (AGMA). Mais a súa actividade é moi irregular e, sinceiramente, comezo a dubidar de que sega existindo..
Todo o comentado dá folgos para pensar que se abriu un camiño cara ao nacemento dun novo panorama musical autóctono, ou polo menos dunha mentalización na procura do mesmo. Un cambio na mentalidade dos diferentes sectores implicados e unha explosión de grupos con identidade propia, semellan ser os piares para unha infraestrutura en proceso de creación. Pero o futuro antóllase aínda duro para a normalización do rock cantado en galego. A falta dunha conexión entre os propios grupos e o escaso público receptivo dunha música máis achegada á nosa realidade, complican un cambio que non acaba de xermolar. Pero o camiño atópase aínda nos seus primeiros pasos e hai toda unha quilometraxe por diante que devorar.
Relación de videoclips finalistas no concurso do Festival de Cans.
MANOS DE TOPO (Vigo /BCN)
Tema: El cartero
MEU (A Coruña)
Tema: Make it worst
PACÍFICO (Vigo)
Tema: Las horas
RUXE-RUXE (Compostela)
Tema: Xigantes
TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO (Barbanza)
Tema: Himno de la bala
COMBO DINAMO (A Coruña)
Tema: Más de lo mismo
BALDOSA AMARILLA (O Porriño)
Tema: Laberinto
CATPEOPLE (Vigo/BCN)
Tema: Behind
SILVIA PENIDE (Arteixo)
Tema: Reventaba
THE HOMENS (Compostela)
Tema: Calamar
ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS (Vigo)
Tema: España a las 8
APENINO (Compostela)
Tema: Días de Septiembre
FRANC3S (Carballo)
Tema: Como un caracol entre lobos
LAMATUMBÁ (Ourense)
Tema: Camiños
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/RSSK96Qfv9w&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/RSSK96Qfv9w&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/PWWseS-5Wv4&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/PWWseS-5Wv4&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/K3M8L1LnMNc&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/K3M8L1LnMNc&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
<object width='425' height='350'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/5n-C8CyCp00&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' /><param name='allowfullscreen' value='true' /><param name='wmode' value='transparent' /><embed src='http://www.youtube.com/v/5n-C8CyCp00&rel=1&fs=1&showsearch=0&hd=0' type='application/x-shockwave-flash' allowfullscreen='true' width='425' height='350' wmode='transparent'></embed></object>
…creo que están bien claros mis favoritos,no?