Os nacionalistas rexistrarán varias iniciativas para coñecer os resultados das análises que determinarán as causas do suceso, que apuntan a unha avería na depuradora de Ponte Caldelas .
O deputado do BNG, Bieito Lobeira, pedirá no Parlamento galego que se depuren responsabilidades polo vertido no río Verdugo, que tamén afecta á ría de Vigo, e pola “ocultación” de información por parte das consellerías de Medio Ambiente e Mar.  Así, o BNG rexistrará varias iniciativas para coñecer os resultados das análises que determinarán as causas do suceso. Os nacionalistas apuntaron a unha avería na depuradora de Ponte Caldelas.  Insistiron en que hai que subsanar “canto antes” o vertido por afectar ao equilibrio medioambiental do río e da ría, ao marisqueo a pé e á pesca de baixura, así como ao turismo, xa que está prohibido o baño nas praias de Pontesampaio e Soutomaior.  Neste sentido, Lobeira insistiu en que se cuantifiquen as perdas e indemnícese aos afectados.
A Xunta fala de recuperación
Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galiza en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, confirmou esta mañá a recuperación do río Verdugo tralo vertido químico sufrido o pasado sabado debido á rotura dunha peza no mecanismo de depuración da EDAR de Ponte Caldelas (Pontevedra).  “A día de hoxe, a falta dalgún resultado, as analíticas dan ben”, indicou Cores Tourís, quen asegurou que “o produto vertido non é altamente contaminante xa que está presente en tódalas depuradoras, incluídas as de auga potable”, malia que produciu a morte de ao redor de 150 quilos de peixes, principalmente troitas e anguías, que serán repoboadas polo goberno autonómico.  As analíticas realizadas no río Verdugo polos técnicos de Augas de Galicia indican, insistiu o delegado, “que a situación do río é boa e que a vida recupérase con normalidade no mesmo. Ata a propia confraría de Arcade confirmou que a zona da desembocadura está xa en perfectas condicións”, e até ao longo desta mañá a administración autonómica levantou a precaución de bañarse no río e na praia fluvial de Ponte Sampaio.
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=15839&id_cat=5